Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

REMATADAS AS III XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO COLEXIO

Durante os días 9 e 10 de marzo leváronse a cabo as III Xornadas de Portas Abertas do colexio. Estas xornadas estaban dirixidas ás familias de posibles novos alumnos/as, coa intención de mostrarlles o colexio e o noso proxecto educativo.

A asistencia foi moi importante e a valoración é moi positiva, logo do interese amosado polas familias asistentes.

O ENTROIDO NO COLEXIO

Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Do luns ao xoves seguíronse as ordes do Meco. O xoves fixemos a xa clásica no colexio degustación de sobremesas típicas destas datas e o venres participamos no desfile con outros colexios de Ponteareas.

 


A COMPARSA DO COLEXIO NO ENTROIDO DE VIGO, PONTEAREAS E BEMBRIVE

Por terceiro ano consecutivo, un grupo de pais e nais do colexio organizaron unha comparsa para disfrutar do entroido. Este ano a comparsa chámase "O cambio climático" e aborda esta temática tan de actualidade.

Leva dúas coplas. Unha que fala do cambio climático e outra en clave de humor sobre cousas de actualidade e que inclúe referencias a necesidades do colexio.

 

Este ano van estar no Entroido de Vigo (o sábado 13 de febreiro), no de Ponteareas (o domingo 14 e o martes 16 de febreiro) e estarán tamén no de Bembrive o vindeiro sábado 20 de febreiro.

Felicitamos aos pais e nais que traballaron para que esta comparsa puidera saír á rúa.

 


¡¡¡XA TEMOS UN CLUB DE LECTURA NO COLEXIO!!!

Durante o mes de febreiro estamos a poñer en marcha para o alumnado de 6º o 1º Club de lectura do colexio.

Debido a que a convocatoria foi un éxito, tanto por parte do alumnado como por parte do profesorado, haberá dous grupos de lectura que se xuntarán unha vez ao mes para comentar o libro que lles corresponda.

Este mes comezaremos cos seguintes títulos:

-O carteiro de Bagdad, de Marcos Calveiro publicado pola Editorial Tambre.

-Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere, de Klauss-Peter Wolf, publicado pola editorial Pearson.

Os comelibros é o nome que os participantes lle puxemos a este club de lectura.

Poderedes seguir as novas que se vaian producindo ao redor do club na páxina de Viaxa con Popi:
http://viaxaconpopi.blogia.com/

RADIO FALADORA 43

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa nº 43 de Radio Faladora, a nosa radio escolar, emitido hoxe no colexio:

http://www.box.net/shared/tn8fqbboyd

O DÍA DA PAZ NO COLEXIO

Hoxe 29 de xaneiro de 2010 celebramos no colexio o acto central do Día da Paz. Antes, houbo unha charla por parte de varias nais de alumnos/as procedentes do estranxeiro que falaron sobre os seus países.

Algunhas imaxes dos actos de hoxe son as que seguen.

 


RADIO FALADORA 42

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa número 42 de Radio Faladora, a nosa radio escolar, emitido no colexio hoxe xoves 28 de xaneiro de 2010:

 

http://www.box.net/shared/87yl8mbllu

RADIO FALADORA 41

Pinchando no seguinte enlace, poderás escoitar o programa nº 4º de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, emitido este venres 22 de xaneiro de 2010:

http://www.box.net/shared/99egj09g1u

Distribuir contido