Skip to Content

Novos materiais

Grazas a moreas ao Grupo Jim Sport por donar este novo material para as actividades extraescolares, así como unha rede de volei para o centro, que xa estreamos nas clases de educación física.

Grazas tamén á ANPA por xestionalo e por acordarse sempre de nós!!

 

 

Muvicla

No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria realizou unha visita a MUVICLA, museo de maquinaria.

Moitas grazas a ANPA por organizar esta actividade, que está financiada pola Diputación.

Facemos chapas

Os peques de infantil tamén se apuntan aos Polos Creativos. 

Esta semana facendo chapas!

 

Obradoiro


O alumnado de 3º e 4º de educación primaria participou nun obradoiro de narración oral con ilustración e música en directo, sobre a seguridade no uso da rede, a cargo de "Polo Correo do Vento". Esta actividade está impulsada por Amtega.


Robótica

Esta semana, o alumnado de educación primaria manexou e programou os Mboots na sesión de Polos Creativos. 

Itinerario formativo

Sementando

Seguimos coidando a nosa horta. Despois de ir mercar sementes e plantas á feira toca plantalo no invernadoiro.

Podedes vernos dende aquí

Escola de nais e pais

Na tarde de hoxe, iniciou a súa andaina a escola de nais e pais. 

Nesta primeira toma de contacto intercambiamos inquedanzas e preocupacións sobre o tema que nos une: a educación das nosas nenas e dos nosos nenos.

Proximamente, enviarémosvos información sobre as seguintes xuntanzas e os temas a tratar. 

 

Grazas a moreas polo interese, a asistencia, a participación e por contribuír a crear un ambiente que nos deixou cunhas sensacións moi positivas. 


Biblio patio

A biblio patio sae para aproveitar estes últimos días de verán!

Canto nos gusta! 

Ideas para un inicio de curso xenial!

 


 As nenas e os nenos de 5º de educación infantil tiñan mooooitas ganas de comezar o novo curso... aquí vos deixan unhas ideas para ter un inicio de curso xenial!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut