Skip to Content

Saída panadería Irene

As nenas e os nenos de educación infantil pasaron unha mañá estupenda na panadería Irene, en Carteire. Alí, coñeceron o proceso de elaboración do pan e puxéronse mans á masa para facer boliños, galletas, magdalenas... riquísimo toooodo!

Graciñas a todo o persoal da panadería por recibirnos e tratarnos tan ben e á ANPA por organizar esta saída.

Podedes ver máis fotografías da xornada premendo aquí.

8M

O Día Internacional da Muller, concentrámonos no patio do cole, xunto co alumnado do IES do Camiño e representantes do CIM de Palas de Rei, para facer forza en prol de igualdade.

Neste día, os máis peques do cole desfrutaron dun contacontos da man das nosas compañeiras do servizo de madrugadores e ludoteca, que nos presentaron a "Lúa, a nena que nos quere ser princesa" Encantounos!

Tamén nos visitaron dúas axentes medioambientais para falarlle aos máis maiores do cole sobre o seu traballo e do papel da muller no mesmo.

Na biblio, Daia animounos a realizar unha decoración coa máquina de coser.

Asemade, lucimos unha capa conmemorativa deste día, elaborada cun debuxo feito por unha nena do noso cole.

 

#euson

A comunidade educativa ponlle voz ás ideas do alumnado, para conmemorar o Día da Muller.

#euson

Imos á feira

As nenas e os nenos de 1º de educación primaria foron á feira e aproveitaron para mercar unhas plantiñas para o invernadoiro do cole. Logo, visitaron as instalacións de Jim Sports.

Pasárono fenomenal!

 

Preme aquí para ver máis fotos da xornada.

Saída Santiago

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria realizarou unha saída a MeteoGalicia onde, ademais de recibir unha sesión formativa, contemplou o lanzamento do radiosondeo. Posteriormente, visitaron o Mupega no que realizaron un xogo de pistas. Unha mañá xenial!

Dende aquí podes ver máis imaxes.

Teatro

Hoxe, desfrutamos da gran oportunidade de ter un teatro en inglés pretiño da casa... Que ben o pasamos!

Charla

Charla sobre adición q videoxogos para alumnado de 5º e 6°, enmarcada dentro do Plan Director.

Admisión novo alumnado

Ábrese o prazo para a solicitude de admisión de alumnado, para calquera consulta non dubiden en chamar ao centro: 982 87 06 28 ou 982 87 06 27

Dende os enlaces poden acceder ao seguintes documentos:

-Información sobre o proceso de admisión e vacantes ofertadas polo centro.

-Documentación a aportar.

-Solicitude para descargar e cubrir de xeito manual: ED550B-G Anexo II (dispoñible no centro)

-Tamén poden cubrir a solicitude informáticamente ou na Sede Electrónica: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Día de Rosalía

O 23 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro.

As familias do Ceip Plurilingüe de Palas de Rei póñenlle voz a algúns dos seus poemas.

Escoitade moi atentos!

 

Migallas

Esta tarde, tivemos unha nova xornada de "lectura e familia" con Migallas, co espectáculo Pan de millo. 

Contáronnos un montón de historias e fixéronnos bailar con elas! 
Graciñas a todas as familias que vos achegastes a desfrutar con nós!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut