Skip to Content

Novas

Como instalar abalar mobil

Como instalar e rexistrarse no abalar móvil:

 

 

Funcionalidades do abalar móvil:

 

 

Se ten algún problema na instalación chamar ó teléfono:

espazoAbalar

UAC 881 99 77 01

 

Instruccións abalar móvil

Como instalar e rexistrarse no abalar móvil:

 

 

Funcionalidades do abalar móvil:

 

Comezo de Curso : 5º Infatil e 1º ,2º e 3º de Primaria

10/09/2020 12:00

Poden consultar o horario de entrada para cada curso na páxina web.

DATAS DE COMEZO DO CURSO 2020-21

Estimadas familias:

Este ano, debido á situación en que nos atopamos e seguindo as indicacións da Consellería de Educación , o comezo de curso para Educación Infantil e Primaria realizarase en varias quendas e en días diferentes:

 

 

Rogamos puntualidade para evitar aglomeracións.

A directora

Marta Castro

 

Listaxe de libros para o curso 2020/2021

Estimadas familias,

A continuación achegamos as listas de libros de texto para o curso 2020-2021 en Educación Infantil e Primaria (1º, 2º 3º, 4º, 5º e 6º).

IMPORTANTE 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL: Para o alumnado que xa estivo matriculado 4º e 5º en Educación Infantil no Centro, NON TEN que comprar o 1º trimestre de " Edelvives por proxectos Velo?".

Aberto prazo de formalización de Matrícula en Educación Infantil e Primaria 2020-2021

Informamos que o día 1 de xullo do 2020 ata o 10 de xullo, ábrese o prazo de formalización de matrícula para as ensinanzas en Educación Infantil e Primaria para o curso escolar 2019-2020.

PROCESO DE INSCRICIÓN DO COMEDOR ESCOLAR, Curso 2020/2021

Ábrese o prazo para as inscricións do servizo municipal de comedores escolares.

Adxúntase folla informativa, así como as fichas, tanto para inscrición (para usuarios novos, ou antigos que necesiten modificar datos), como para a renovación (usuarios que xa se rexistraron no servizo e gardan os mesmos datos persoais (nome, enderezo, teléfonos, correo electrónico, IBAN, etc.)

O prazo para presentar as solicitudes é entre o 15 de xuño e o 31 de xullo.

ADMISIÓN DE ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 2020/2021

Xa está no taboleiro do Centro a publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2020/2021. 

Estas listaxes pódense consultar no centro ou telemáticamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital. 

O prazo de reclamacións dás listaxes estará aberto desde o 9 ata o 16 de xuño ás 13:00 na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00. As reclamacións resolveranse coa publicación das listaxes definitivas. 

As listaxes definitivas publicaranse o 18 de xuño ás 14:00 h. A súa publicación comunicarase a través da web do centro. 

O prazo de matrícula será do 1 ó 10 de xullo.

PROTOCOLO NA ENTREGA DE MATERIAL

PROTOCOLO NA ENTREGA MATERIAL 

 

 

Chamarase pola orde da cita que deu o titor ou titora.

Solicitamos puntualidade.

No centro entrará unha persoa por familia.

A entrada realizarase pola porta principal e a saída pola porta que da ao patio.

A orde de entradas das familias será como o dos cursos:1º,2º e 3º pola esquerda 2º,4º e 6º pola dereita.

Acudir con mascarillas, seguindo o protocolo COVID.

Á entrada do Centro haberá un dispensador para desinfectar as mans e que débese utilizar.

 

 

 

 

PROTOCOLO NA ENTREGA SOLICITUDES LIBROS

 

Solicitaranse citas nos teléfonos:

 

982870429 - 982870430

 

Terán prioridade as persoas que solicitan cita. E os cursos que lles corresponde pola data:

 

 

As solicitudes telemáticas pódense facer durante todo o prazo de presentación.

 

Sen máis, un cordial saúdo e moitas grazas pola súa colaboración.

 

 

 

Marta Castro Girona

 

        Directora do CEIP Paradai

Lugo, 28 de maio de 2020

Axudas material adquisición de libros de texto e fondo libros. Aberto o prazo ata o 19/06

Achegamos información sobre e procedemento, un exemplo para poder cubrir a solicitude correctamente a axuda e formulario de axuda. 

Rogamos lean atentamente esta información. Calquera dúbida envien correo electrónico a ceip.paradai@edu.xunta.es ou no número 982870429. 

(Ver archivos adxuntos).

 

HORARIO DE ATENCIÓN:

De luns a venres de 10:00 h a 13:00 h. Para poder entregar as solicitudes no Centro, tense que pedir cita previa ao número 982.870.429.

Para organizar a entrega das solicitudes presenciais establécese o seguinte calendario:

Debido a situación de alerta sanitaria polo Covid-19  será obrigatorio o uso de mascarillas así como gardar a distancia de seguridade no acceso ao centro para evitar aglomeracións.

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN

Estimadas familias:

Informámosvos sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacherelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión:

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos ,polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma,de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

 

Para poder entregar as solicitudes no centro, tense que pedir cita previa ao número 982.870.429.

 


Adxuntamos o documento que ten que vir cuberto.

 

Podedes encontrar mais información no seguinte enlace.

https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/novas/novos-acordos-do-centro-de-coordinacion-operativa-da-situacion-de-emerxencia-sanitaria-no

Recomendacións para a saída do confinamento

Neste pequeno conto, explica ós máis pequenos como levar a saída do confinamento.

 

Unha sorpresa moi especial polo DÍA DO LIBRO

Hoxe é o DÍA DO LIBRO, e unha profe e unha mamá do cole prepararon unha sorpresa moi especial para todos nós. Estades preparados?

Primeiro, temos un conto xenial que xa algúns coñecedes: O coelliño branco

 

E agora, unha das aventuras do Gatiño Perico!

Esperamos que disfrutedes destes contacontos tan especiais!

Distribuir contido


by Dr. Radut