Skip to Content

Graduación 6º educación primaria

O alumnado de 6º tivo hoxe a súa despedida desta etapa!

Nervios, ilusión, bágoas, ledicia, sorpresas e... moitos recordos do seu paso polo cole.

Vaivos ir moi ben, confiamos en vós!

Premede aquí para ver máis imaxes.

 

 

 

 

Graduación 6º educación infantil

As nenas e os nenos de 6º de educación infantil cambian de etapa o vindeiro curso, quixeron festexalo como se merece... con teatro, baile, e moita, moita ilusión!

A seguir voando peques!

Mirade máis imaxes premendo aquí.

Saída

Un día pasado por auga pero que non asustou ás nenas e aos nenos de 3º na súa andaina, aquí os vedes na desembocadura do Pambre no Ulla.

 

 

Mago Antón

Grazas ao Concello, hoxe sorprendémonos cos trucos de maxia do Mago Antón.

Saída Madrid

Queredes ver que ben o pasaron os nenos e as nenas de 6º por Madrid?

Premede aquí!!

Xogamos?

Nesta semana, xogamos con xoguetes elaborados con material de refugallo creados polas familias. Moitas grazas pola colaboración! 

Premendo aquí veredes máis imaxes.  

Prazo formalización matrícula

O prazo de formalización de matrícula para o novo alumnado é do

20 ao 30 de xuño.

Podedes descargar os documentos e traelos cubertos ou facelo no centro.

-Formalización de matrícula

-Enquisa

 

(Horario secretaría: luns e xoves de 13:00 a 13:50;

martes, mércores e venres de 09:45 a 10:35

Para calquera outro horario consultar co centro)

Programas radio

Visita Concello

As nenas e os nenos de 1º visitaron o Concello onde decidiron, nun pleno, ir ao parque de Jim Sports. Remataron cunha visita ao cuartel da Garda Civil.

Segovia

Os máis maiores do cole están camiño a Madrid, fixeron a súa primeira parada en Segovia. Agárdanlles catro días fantásticos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut