Skip to Content

Complementarias

Pazo de Vilane

As nenas e os nenos de 1º e 2º de educación primaria pasárono xenial e aprenderon un montón no Pazo Vilane.

Grazas á ANPA por organizar esta actividade, enmarcada dentro do proxecto "Da escola á granxa" e financiada pola Diputación.

Dende este enlace podedes ver máis fotografías do día.

 

Teatro

Imos ao teatro!

Campionato de peón

Chegou o día do Campionato de peóns!

Sen dúbida, practicaron un montón para lanzar os peóns! Parabéns!

Accede a máis fotografías dende aquí.

Magosto

Celebramos o magosto no cole!

Grazas á Asociación Palacio do Rei por acompañarnos coa súa música!

Podes ver máis imaxes dende aquí.

Chegou o Samaín!

Baile, disfraces, túnel para entrar no cole, xantar terrorífico... que ben o pasamos polo Samaín!

Graciñas ás familias de educación infantil por crear casas encantadas, gorros de bruxa e mouchos, e tamén un agradecemento enorme ás familias de primaria que aportaron cabazas para poder decorar no cole... axudástesnos moooooito a crear un ambiente xenial!!

Ollade! Máis imaxes dende aquí.

Billar

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria desprazouse a Adai (O Corgo) para participar na actividade "Iníciate ao billar", promovida por Xogade. 
Pasárono xenial! 
Podedes ver máis imaxes dende aquí. 

Mago Antón

Grazas ao Concello, hoxe sorprendémonos cos trucos de maxia do Mago Antón.

De cine

Hoxe, o alumnado de sexto coñeceu un pouco máis de preto o mundo do cine da man de Xabier Mailán, director de cine.

Gracias a Marta por facelo posible.

Sotavento

Estes días, tivemos unha nova actividade vencellada co PDI deste curso “A nosa pegada”

Visítannos dende Sotavento para darnos a coñecer alternativas non contaminantes para producir enerxía… foi fantástico experimentar con auga, co vento e co sol para conseguir encender a nosa propia luz. E para rematar, tomamos leite ben quentiño empegrando un forno solar. 

Encantounos! 

Podedes ver máis imaxes dende aquí! 

 

Teatro

O "Obradoiro Municipal de teatro de Palas de Rei" representou para todo o alumnado a obra "A maleta dos contos viaxeiros".

Graciñas por achegarnos o teatro á escola!

Distribuir contido


by Dr. Radut