Ás veces, chegan mensaxes misteriosas nunha botella, outras, como neste caso, chegan maletas cheas de libros sobre os nosos mares e océanos.
Foi polo mes de febreiro cando recibimos no centro a exposición itinerante “Coidando o noso mar” prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) na Coruña, así como as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor nas Rías Baixas. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2078
RÍAS ALTAS e RÍAS BAIXAS XUNTAS NO CEIP MANUEL SUEIRO!
As/os peques de Infantil achegáronse á beira do noso mar para descubrir eses libros con historias que nos achegan á inmensidade e tamén á fraxilidade dos nosos mares.
As/os alumnas/os de 4o E.P., como parte do proxecto documental sobre os mares, mergulláronse nese océano de libros achegándose aos seres vivos que os habitan.
DESFRUTEMOS E COIDEMOS OS NOSOS MARES!
As nenas e nenos de E. Infantil seguiron as andanzas de Lucy, a very lazy ladybird sen gañas de voar. Pero todas elas e eles, despois de escoitar o conto, decidiron que xa era tempo de que a ladybird botara a voar.
Nesas estabamos cando decidimos percorrer o xardín da escola e amosarlle o noso horto.
Non foi un voo moi longo, pero a ladybird descubriu o pracer de voar en liberdade.
FLY LADYBIRD FLY!
ODS 15 : CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS
Os alumnos de 5º de E. Primaria fixeron unha aproximación ao que era a axenda 20-30 a través da visualización do vídeo: “A AXENDA 20-30 e os obxectivos de desenvolvemento sostible”
MELLORANDO O NOSO “ECOSISTEMA” ESCOLAR
Comezaron a preguntarse polo seu entorno e decidiron que había determinados aspectos do seu centro que podían mellorar. Para iso fixeron carteis que animaban a toda a comunidade educativa a reciclar, manter limpo o patio, respectar as especies vexetais...
INVESTIGANDO OS PROBLEMAS PROPIOS DOS ECOSISTEMAS
Os incendios, o envellecemento da poboación, o abandono rural, a crecente poboación de xabaríns... foron algúns dos problemas que atoparon os alumnos de 5º de primaria ao analizar o entorno das súas casas e aldeas.
A partires dunha nova sobre os paseos nocturnos dos xabaríns por Ourense fíxose unha chuvia de ideas sobre as posibles causas deste feito tan sorprendente como frecuente. O alumnado encontrou rapidamente a relación entre a despoboación e o desequilibrio nos ecosistemas do ámbito rural e interurbano.
Tamén se aproveitou a nosa participación no plan proxecta “Aliméntate ben”: “Ti sí que es un bo peixe!” para investigar sobre os problemas aos que se enfrontan os ecosistemas mariños: sobrepesca, contaminación, cambio climático...
Cada alumno investigou un aspecto concreto e buscou novas en diferentes medios sobre este tema, escribiron as súas conclusións que formarán parte do noso mural en proceso de creación.
UNHA POSIBLE SOLUCIÓN: A AGRICULTURA SOSTIBLE!
Unha forma de manter o equilibrio nos ecosistemas é apostar pola agricultura sostible e a produción propia de alimentos, reducindo así o consumo e o transporte coa implicación que significa en canto a redución de emisións de CO2. Para iso puxemos en marcha a nosa horta escolar: preparamos a terra, conseguimos diferentes hortalizas, plantamos, regamos, quitamos herbas, colocamos carteis co nomes dos noso cultivos... e agora toca esperar a probar os alimentos.
Para o vindeiro curso procuraremos facer compost cos restos orgánicos das nosas merendas e así devolverlle a terra parte do que ela nos dá.
MURAL DE CONCIENCIACIÓN
Neste curso, o P.D.I. do centro englóbase dentro do lema "No Sueiro o planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a axenda 2030", centrándonos nos ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) para conseguir un mundo mellor.
Dende a materia de Educación física traballamos, en concreto, o ODS número 10: Redución das desigualdades.
O ODS 10 promove a redución da desigualdade causada por razóns como o sexo, a idade, a discapacidade, a raza, a etnia ou a relixión dentro de España e a contribución de España á redución da desigualdade entre países, para o que promove a adopción de políticas e a lexislación pertinente.
Por todo isto, dende este centro, intentamos diminuír todas estas desigualdades, mediante diferentes actividades e propostas.
Este curso o título do noso proxecto de biblioteca foi “No Sueiro o planeta ten mellor pinta, porque traballamos xuntos a Axenda 2030”, fundamentado na liña de traballo proposta desde Bibliotecas escolares “ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR”, tratando de pór o foco en todas as formas de escritura promovidas desde a biblioteca escolar: como medio de comunicación, expresión creación, información e coñecemento…
A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por áreas, cursos, etapas, a todos os membros do claustro, e involucrou a todos os membros da comunidade educativa.
Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nas diferentes píldoras desta entrada:
Todos e todas nós aportamos o noso gran de area no coidado e aproveitamento sostible dos nosos mares e océanos. Por eso, os/as peques de E. Infantil, quixeron colaborar no proxecto do centro “MERGÚLLATE NO OCÉANO MÁIS AZUL”, do xeito que máis lles gusta, a ritmo dos Beatles.
A canción “The yellow submarine” serviu de excusa para aprender máis sobre o medio mariño: fish, waves, the sea, ...
Pero o noso yellow submarine non se move cun motor contaminante do fondo do mar, a enerxía que o move non pode ser máis limpa e inocente: As voces e a ilusión polos seus traballos a prol do coidado do mar.
DISFRUTA DO FONDO MARIÑO A BORDO DO NOSO YELLOW SUBMARINE!
O venres, 17 de febreiro, participamos no desfile de Entroido que organizamos polas rúas do centro de Ourense, xunto aos colexios do Mestre Vide e Curros Enríquez e contando coa colaboración do Concello de Ourense.
Cada colexio ía de unha temática diferente. A do noso estaba relacionada co PDI que estamos a desenvolver este curso: “Coidemos o noso mar”.
O alumnado de 1º, 2º e 6º de EP disfrazáronse de estreliñas de mar, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP ían de buzos e o alumnado de Infantil engalanouse con escamas de peixes de cores para crear tres bancos de peixes diferentes.
O desfile foi todo un éxito debido a gran participación das familias ao longo de todo percorrido.
Por uns días o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro achegouse ao mar da man da Biblioteca Escolar do centro, guiados pola exposición itinerante “Coidando o noso mar”, prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
Desde as Rías Baixas chegaron as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor.
Esta exposición enmárcase no PDI do centro, adicado aos ODS axenda 2030. En concreto, o obxectivo 14: Conservar e utilizar de xeito sostible os océanos, mares e os recursos mariños.
Protexer os nosos océanos debe ser unha prioridade. A biodiversidade mariña é vital para a saúde das persoas e do planeta. As áreas mariñas protexidas deben ser xestionadas de forma efectiva, tamén os seus recursos, e poñer en marcha regulamentos que reduzan a sobrepesca e a contaminación mariña dos océanos.
MERGÚLLATE NO MAR MÁIS AZUL!
O curso de 4º de Educación Primaria iniciamos as actividades e situacións de aprendizaxe navideñas.
Nesta nova, presentámosvos "A árbore dos ODSeos". Aproveitando que o PDI do Centro son os ODS da axenda 2030, creamos unha árbore navideña xigante na que o alumnado colgara os seus desexos relacionados cos ODS, formando deste xeito os ODSeos.
En sintonía coa elección do Proxecto Documentado Integrado do colexio neste curso académico, dende o área de Relixión estamos a traballar o ODS 1: Acabar coa pobreza no mundo.
Para entender que a pobreza pode chegar a calquera por situacións inesperadas e podemos partir dunha situación económica social boa e de repente, quedarnos sen nada, na máis absoluta miseria con o que esa situación implica, fixemos para os cursos de 5º e 6º Educación Primaria unha dinámica baseada na experiencia dun emigrante.
En que consistiu a actividade?
Proponse aos alumnos e alumnas que imaxinen que sucedeu algo moi grave en España e deben deixar o seu país en unhas horas.
Antes de abandonar o país, poden ir a súas casas a recoller só 20 obxectos que poden levar con eles tendo en conta as necesidades básicas que necesitan cubrir. Unha vez que escollan as cousas que queren levar, les diremos que cada un deles debe deixar cinco deses obxectos porque o único medio dispoñible para poder viaxar é unha barca pequena na cal irán moi apertados e polo tanto, non poden levar moito equipaxe.
Comeza a travesía e cando levamos xa cinco días de viaxe, se acabaron xa a metade dos víveres (comida e auga). Ao cabo de dous días máis, prodúcese no mar unha forte tormenta que fai balancear a barca producindo a perda da metade dos obxectos que tiñan nese momento. Cinco días despois non nos queda ningún alimento nin auga e empezamos a sufrir fame e sede.
Por último, cando case estamos a punto de chegar á terra, a barca sufre un naufraxio e perdemos todas as pertenzas que aínda nos quedan.
Por fin, chegamos a terra, empapados, co só a roupa que levamos posta, sen ter absolutamente nada máis, mortos de frío, tristes e famentos.
O texto bíblico que traballamos nesta sesión encóntrase en Mateo 25:35-40 “Porque tiña fame e me destes de comer; tiña sede e me destes de beber; eu era un estraño, e recollíchesme; estaba espido e cubríchesme; enfermo, e me visitastes; no cárcere, e viñeches a min. Entón, os xustos responderán: Señor, cando os vimos con fame, e apoiámosche ou sedento, e démosche a beber? E cando nos vimos estraños, e te collemos ou espidos, e cubrímosche? Ou cando te vimos enfermo ou no cárcere, e chegamos a ti? E respondendo, el díxolles: dígolle que en canto fixeches un destes irmáns pequenos, fixeches a min.
Cando rematamos a actividade, os nenos e as nenas reflexionaron acerca de como se sentirían si a eles les ocorrese algo así. Tamén falamos de como por ser cristiáns somos chamados a ser solidarios e compasivos coas persoas que vense nestas situacións axudándolles con o que podamos facer, sabendo que facer isto é como si se o fixéramos ao mesmo Xesús.