Neste mes de emerxencias, rematamos cunha visita de diferentes unidades dos Corpos de Seguridade.
Policía, Garda Civil e Protección Civil mostráronlles ao alumnado como interveñen en caso de emerxencia, así como os recursos que empregan na realización do seu traballo.
Graciñas á ANPA pola súa colaboración na organización desta actividade.
No día de onte, foi a Cruz Vermella a que nos visitou para explicarnos en que consiste o seu traballo, como é unha ambulancia por dentro, o proceso de RCP...
O alumnado de 5º e 6º de educación primaria visitan a Cooperativa Milhulloa. Onde coñeceron o proceso de elaboración da cosmética ecolóxica, natural e sostible.