Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

O MAGOSTO NO COLEXIO

Este venres 9 de novembro festexamos no noso colexio o Magosto, como remate das actividades de outono. Participou todo o alumnado e profesorado do colexio. Fixemos unha fogueira con bullo e con castañas no medio, ao xeito tradicional e ademais asamos moitas máis castañas que trouxeron os alumnos e alumnas.


 

O SAMAIN E O HALLOWEEN NO NOSO COLEXIO

Nos últimos días de outubro e nos primeiros de novembro estamos a celebrar no colexio o Samaín e o Halloween.

CELEBRADOS O VENRES 22 DE XUÑO OS ACTOS DE GRADUACIÓN DE E INFANTIL E DE E PRIMARIA

Este venres 22 de xuño ás 12.00 horas celebrouse no edificio de Infantil o acto de graduación para o alumnado de cinco anos. A asistencia por parte das familias foi moi alta e aos alumnos/as entregáronselles diversos detalles: diploma, orla e un agasallo da ANPA.Os alumnos/as recitaron unha poesía e proxectouse unha presentación con imaxes dos tres cursos.

 

Pola tarde, ás 19.00 horas no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo celebrouse o acto de graduación para o alumnado que remata a Primaria. Houbo asistencia masiva enchéndose o auditorio. Houbo as actuacións musicais da mezosoprano Iria Rodríguez Cuevas e do coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios. Os alumnos/as de 6º interpretaron unha obra de teatro e unha peza de monicreques. Entregáronse diplomas, orlas, o pin do colexio, un agasallo da ANPA e un CD con dúas presentacións elaboradas polo profesorado.

Foi un acto moi emotivo.


1 DE XUÑO: VII XORNADA DE CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Este venres 1 de xuño durante a mañá vaise celebrar no noso colexio a VII Xornada de Convivencia de Educación Infantil, na que participan moi activamente profesorado, familias e alumnado. Vai ser novamente un día de diversión para o alumnado de E Infantil, que vai poder percorrer diversos obradoiros e exhibicións que de seguro lles van gustar.


En vindeiros días informaremos sobre o acontecido nesta xornada.

I CURSODE TÉCNICA VOCAL INFANTIL DO CORO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

O Coro CEIP Nsa. Sra. dos Remedios celebra o I CURSO DE TÉCNICA VOCAL INFANTIL o vindeiro sábado 21 de abril .


As clases serán impartidas polo tenor Juan Abalde e a soprano Iria Rodríguez, ambos Licenciados en canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.


A nosa gratitude pola súa xenerosidade co coro.

AS V XORNADAS DE PORTAS ABERTAS UN NOVO ÉXITO

Os pasados 13 e 14 de marzo leváronse adiante as V Xornadas de Portas Abertas do CEIP Nosa Señora dos Remedios cunha importante participación de familias que teñen que solicitar praza para os seus fillos/as para o curso vindeiro. Nestas xornadas facilitouse información sobre o funcionamento do colexio e fíxose un amplo recorrido polas súas instalacións, respondendo a todas as preguntas que as familias fixeron.


Esperamos que os asistentes levaran unha boa impresión do noso Colexio e soliciten praza para os seus fillos/as no mesmo.

RADIO FALADORA 91

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar a emisión nº 91 de Radio Faladora en versión, a nosa Radio escolar, do 16 de novembro de 2011: http://www.box.com/s/mavuaomyyet1vzxx26uj

EXTRAORDINARIAS ACTUACIÓNS NA FASE FINAL DO 46º FESTIVAL DE VILANCICOS DE NOVACAIXAGALICIA DO CORO DO COLEXIO

De extraordinarias temos que cualificar as actuacións do Coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios nas fases finais do 46º Festival de Vilancicos de NovaCaixaGalicia celebradas este sábado 17 de decembro no Centro Cultural de Novacaixagalicia en Vigo e o domingo 18 de decembro no Teatro Colón da Coruña.


O coro foi un dos 12 seleccionados entre máis de 100 presentados a este festival o que supón un éxito espectacular tendo en conta o pouco tempo que leva funcionando nesta nova xeira.


Queremos felicitar aos compoñentes do coro e á súa directora a mestra Ruth Barros Abalde e á pianista acompañante a mestra Cecilia López Louro por este éxito.


Agradecdemos tamén a colaboración dos pais e nais que se desprazaron co coro para axudar.

NOVA BITÁCORA DA AULA DE 1º B

Dende hoxe xa se pode entrar na bitácora da aula de 1º B elaborada e administrada pòla súa mestra titora. Para facelo hai que pinchar no enlace situado na cabeceira desta web.


É unha nova ferramenta para axudar no traballo diario co alumnado deste curso.

Distribuir contido