Skip to Content

Complementarias

Un día de cine

O alumnado de infnatil, 3º e 4º de primaria visita a cidade de Lugo para asistir a unha sesión de cine. Que ben o pasaron!

25N

Durante o día de hoxe, xuntámonos na biblio para visionar #asbravasdepalas e o vídeo realizado por diferentes centros escolares, principalmente da provincia de Lugo, onde se reivindica a erradicación da violencia de xénero, no que nós tamén participamos #equaliter2019

Pola tarde, contamos coa presenza de Alfonso no escenario que, estando moi ben acompañado, fíxonos desfrutar coas súas historias. Graciñas!!!

Trick or treat?

Non, non...non estamos en Irlanda, nin en Inglaterra. É o noso cole, estamos en Palas. Pero gracias a teacher Meri "viaxamos no espazo" e coñecimos máis polo miúdo a tradición do Halloween. A través de diferentes xogos e actividades ampliamos coñecementos e vocabulario en inglés. Bueno...e tamén comemos algunha que outra chuche ;)

Preme aquí para ver máis imaxes

Thank you very much teacher Meri!!

 

 

Unha comida terrorífica

...o Samaín chegou ata a cociña do cole!!

Estas 3 bruxiñas sorprendéronnos cun menú de meeeedo. Parabéns polo voso traballo!!

 

 

Samaín 2019

Durante estes días o cole transformouse para festexar o Samaín...profundizamos sobre a emoción do medo, elaboramos portas terroríficas, personaxes de susto, e unha exposición de cabazas!!

Unha vez máis, graciñas a todas as familias por aportarnos estas cabazas tan xeniais!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

Un pouco de música

Grazas á ANPA do cole comezamos o curso con moi bo ritmo!

Achegáronnos a Banda xuvenil de Antas de Ulla que nos ofreceu un concerto didáctico FANTÁSTICO!!!

E a vós, que instrumento vos gusta máis?

Día da árbore e da auga

Dende o pasado venres temos unha nova árbore no cole:  o bidueiro Chispiñas!

Despois de facela plantación coa gran axuda do noso conserxe Benigno, fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado polo CIM de Palas de Rei con motivo do Día da Muller Traballadora! Parabéns Samuel e Lucía

Día da muller traballadora

Marchamos pola igualdade a unha única voz...

#sequerespodes #tidecides

 

Entroido!

Como o pasamos este entroido no cole?

Preme aquí para ver as imaxes Sorriso

Mandatos do Meco

Atención!! Comeza o entroido!!

Distribuir contido


by Dr. Radut