Skip to Content

Festa fin de curso

O último día de cole tivemos festaza: inchables, pintacaras e marionetas dos Bolechas.

Grazas ao alumnado, profes, persoal de cociña, colaboradoras, conserxes, persoal de limpeza, coidadora, ao Concello, ao CIM, a Aloumiño e a ANPA... fixestes que pasaramos unha mañá xenial!

Dende aquí podedes ver máis imaxes.

 

Graduación 6º educación primaria

Canta emoción o día que toca despedir ao alumnado de 6º de primaria.

Desexámosvos toda a sorte do mundo nesta nova etapa.

Sabedes que no cole fica un anaquiño de cada un de vós!

Dende aquí podedes acceder a máis imaxes da graduación.

 

Graduación 6º educación infantil

As nenas e os nenos de 6º de infantil rematan esta etapa para comezar unha nova andaina en primaria, despois das merecidas vacacións de verán.

De seguro, vailles ir fenomenal!

Preme aquí para ver máis imaxes.

Actividades ANPA

Nos últimos días de cole contamos cunha exhibición das distintas actividades extraescolares organizadas pola ANPA durante todo o curso, así como a visita dun piloto de rally.

Graciñas por este día!

Vexo vexo xacobeo

Santiago de Compostela

Todo o cole viaxamos hoxe Santiago.

O alumnado de primaria completou a última etapa do camiño dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro, no vídeo podedes ver a súa chegada.

Os máis peques deron unha voltiña pola cidade no tren turístico.

Rematamos a xornada visitando a catedral.

Preme aquí para ver máis imaxes.

Saída Coruña

No día de hoxe o alumnado de 3º e 4º de educación primaria realizaron unha visita a distintos lugares da cidade de A Coruña.

Preme aquí para ver as imaxes.

Partido

Partido profes-alumnado de 6º

Gañaron 6-5 os profes, pero o mellor de todo foi a deportividade e o bo rato compartido!

 

Saímos na prensa

Chega alguén novo

Hoxe, o alumnado de 2º de primaria representou unha obra de teatro para todo o alumnado do cole.

Se queredes ver a obra "Chega alguén novo" podedes facelo o vindeiro sábado día 18 ás 18:00 horas na Casa da Cultura.

Animádevos! A nós encantounos!

Máis imaxes premendo aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut