Skip to Content

Biblio patio

 

 Chegou o bo tempo e con el… a biblio patio!!

Que ganas tiñamos de volver compartir contos no tempo lecer!!!

Adiviñas o conto?

Empregando material de refugallo cada aula creou personaxes, obxectos… anacos dos seus contos favoritos. Adiviñades cales son?


Contacontos Día do Libro

Conmemoramos o Día do Libro cunhas contadoras de historias mooooi especiais: AS FAMILIAS!!! 
Graciñas a todas as participantes! Encántanos escoitarvos! 

Dende aquí podedes ver máis imaxes. 

 

Contacontos

Carreira ENKI

Recreamos no cole a "Carreira Enki", unha carreira non competitiva, para promover a inclusión así como o respecto e a educación na diversidade.

Preme aquí para ver maís momentos da carreira

 

Xornada

Grazas á ANPA, o alumnado de 6º de educación primaria desprazouse ata as pistas de atletismo de Lugo, para coñecer o deporte adaptado e inclusivo local.

Nunha xornada de convivencia con outros centros, descubriron como practican deporte as persoas con diversidade funcional e puxérono en práctica. 
Dende aquí podes ver máis imaxes da xornada.
,

Cambio climático

O alumnado fai un resumo de todo o aprendido sobre o cambio climático!

Non o perdades!!!

Erasmus+

No marco do noso proxecto Erasmus+, esta semana teacher Nuria foi á escola algo máis lonxe do habitual... Fixo estos días un cambio a un cole de Düsseldorf (Alemania) no que está aprendendo un montón para volver cargada de aventuras que contarnos e moitas ideas para traballar!!

Listaxe provisional solicitudes de admisión

Provisionalmente, TODAS as solicitudes presentadas en prazo para o proceso de admisión do alumnado do curso 2023/2024 figuran en estado ADMITIDAS.

Listaxe definitiva: 15 de maio.

 

Reto actividade física

Distribuir contido


by Dr. Radut