Skip to Content

Complementarias

Día da Paz 2017

Como cada 30 de xaneiro, conmemoramos no cole o Día da Paz. Preme na imaxe para ver algunha fotografía do día

Este ano, fixémolo escoitando recitar unha poesía ao alumnado de Educación Infantil, afinando ben o oído para desfrutar co violín das nosas compañeiras Carmen, Silvia e Paula e bailando xuntos "Humanamente" da cantautora Sés.

E como dí a canción...que pertinente, andar pola vida humamente...HOXE E SEMPRE! 

 

Campionato de peón e magosto 2016

Peóns, música, baile e castañas ben quentiñas son os ingredientes perfectos para festexar o MAGOSTO. Así o fixemos no cole o pasado venres, se queres ver algunha imaxe do momento preme aquí.

 

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O 22 de Xuño, celebramos no noso colexio a festa de fin de curso, onde todos os nenos e nenas, poideron gozar de numerosos xogos, bailes e dun espectáculo de maxia. Finalmente,entregamos un diploma a persoa gañadora do certame de contos.Se premedes na imaxe, poderedes acceder a galería fotográfica.

 

 

 

 

 

SEMANAS DAS LETRAS GALEGAS 2016

Para festexar este ano as Letras Galegas, fixemos distintos actos:

  •      Convivencia en Vilar de Donas , donde disfrutamos de xogos ó aire libre e dun xantar campestre. Os nenos de Educaicón Infantil, foron en autobús e os nenos de Educación Primaria ,fixeron un tramo a pé. Se queredes ver que ben o pasamos clicade na imaxe.

                                                                 

  •      Teatro: Os nenos e nenas que están en Alentía Teatro, represtaron distintas obras na Casa da Cultura e pasámolo xenial, estivo moi entretido. Podedes ver algunhas imaxes:                         

DÍA DO LIBRO 2016

O día 21 de abril celebramos na nosa escola o día do libro en memoria de Cervantes, Shakespeare e otros autores.

Esta data, foi escollida pola conferencia xeral da UNESCO para render homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e animar a descubrir o pracer da lectura.

Todos os nenos e nenas participaron nesta homenaxe, con cantigas, refraneiros e obras de teatro. Se queredes ver as imaxes premede no icono.

DÍA DA ÁRBORE 2016

O pasado 18 de marzo plantamos no xardín do colexio o castiñeiro "Petisú", con motivo da celebración do día da Árbore. Se premedes na imaxe poderedes aceder a galería fotográfica.

ENTROIDO 2016

O pasado 5 de febreiro, celebrouse no noso centro o Entroido. As nenas e nenos, ademais de difrazarse, participaron en diferentes xogos e actividades organizadas polo profesorado do centro. PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA FOTOGRÁFICA.

 

DÍA DA PAZ 2016

O pasado 29 de xaneiro celebrouse no centro o día da Paz. A contacontos Eva narrou para o alumnado a historia de Elmer, o Elefante. Premede na imaxe para acceder á galería fotográfica.

FESTIVAL DE NADAL 2015

Como todos os anos, o último día do trimestre celebramos na Casa da Cultura o Festival de Nadal.

Premede na imaxe para acceder á galería fotográfica.  

 

 

NADAL 2015

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut