Skip to Content

Novas

ESCOLA DE PAIS E NAIS: Unha alimentación equilibrada para unha vida máis saudable

Estimadas familias:

Informámoslles que o vindeiro mércores 9 de maio ás 17 horas, tendremos unha nova charla, co tema: Unha alimentación equilibrada para unha vida máis saudable.

Charla a cargo de Dra. Rosa Argüeso Armesto (ENDOCRINOLOXÍA).

A charla será na sala de usos multiples, na primeira planta do centro, o día 28 de Maio ás 17:00 h.

Agardamos a vosa asistencia.

 

Información as familias: probas de avaliación individualizada 3º

Estimadas familias:

Os días 23 e 24 de maio, segundo Resolución da Direccion Xeral de Educación, o alumnado de 3º de Primaria que acuda ao centro realizarán as probas de avaliación individualizada, nas cales se comprobará o grado de dominio das destrezas e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas (competencia en comunicación lingüística e competencia matemática)

As familias tamén terán que cubrir un cuestionario en formato dixital ou poderán solicitalo en papel.

ESCOLA DE PAIS E NAIS

28/05/2018 17:00

Unha alimentación equilibrada para unha vida máis saudable.

ESCOLA DE PAIS E NAIS: Como falar aos nosos fillos para que nos escoiten e como escoitalos para que nos falen.

Estimadas familias:

Informámoslles que o vindeiro mércores 9 de maio ás 17 horas, tendremos unha nova charla, co tema: Como falar aos nosos fillos para que nos escoiten e como escoitalos para que nos falen.

Charla a cargo de D. Carlos Vila (Doctor en Psicología, Profesor Asociado en Universidad de Santiago de Compostela)

A charla será na sala de usos multiples, na primeira planta do centro.

Agardamos a vosa asistencia.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

01/03/2018 19:00

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Informámoslles que o vindeiro xoves 1 de MARZO ás 19:00 horas teremos unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS, na que se terá a oportunidade de visitar o noso centro e as diferentes instalacións. Tamén teremos a oportunidade de coñecer os diferentes aspectos educativos.

CONSUMO DE FROITA NA HORA DO RECREO

Estimadas familias:

Informámoslles que o noso centro está inscrito na Campaña de consumo de froita na edade infantil, entre os días 15 e o 28 de febreiro repartirase a todo o alumnado unha froita (unha diferente cada día) para tomar no tempo de lecer. Pedímoslles que o teñan en conta ao enviarlles a comida da media mañá.

ADMISIÓN DE ALUMNADO E RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2018-2019

01/02/2018 09:00
15/02/2018 14:00

 

O 1 de febreiro iniciase o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/2019.

 

  • Reserva de Praza para o centro de adscrición (alumnado de 6º EP que reserva praza para o IES Muralla Romana) do 1 ao 15 de febreiro. Presentarase no centro de orixe o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación (Anexo I)  A reserva de praza poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  

 

  • Solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II). A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . 

 

  • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño. Cubrirase o formulario Anexo III que se pode descargar da páxina web da consellería de educación ou solicitar na secretaría do centro.

 

froitas

Na semana do 5 ao 10 repartirase froita no recreo

LUNS 11 DE SETEMBRO

11/09/2017 09:00

O día da presentación, luns 11 de setembro, farase entrega dos libros de texto e vales para o material na sala multiusos do centro.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

23/08/2017 00:00
11/09/2017 23:59

Axudas para o material escolar

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 23 DE AGOSTO ao 11 DE SETEMBRO DE 2017 (ámbolos dous inclusive).

Distribuir contido


by Dr. Radut