Skip to Content

Obradoiros reciclaxe

Durante estas primeiras semanas achegáronse ao cole un grupo de voluntarias e voluntarios do Xacobeo de Palas de Rei para realizar distintos obradoiros sobre reciclaxe.

Encantounos!

 

 

Comezamos!

Calendario escolar 2022/23

 A Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, marca o inicio de actividade lectiva o día 08 de setembro de 2022.

 

 

Tríptico informativo

Comezamos!

Listaxe definitiva fondo solidario libros de textos curso 2022/23

A listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º, 4º e 6º de educación primaria, está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 29 de abril de 2022, que non permite a súa publicación na páxina web.

Lembrade que os días 6, 7 e 8 de xullo tedes que recoller os vales de axuda e material para TODO o alumnado (dende 1º a 6º de educación primaria)

 

Listaxe provisional fondo libros

A listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 29 de abril de 2022, que non permite a súa publicación na páxina web. O período de reclamación a esta listaxe é de dous días (xoves e venres)

Na listaxe DEFINITIVA (4 de xullo) SI figurarán os libros asignados por materia.

 

Transporte escolar

As familias do alumnado que xa teña asignada parada en cursos anteriores non é preciso que realice ningún trámite.

 

En base á instrución 1/2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 8 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso 2022– 2023

◄ Solicitude de modificación de itinerario e de introdución de novas paradas.

Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta a aplicación "Google Maps".

Posteriormente a dirección cursará a solicitude ante a Xefatura Territorial de Lugo.

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou introdución de novas paradas en distancias inferiores a 2 km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

 

◄ Presentación  solicitudes excepcionais de uso do transporte escolar.

  1. Alumnado cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.
  2. Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden, de acordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domicilios familiares.
  3. Alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.

Este alumnado poderá solicitar uso excepcional do transporte escolar sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  • Que existan prazas vacantes
  • Que non comporte a modificación das rutas
  • Que non supoña a creación de novas paradas
  • Que non incremente a duración do traxecto
  • Que non precise a incorporación de acompañante

Os pais, nais ou titores legais cuxos fillos/as se atopen nalgunha das situacións anteriores, poderán solicitar ante a dirección do centro o uso excepcional do transporte escolar por parte destes.

Prazo de solicitude: do 4 ao 8 de xullo, incluído.

 

 

Solicitude comedor escolar curso 2022/23

Aberto o prazo para o procedemento de autodeclaración do prezos públicos para a utilización do comedor escolar no curso 2022/23. Ver instrución

 

 PRAZO DE PRESENTACIÓN:

As autodeclacións entregaranse na Secretaría do Centro. O prazo remata o 07/09/2022, pero é aconsellable a súa entrega antes do 08/07/2022

IMPORTANTE:

-A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2021

-Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a contrastar os de residencia e renda.

-Recorde cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.

 

 

Podedes descargar o impreso e as intrucións dende AQUÍ ou recollelo no centro.

 

Ata o próximo 8 de setembro, estará aberto o prazo para a admisión de persoal colaborador do comedor escolar durante o curso 2022/23.

 

 

 

Recomendacións lectoras

Non podemos irnos de vacacións sen as recomendacións de Daia. Velaquí algunha suxerencia que seguro que vos gusta... cal elixes?

Distribuir contido


by Dr. Radut