Que haxa unha pandemia non significa que non podamos facer actividades culturais que nos trasladen a outros lugares sen saír das nosas aulas.
O outra día o alumnado de 3º e 4º trasladáronse de xeito virtual a Vigo para poder participar na actividade “Concerto singular” organizado por @afundacion_org , e temos que dicir que disfrutamos moito da actividade e tamén de charlar un pouco cos artistas que nos adicaron un tempo para poder responder a todas as nosas dúbidas.