Skip to Content

Novas

Reto Educación Física

Benvid@ a este BreakOut Educativo que forma parte das actividades propostas polo equipo docente do proxecto O CaMiÑo De piEFcitos: unidos por unha Educación Física saudable e sostible, dentro da celebración do Día da Educación Física na Casa, que este ano pola situación da emerxencia sanitaria, o Consello COLEF cambiou a "C" de Calle (rúa) pola "C" de Casa. 

PiEFcitos escondeuse pola situación da emerxencia sanitaria, debedes superar os diferentes retos e atopar as letras que terás que ordenar para formar unha palabra que chamará a súa atención para que saia do seu escondedoiro para sentirse seguro e a salvo.

 

CUALIFICACIÓNS 2º TRIMESTRE

Estimadas familias:

Podedes consultar as cualificacións do 2º trimestre na APP ABALARMÓBIL.

ADXUNTAMOS O MANUAL PARA AS FAMILIAS.

AVISO ÁS FAMILIAS REFERENTE A 2ª AVALIACIÓN

 CEIP Paradai

Segundo as instruccións  da Consellería de Educación, nos vindeiros días levarase a cabo a avaliación do 2º trimestre.  Efectuarase coa información dispoñible a día 12 de marzo (data da interrupción das clases presenciais).

Estas cualificacións danse nunhas circunstancias excepcionais que fai que nalgunhas materias non se teña completado o proceso avaliativo, polo que deberá recurrirse a outro tipo de criterios como traballos entregados, aproveitamento en clase...  establecidos polos titores/as.

Lembrámoslles que a Avaliación é Continua, cumprindo as avaliacións intermedias unha función informativa para as familias.

Así mesmo, indicámoslles que teñen a súa disposición o servizo de Abalar Móbil para recibir notificacións no seu dispositivo electrónico, as cualificacións e outra información académica relativa ao alumnado.

É un bo momento para que instaledes dita app aquelas familias que ainda non a tedes (app store/google play).

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

NOVAS NO PROCESO DE ADMISIÓN

Estimadas familias:

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

AVISO

Estimadas familias:

 

Queremos informarlles das medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

 

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

                                                                           A directora

                                                                              Marta Castro Girona

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2020/2021

Ábrese a 2ª FASE da SOLICITUDE DE ADMISIÓN (para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 17 de febreiro)

A solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-23 de marzo. A través da sede electrónica da Xunta de Galicia este prazo será só do 1-20 de marzo.

Saímos na TVG - Día da Muller e a Nena na Ciencia -

   

 

Pulse na imaxe para ler a noticia:

 

Noticia de Lugo: Día da Muller e a Nena na Ciencia CEIP Paradai

No seguinte vídeo pódese ver un resumo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, desde o punto de vista das Tic ( Servizo de Audiovisuais da Deputación e Lugo)

 

video Tic

 

 

 

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

Abrese a primeira fase de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I ( modelo ED550A) no centro de orixe (exclusivo para o alumnado dos centros adscritos): 1-17 de febreiro.

Complétase a información no documento adxunto.

 

 

 

 

Entroido

Estimadas familias:

Solicitamos a vosa colaboración para facer unha exposición e CARAUTAS E ANTEFACES na entrada do Centro. Terán que ser elaborados a partires de material de refugallo (rolo de papel cociña, cuncas de ovos, botes, botellas, rolo de papel hixiénico, pratos plástico,...)

    Entregarase á/ó titor ou titora do 13 de febreiro ata o 20 de febreiro.

                                                        Grazas pola vosa colaboración

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CHARLA DO IES MURALLA ROMANA

Estimadas familias:

Estamos encantados de informarlles da Charla Orientativa que se vai desenvolver no noso centro para as familias o Luns 3 de febreiro ás 16:30 horas, por parte do IES Muralla Romana de Lugo, cuxo motivo é aportar información do paso do alumnado de 6º de EP á Educación Secundaria Obrigatoria, a cumprimentación da matrícula e despexar dúbidas que poidan surxir neste senso.

( A Charla para o alumnado será o mesmo día as 12:00 h)                                                        

 

                                                      Orientadora do C.E.I.P. Paradai

 

 

Ensaios do Nadal

O resultado final da actuación musical no festival de Nadal acadouse con ensaios, esforzo e a colaboración de todo o alumnado. Grazas chic@s.

Bo Nadal

Dende toda a Comunidade Educativa do CEIP PARADAI desexámosvos, Boas Festas

e Feliz Aninovo!!!


Distribuir contido


by Dr. Radut