Skip to Content

Complementarias

Etapa Medile -Arzúa

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria completan a segunda etapa do Camiño: Melide-Arzúa!

Ánimo camiñantes, xa queda menos!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

Etapa Palas - Melide

Durante este trimestre, o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria realizará o Camiño de Santiago, en días alternos, dende Palas de Rei ata Santiago.

Comezaron con moita enerxía a súa primeira etapa: Palas- Melide... primeiro tramo superado, adiante!

Preme aquí para ver máis imaxes

Historias disparatadas

Cantas historias e canto nos fixeron desfrutar!

Mil gracias a Metátase Teatro!

Preme aquí para ver máis imaxes

Vilar de Donas

O alumnado de 1º de educación primaria coñeceu polo miúdo un dos puntos polos que pasa o Camiño De Santiago: a Igrexa de Vilar de Donas! Son todo oídos! Canto aprenderon!

Anxo Moure

En bicicleta chegou ao cole Anxo Moure para engaiolarnos cos seus contiños a meniñas e meniños.

Graciñas!

PM Friol

Recibimos a visita das xogadoras e da adestradora do equipo feminino de fútbol de Friol.

Graciñas por respostar as nosas curiosidades, polos agasallos e, sobre todo, por transmitirnos valores como o respecto, a unión e a deportividade.

Preme aquí para ver máis imaxes.

Día da árbore

Apadriñamos árbores. Grazas á Asociación A Capela de Vilar de Donas por contar con nós para construír un entorno máis verde e cheo de vida. 

Contacontos

Recibimos unha visita moi especial! Nunha sesión de conta contos o alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria aprenderon moitas cousiñas sobre o Camiño De Santiago.

En camiño

Seguimos en camiño, hoxe foi o turno do alumnado de 5º de educación primaria.

Velaquí os tedes en Ferreira. 

Saint Patrick´s Day

O 17 de marzo celébrase en Irlanda la festa de Saint Patrick e... no cole de Palas, hoxe, sentímola grazas a Jacqueline.

Procedente deste país, contounos a súa historia, tradicións e ata nos preparou uns ricos biscoitos para a hora da merenda.

Mil grazas por vir!

 

Grazas tamén a nosa teacher Nuri por achegarnos outras culturas e conseguir sacar o noso lado máis creativo a través das “crafts”

 

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut