As familias do alumnado que xa teña asignada parada en cursos anteriores non é preciso que realice ningún trámite.
En base á Instrución conxunta 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares.
◄ Solicitude de modificación de itinerario e de introdución de novas paradas.
Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta a aplicación "Google Maps".
Posteriormente a dirección cursará a solicitude ante a Xefatura Territorial de Lugo.
Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou introdución de novas paradas en distancias inferiores a 2 km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.
◄ Presentación solicitudes excepcionais de uso do transporte escolar.
- Alumnado cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.
- Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden, de acordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domicilios familiares.
- Alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.
Este alumnado poderá solicitar uso excepcional do transporte escolar sempre que concorran as seguintes circunstancias:
- Que existan prazas vacantes
- Que non comporte a modificación das rutas
- Que non supoña a creación de novas paradas
- Que non incremente a duración do traxecto
- Que non precise a incorporación de acompañante
Os pais, nais ou titores legais cuxos fillos/as se atopen nalgunha das situacións anteriores, poderán solicitar ante a dirección do centro o uso excepcional do transporte escolar por parte destes.
Prazo de solicitude: 10 de xullo, incluído.