Skip to Content

Ópera

O alumnado de 4º traballaron nas clases de música a ópera e fixeron esta breve escena da peza operística Carmen, de Bizet.

A xanela do maxín

Navega con rumbo

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria asistiu a unha charla enmarcada dentro do programa "Navega con rumbo", co obxectivo de concienciar sobre o uso responsable de internet e redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura. 

Visita na biblio

Hoxe, tamén tivemos una visita moi especial... as alumnas e os alumnos do cole de Monterroso que pertencen ao clube de lectura viñeron coñecer a nosa biblio e os polos creativos!!!

Agardamos que vos gustase moito!

 

 

Saída Pontenova

As nenas e os nenos de 2º e 5º viaxan ata A Pontenova. 

Visitaron unha mina, fixeron unha ruta e subiron en tirolina!

Foi un día estupendo!

Mirade máis imaxes do día premendo aquí. 

Sotavento

Estes días, tivemos unha nova actividade vencellada co PDI deste curso “A nosa pegada”

Visítannos dende Sotavento para darnos a coñecer alternativas non contaminantes para producir enerxía… foi fantástico experimentar con auga, co vento e co sol para conseguir encender a nosa propia luz. E para rematar, tomamos leite ben quentiño empegrando un forno solar. 

Encantounos! 

Podedes ver máis imaxes dende aquí! 

 

“Chega alguén novo”

As nenas e os nenos de 3º de educación primaria representaron a obra "Chega alguén novo", para todo o alumnado do cole de Toques. Grazas por recibirnos tan ben! 

A casa da mosca chosca

As familias de 1° de EP hoxe puideron disfrutar da actuación de teatro dos seus fillos e fillas na biblioteca do cole. Cun público así, o éxito está asegurado. Grazas!

A música de raíz na escola

 Dende as montañas do Courel, visitáronnos hoxe varios membros da Fundación Legar, co seu espectáculo "A música de raíz na escola" financiado pola Deputación de Lugo.

O alumnado de infantil cantou, bailou, escoitarou e aprendeu que a nosa música ten a súa orixe nos sons da natureza... encantoulles!

 

Teatro

O "Obradoiro Municipal de teatro de Palas de Rei" representou para todo o alumnado a obra "A maleta dos contos viaxeiros".

Graciñas por achegarnos o teatro á escola!

Distribuir contido


by Dr. Radut