Skip to Content

Complementarias

En tempo de outono

Parabéns aos finalistas!

Teatro

Grazas á ANPA do cole, as nenas e os nenos de 3º a 6º de primaria desfrutaron dunha sesión de teatro sobre igualdade da man da compañía Migallas.

Charla

Hoxe comezaron as charlas da sexóloga Raquel Graña sobre sexoloxía, emocións... para o noso alumnado de 3º a 6º de Primaria. Esta actividade está organizada pola ANPA de noso cole. 

Somos iguais

Ao longo dos meses de febreiro e de marzo o espazo das lecturas temáticas céntrase en Rosalía e na igualdade entre homes e mulleres. O claro obxectivo é seguir inculcando valores que nos acheguen a unha sociedade na que tod@s teñamos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades. 

 

 

Ademais, nestes últimos días elaboramos xogos cos escornabots: nun deles descobren de xeito lúdico a vida e obra de Rosalía de Castro. Outro céntrase nos libros Pioneiras e Pioneiras 2 para incidir nalgunhas das mulleres Galegas que abriron camiño

Entra no blog da biblio para ver un vídeo sobre os traballos realizados.

Queima do Meco

Para rematar os festexos do Entroido no cole, queimamos o Meco que nos fixo pasalo en grande esta semana.

Agora, temos uns días de descanso. Recordade que voltamos o xoves 27 de febreiro!

Desfrutade do Entroido!!

Entroido con moito conto

Este entroido enchemos as rúas de Palas con personaxes dos nosos contos preferidos, podes velo aquí.

Despois da andaina ata a Praza tomamos unha chocolatada cortesía do Concello de Palas de Rei, moitas grazas!

Que ben o pasamos! Viva o entroido!

Preme na imaxe para ver fotografías de todos os grupos

 

 

Charlas

Charla para o alumnado de quinto e sexto de primaria dentro do Plan Director centrada no acoso escolar.

Mandatos do meco

 

Chega o entroido!!!

A paz comeza cun sorriso...

...esta mensaxe foi a que nos deixou Daia na entrada do cole para achegarnos un pouco máis ao significado de PAZ!!
Hoxe, festexámolo día como máis nos gusta: en grupo! Bailando, compartindo, escoitando, xogando, respectando e SORRINDO!

Preme na imaxe para vernos!

 

 

Tic-tac

Ata o vindeiro ano!

Feliz 2020!

Distribuir contido


by Dr. Radut