Skip to Content

Axudas 2023/2024

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B).

• A quen vai dirixida?

- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. (O alumnado que curse 5º e 6º de educación primaria no curso 2023/24 estará inmerso no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto)

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

• Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

Dende o 22 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.

• Onde se presentan as solicitudes?

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas.

Por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Neste caso, será necesario a presentación dunha solicitude por alumno ou alumna.

• Que documentación debedes presentar para tramitar o procedemento?

- Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO I e II.

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

-En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º. Certificado ou volante de convivencia. 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

Devolución dos libros de texto do curso 2022/23

O alumnado deberá entregar á titora os libros de texto (e ordenadores no caso do alumnado de 5º de primaria) nas seguintes datas:

-Alumnado de 6º de educación primaria: luns 12 de xuño.

-Alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria deberá entregar os libros de texto ao titor ou titora o venres 16 de xuño de 2022

• Outras datas de interese:

-Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 3 de xullo de 2023

-Período de reclamación: 4 e 5 de xullo de 2023

-Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 6 de xullo de 2023

-Recollida dos vales para adquirir libros de textos en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar ao alumnado de educación primaria: os días 10 e 11 de xullo de 2023.



story | by Dr. Radut