Skip to Content

Día das bibliotecas escolares

Hoxe é o Día das Bibliotecas! E non se nos ocurriu mellor forma de celebralo que mesturalo con Samaín e Halloween, e gozar de contacontos durante toda a semana na  nosa biblio.

Grazas a Susana, Carmen e Lucía por contarnos historias chulísimas!

Dende aquí podedes ver máis imaxes!

 

Milhulloa

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria visitan a Cooperativa Milhulloa. Onde coñeceron o proceso de elaboración da cosmética ecolóxica, natural e sostible.

Graciñas á ANPA por organizar esta actividade!

Dende aquí podes ver máis imaxes

Distinción km 0

No día de hoxe, recibimos a distinción km 0 de man de Slow Food Compostela. Con este recoñecemento ponse en alza a importancia de consumir produtos de proximidade. Non podemos estar máis felicides!

Mil grazas a todos os partipantes neste acto, proveedores e persoal de cociña pola súa colaboración e implicación para que o comedor do cole poida seguir nutríndose de alimentos da zona e de calidade.

Comedor escolar Km 0

Club Baloncesto Breogán

Recibimos a visita dalgúns dos xogadores do Club Baloncesto Breogán e da súa mascota Máximus, que nos fixo pasar moi bo rato movendo o esquelete!

Gozamos tamén de inchables e canastas!

Agora quedamos con ganas de ir a un partido para animara ao Breogán!

Podedes ver máis fotos premendo aquí

Vale adicional material escolar

A Consellería de Educación acaba de ampliar a axuda para adquirir material escolar regulada na orde do 29 de abril de 2022.

Por este motivo, os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 euros recibirán un vale adicional de 25 euros.


Podedes recoller no centro este vale en horario de:

  • 9:30h a 10:40h de luns a venres

  • 13:55h a 14:45h de luns a xoves.

 

O son que me arrola

O venres pasado, o alumnado de educación infnatil gozou de "O son que me arrola"

A asociacion socio-educativa Antonio Gandoy ofreceunos unha proposta musical que achega aos máis peques a cultura tradicional galega da man dos cantos de berce, rimas e instumentación.

Quedamos marabillados... soamente hai que mirar as nosas cariñas!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

Na biblio

Mañas de construción e xadrez na biblio.

Xadrez

Hoxe, visitounos a asociación cultural Xaquedrum. Realizaron unha sesión dentro das aulas para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. 
No tempo de recreo tiveron acceso libre... canta concentración!

Arqueixal

O alumnado de 1º e 2º de primaria visitou Arqueixal e as nenas e os nenos de 3º e 4º de educación primaria achegáronse ata a Granxa A Cernada.

Coñeceron máis polo miúdo o traballo que se realiza nestas granxas e os produtos que elaboran.

Graciñas a ANPA por organizar e xestionar estas saídas!

Preme aquí para ver máis imaxes de 1º e 2º de educación primaria en Arqueixal

Preme aquí para ver ás nenas e aos nenos de 3º e 4º de primaria na Granxa A Cernada

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut