Entroido 2023! Fixemos un desfile enchendo Palas de cor e alegría, cantamos e bailamos na praza do Concello, tomamos chocolate con churros no cole e queimamos o Meco... que ben o pasamos e canto nos gusta o Entroido!
Conmemoramos o Día da Paz creando este mural tras a lectura e reflexión do conto "Wonder".
O protagonista síntese único... e nós tamén! Así o deixaron reflexado as nenas e os nenos do cole.
Con Wonder, aprendemos a sentirnos únicos e especiais, porque nós non podemos cambiar o noso aspecto. Mais igual, a xente si pode cambiar a súa maneira de ver as cousas.
Toda unha lección de vida e de respecto.
Neste Día da paz tamén xuntamos as nosas mans creando unha "aldea de paz" e bailando a ritmo de Pablo Díaz.
Hoxe, coñecemos arañas ás que non lles gusta tecer e lobos que nos fan rir cos seus "ventos", así o contou Ana Meilán. Esta escritora, visitounos grazas ao programa Lectura e Familias e, sen dúbida, animounos a ler para seguir coñecendo os personaxes dos seus libros.
Graciñas a todas as familias que participastes nesta actividade!!
Durante este trimestre, seguimos avanzando no PDI sobre desenvolvemento sostible "A NOSA PEGADA. Sobre isto, falounos Julia, nai dos nosos compis Emile e Paolo. Ela é climatóloga, explicounos en que consiste o seu traballo e fíxonos reflexionar sobre o cambio climático, as súas consecuencias e a influencia das nosas accións para as paisaxes.