Skip to Content

Complementarias

Equitación

Chegou o turno de 1º e 2º de educación primaria! 
Dende aquí verédelos pasándoo xenial na "Escuela de Equitación La Cruz", en Taboada. 

Día Internacional da muller

Conmemoramos o 8M na nosa biblio cun recitado de poemas escritos por mulleres. As voces do alumnado soan con forza, altas e claras para seguir defendendo a igualdade.

Posteriormente, tivo lugar un acto conxunto coas compañeiras e compañeiros do IES, así como con integrantes do CIM de Palas de Rei, no que se realizou a lectura dun manifesto.

Para preparar este día, a nosa mascota Daia, recolleu unhas cantas lecturas neste recanto, que nos serviron para traballar nas aulas.

 

Entroido

A chuvia impediunos facer o desfile polo pobo neste entroido, pero pasámolo en grande igualmente, nunha xornada amenizada por Gramola... moito baile, festa e diversión con moreas de "Capitáns e Capitanas Planeta" súper orixinais.


Grazas a todas as familias pola vosa colaboración cos disfraces!!!
VIVA O ENTROIDO!

Mirade máis imaxes premendo aquí. 

Mandados do meco

 

Corremos por ELA

Que día tan emotivo e bonito o de hoxe!!! 
Grazas a todas as familias pola colaboración e participación nesta carreira solidaria, a favor da Asociación Agaela.

E, por suposto, grazas a moreas a Rosa e a súa familia por acompañarnos!

Sen dúbida, un día da paz que non esqueceremos e tal e como di a canción...xuntos  conseguimos "cambiar o mundo nun plisplás" 

 

Dende aquí podedes acceder a máis imaxes! 

Visita ao cine

Pasamos unha mañá xenial no cine "As Termas"

Podes ver máis fotografías premendo aquí.

Árbore de madeira

Moitas grazas Gabriel, papá de Hugo, que nos ensinou en que consiste a súa profesión de carpinteiro.

Ademais, regalounos unha chea de xogos feitos por el e fixemos entre todos os cursos unha árbore de madeira!

Mirade dende aquí máis imaxes.

 

 

25N

Conmemoramos o 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Na biblioteca do cole, visionamos un vídeo creado polo alumnado de 5º de educación primaria para o III Certame Coreografíate.

Tamén nos mostraron reflexións e impresións sobre o 25N e tras a súa participación nesta actividade.

Posteriormente, xuntámonos no patio co cole co alumnado e profesorado do IES do Camiño para unir forzas ante a loita contra a violencia de xénero, a través da música, lectura dun manifesto e poemas.

Grazas ao alumnado do IES por agasallarnos con eses globos que tinguiron o patio de cor violeta. A nós fíxonos moita ilusión poder entregarlles as pulseiras que estivemos elaborando para este día e que levan por lema: 25N ALTO E CLARO

Podedes acceder a máis imaxes do día premendo AQUÍ

Preparamos o 25 N

O alumnado de 4º e 5º de educación primaria particiou nun obradoiro, ofertado polo CIM, de creación de contos.Contos libres de estereotipos e de calquera xeito de violencia.

Os debuxos que crearon expuxéronse no corredor do cole, acompañados dun lazo violeta, na súa realización colaborou todo o alumnado do centro.

 

Teatro

Alentía teatro fíxonos desfrutar coa representación "A luz das candeas". Pequenas historias para reflexionar, que invitan a ser fortes, valentes, especiais, a cumprir os soños e a coidar as amizades.

Distribuir contido


by Dr. Radut