Skip to Content

Complementarias

Festa fin de curso

Un ano máis, rematamos o curso con festaza e inchables, actividade organizada conxuntamente polo centro e a ANPA e financiada polo Concello.

Moitas grazas por contribuír a que todo o alumnado teña un último día de cole, antes das vacacións, tan divertido!

Podes ver máis imaxes  premendo aquí.

 

Illas Ons

O alumnado de 4º de educación primaria viviu unha xornada, xunto con algunhas das súas familias, nas Illas Ons para despedir o curso! 



Mirade que ben o pasaron premendo aquí

Mural Enki

A asociación Enki visitou hoxe a nosa escola para elaborar o alfabeto en lingua de signos e realizar dinámicas co alumnado co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da inclusión.

Moitas grazas a Anpa por ofrecernos esta posibilidade e ás familias que colaborastes nesta xornada.

Podedes ver máis imaxes dende aquí.

Praia

No terceiro trimestre traballos a auga como elemento natural, dentro do PDI "Capitán Planteta".

Que mellor xeito de coñecer este elemento que viaxando ata a praia do Pedrido para pasar unha xornada divertidísima cargada de ilusión e risas.

Con actividades programadas por "Onda do Pedrido" como: xogos na area, caiac, ioga...

https://ondadopedrido.com/

Un deses días para non esquecer!

Dende aquí podedes ver máis imaxes

Saída bosque

Neste trimestre, contamos novamente coa visita de Agustín (técnico en medio ambiente), que nos ensinou a diversidade de flora que está presente na nosa contorna. Observamos cores, formas e descubrimos algúns dos usos das plantas e flores que están no bosque preto do cole.

Durante a andaina, o alumnado de 1º e 2º de primaria fixo unha recollida de lixo da que quedou constancia no mural do corredor principal do centro.

No obradoiro, participa todo o alumnado do centro organizado en cinco grupos distintos e está enmarcado dentro do PDI "Capitán Planeta"

Gracias, Agustín, por volver a achegarnos un pouco máis á maxia dos nosos bosques e ensinarnos a coidalos!

 

Mirade as fotos da xornada dende aquí.

 

Convivencia Albá



Este curso, cantámoslle ao maio en Albá.

Unha xornada de convivencia, compartida co alumnado de 6º do Ceip de Monterroso, que estivo cargada de xogos, cante e baile.

Gracias á Asociación de Veciños de Albá, ao Concello, ás familias e aos músicos pola súa colaboración para que todo saise xenial! 

Dende aquí podedes ver algunha imaxe! 

Maio

O vindeiro xoves día 23 de maio, realizaremos unha convivencia en Albá para festexar os maios.

Aquí tedes algunhas fotos que vos poden servir de exemplo para traer as flores que vos pedimos.

Gracias pola vosa colaboración.
 

 

 

 

Teatro no IES

O alumnado do IES do Camiño, recibiu na súa biblioteca aos nenos e ás nenas de 5º de educación primaria, para presentar unha obra de teatro representada polo alumnado de 3° da ESO da materia optativa de oratoria.

Gracias por invitarnos! 

A túa pegada marca

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria reflexiona sobre o acoso, na charla "A túa pegada marca", impartida por Rocío García. 

Teatro!

Un ano máis, contamos coa compañía "face2face" para adentrarnos un pouquiño máis na cultura inglesa, desta vez en forma de teatro. Bailamos, cantamos e rimos moitísimo. Esta actividade foi subvencionada polo centro no marco do plurilingüismo.

Distribuir contido


by Dr. Radut