try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

títeres

Os nosos títeres

Hoxe representamos na horta as obras de títeres que inventamos en grupo usando os personaxes que creamos no obradoiro de monicreques con Electra. Tres obras moi diferentes, pero moi divertidas as tres. Bravo, titiriteiros e titiriteiras!

2º sesión do obradoiro de títeres

Segunda sesión do obradoiro de títeres con Electra: case, case rematamos as cabezas dos nosos monecos. Están quedando xenial, hai personaxes ben xeitosos!

Da Barraca á aula: obradoiro de títeres

A asociación Barriga Verde: Morreu o demo está a desenvolver un proxecto chamado Da Barraca á aula, co que pretenden achegar os títeres aos centros de ensino. No Brea xa levamos participando no porxecto varios cursos e este ano, quinto e sexto imos participar nun obradoiro de construción de títeres con cartón pedra. Comezamos venres e xa se empezan a ver cabezas de personaxes que seguro que terán boas historias que contar.

                                                                                           

Distribuir contido