Skip to Content

Axudas 2023/2024

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B).

• A quen vai dirixida?

- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. (O alumnado que curse 5º e 6º de educación primaria no curso 2023/24 estará inmerso no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto)

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

• Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

Dende o 22 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.

• Onde se presentan as solicitudes?

Granxa da Cernada

O alumnado de educación infantil visitou a Granxa da Cernada. Alí, puideron ver as súas instalacións, observar os seus animais, coñecer un pouco máis o traballo que realizan e degustar algún dos seus produtos.  Pasárono xenial!

Grazas á ANPA por organizar esta actividade. 


Preme aquí para ver máis imaxes. 

Regueifas

O alumnado de 3° a 6 ° tivo un obradoiro de regueifas con Lupe blanco, no que puxo en valor a arte da improvisación oral.

Que gran descubrimento!!

 

 

Vilar de Donas

Hoxe, foi un día estupendo en Vilar de Donas!!! Fixemos un maio entre todos e todas, cantamos, tocamos, bailamos, recitamos, xogamos moito...

Acompañáronnos as amigas e amigos do grupo "Fonte de Merlán"... moitas grazas!!!!

Para rematar comemos todas e todos xuntos!

Dende AQUÍ podedes ver algunha foto da xornada. 

Letras galegas 2023

 Velaquí, varios espazos do cole e da biblio onde coñecer, un pouco máis, ao homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego.

 

 

 



 


 Queredes saber máis? Premendo nas seguintes imaxes descubriredes máis curiosidades sobre este autor.

 

 

 

Remataremos a conmemoración do Día das Letras Galegas cunha convivencia en Vilar de Donas para festexar Os Maios... xa temos todo preparado! Graciñas ás familias pola súa colaboración!

 

 

Admisión alumnado

 

Comunicámoslles que TODAS  as solicitudes presentadas en prazo para o proceso de admisión de novo alumnado para curso 2023/24 figuran en estado ADMITIDAS.

O prazo de formalización de matrícula estará aberto do 20 ao 30 de xuño.

 

Maio

O vindeiro xoves día 18 de maio, realizaremos unha convivencia en Vilar de Donas para festexar os maios.

Aquí tedes algunhas fotos que vos poden servir de exemplo para traer as flores que vos pedimos.

Gracias pola vosa colaboración.

Teatro

As nenas e os nenos de 1º de educación primaria representaron, para o alumnado de educación infantil, unha obra de teatro baseada no conto  "A casa da mosca chosca". Fixérono xenial!!

Encantounos! Grazas a moreas!! 

 

Saída Cantabria

Velaquí algunhas imaxes do ben que o pasaron as nenas e os nenos de 3º e 4º na súa viaxe por Cantabria. 

Viaxe Cantabria

O alumnado de 3º e 4º de primaria pasará dous días de viaxe por Cantabria. Hoxe, visitaron o Acuario de Xixón e realizaron un roteiro... están pasándoo xenial! 

Distribuir contido


by Dr. Radut