Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

remedios6b NOVA BITÁCORA EN INTERNET DA AULA DE 6º B

Nun paso máis no uso das novas tecnoloxías, a aula de 6º B de E. Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios conta cunha bitácora propia en Internet, na que van ir aparecendo traballos e actividade do alumnado desta aula, baixo a coordinación da súa titora.

Podedes acceder a esta bitácora dende o enlace que hai na parte de arriba desta web ou indo ao enderezo de Internet: http://remedios6b.blogspot.com

Dende aquí animamos a todos/as a traballar nesta bitácora.

O CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS VAI CONTAR CUN AUXILIAR NATIVO DE CONVERSA EN INGLÉS

O CEIP Nosa Señora dos Remedios vai contar durante este curso cun auxiliar de conversa en Inglés, nacido na Gran Bretaña.

Este é un paso máis para a mellora no ensino do Inglés, que vén a completar ás seccións bilingües e o traballo tan importante que están a facer as mestras especialistas en Inglés do noso centro.

0 30 DE SETEMBRO REMATA O PRAZO PARA AS AXUDAS PARA A COMPRA DOS LIBROS DE MATEMÁTICAS DE 3º E 4º DE E PRIMARIA

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas para a compra dos libros de matemáticas de 3º e 4º de E. Primaria remata o 30 de setembro.

Lembramos que estas solicitudes deben presentarse na secretaría do colexio xunto coa documentación correspondente.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O pasado 18 de xuño celebrouse no Pavillón Municipal de Deportes de Ponteareas o Festival de fin de curso.

 


EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Como en anos anteriores dende a aula de Música promoveuse a exposición de instrumentos musicais elaborados polo alumnado do colexio nas súas casas.

 


REMATADAS AS III XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO COLEXIO

Durante os días 9 e 10 de marzo leváronse a cabo as III Xornadas de Portas Abertas do colexio. Estas xornadas estaban dirixidas ás familias de posibles novos alumnos/as, coa intención de mostrarlles o colexio e o noso proxecto educativo.

A asistencia foi moi importante e a valoración é moi positiva, logo do interese amosado polas familias asistentes.

O ENTROIDO NO COLEXIO

Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Do luns ao xoves seguíronse as ordes do Meco. O xoves fixemos a xa clásica no colexio degustación de sobremesas típicas destas datas e o venres participamos no desfile con outros colexios de Ponteareas.

 


A COMPARSA DO COLEXIO NO ENTROIDO DE VIGO, PONTEAREAS E BEMBRIVE

Por terceiro ano consecutivo, un grupo de pais e nais do colexio organizaron unha comparsa para disfrutar do entroido. Este ano a comparsa chámase "O cambio climático" e aborda esta temática tan de actualidade.

Leva dúas coplas. Unha que fala do cambio climático e outra en clave de humor sobre cousas de actualidade e que inclúe referencias a necesidades do colexio.

 

Este ano van estar no Entroido de Vigo (o sábado 13 de febreiro), no de Ponteareas (o domingo 14 e o martes 16 de febreiro) e estarán tamén no de Bembrive o vindeiro sábado 20 de febreiro.

Felicitamos aos pais e nais que traballaron para que esta comparsa puidera saír á rúa.

 


Distribuir contido