Skip to Content

Complementarias

Programa de educación afectivo sexual

Durante o mes de novembro o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria está asistindo a charlas sobre Educación afectivo sexual impartidas por Raquel Graña.

"Este programa céntrase na adquisición de coñecementos, estratexias e habilidades para promover unha educación sexual adecuada e sa, así como promover a igualdade de xénero tanto a alumnado como as familias que integran as asociacións"

Dende aquí podedes acceder a un documento cos obxectivos e actividades que se realizan en cada un dos cursos.

 Esta actividade está organizada pola ANPA A Ulloa.

Magosto e campionato de peóns

Pasámolo xenial nunha xornada na que non deixaron de xirar os peóns e merendamos ricas castañas asadas!

Ollade!

 

Campionato peóns

Achégase o día!

 

Quen dixo medo?

Neste Samaín o cole transformouse para vivir máis de preto o Samaín e o Halloween...

Preme na imaxe para non perder detalle.

Comeza o baile

Arranca o novo curso!

Vedes algunha cara coñecida?

Charanga Ardores

Estamos tendo uns días de fin de curso con moito ritmo!

Hoxe, fíxonos bailar e pasalo en grande a Charanga Acordes, da que forma parte o noso profe de música, Jose!

Non podemos estar máis agradecidos por este enorme agasallo. 

Contaxiáronnos a súa boa enerxía... graciñas a moreas!

Uxía Lambona e a Banda Molona

"Ei, rapaza! E vós que queredes?

Bailar coma tolos!"

Levabamos moitos días ensaiando e por fin chegou o día!!

Fartamos a bailar e cantar!

Graciñas ao Concello de Palas de Rei por cofinanciar este concertazo.

Non perdades as imaxes do momento premento aquí

Día do Medio Ambiente

Conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente como máis nos gusta: XOGANDO!

Grazas á colaboración das familias pasámolo en grande con estes fantásticos xoguetes realizados con material de refugallo.

Preme na imaxe para ver máis fotos.

Obradoiros

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria gozou de obradoiros de teatro e cine sobre igualdade da man de Coeduca.

Graciñas á ANPA por organizar esta actividade.

Venres de teatro

Somos moi afortunados! Un día máis Metátese Teatro agasallounos cos seus "contos, lendas e outras historias". Graciñas!

Distribuir contido


by Dr. Radut