Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Vídeos terroríficos |
Vídeos para ver no Samaín:
|
Os superrecicladores do Sueiro |
Partimos da colección “Nuestro Planeta está en peligro” que consta de tres contos: “Nanook aventura en el Ártico”, “Toco la selva herida” e “Sathu un paraíso inundado”. Tres historias para sensibilizar aos nenos e nenas dos grandes problemas ecolóxicos actuais. Traballamos cada trimestre un conto, facendo debuxos sobre cada un , preguntas sobre cada conto que se desenvolvía en paisaxes e ambientes moi distintos. A continuación resumimos as principais actividades realizadas ao longo do curso sobre este proxecto:
Traballo do alumnado de 5º Ed. Infantil Traballos do alumnado de 6º de Ed. Infantil
|
Auga, cada pinga un tesouro |
Comezamos a nosa colaboración con UNICEF o curso pasado, cando grazas á súa campaña de vacinas para a paz, convertémonos en axudantes dunha vacinación tan necesaria. Este curso, de novo, desenvolvemos algunhas actividades a prol do medio ambiente, con materiais facilitados por UNICEF. Do 25 de outubro ao 5 de novembro, temos no cole a disposición da comunidade educativa unha exposición de 10 paneis que axuden a tomar conciencia da necesidade de non malgastar auga, e entender que a mesma é fonte de vida. Cada curso debateu sobre o que a exposición lles facía sentir e reflexionou sobre a mensaxe. Ao longo da semana, cada un dos nenos e nenas escribirá nunha pinga de auga as súas reflexións sobre a exposición, co fin de elaborar un libro colaborativo sobre o tema. Enviaremos a actividade ao comité de UNICEF en Galicia ao remate da mesma, agradecéndolles que nos faciliten os materiais dos que dispoñen, no nome de Marta Andrade Blanco. |
Día da Paz 2021 |
O alumnado de 1º de Ed. Primaria realizou un mural co abecedario da Paz. O venres 29 de xaneiro, na hora do recreo, presentamos as seguintes actividades que se estiveron traballando nas nosas aulas nos días previos a esta data:
Nas aulas das seccións bilíngües os/as SUPERHEROES do cole empregan todos os seus poderes para eliminar a violencia na nosa sociedade, empezando polo noso colexio. |
Concurso "Ciencia que conta" |
No mes de novembro o alumnado de 6º curso participou no concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia "Ciencia Que Conta". En xeral, tratábase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos. Neste libro recopilamos os traballos presentados polo alumado de sexto curso do noso centro, esperamos que sexan do voso agrado. |
Celebración Día da Paz 2017 |
O proximo día 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz. Este ano adicarémosllo a Gloria Fuertes, por ser o centenario do seu nacemento. Na seguinte presentación podedes ver unha presentación da súa biografía.
O luns faremos un recital de poemas de Gloria Fuertes, non faltando entre eles "Sólo tres letras"
|
Postais de Nadal | |
Un libro de cores |
|
Día do amor e amizade |
Os alumnos e alumnas de 4° de Educación Primaria sabemos da importancia que teñen tanto o amor como a amizade no noso día a día. Por iso, durante estes días, estivemos traballando na aula en dúas actividades relacionadas con estes sentimentos:
|
Se eu tivera una púa |
O alumnado de 2º de Educación Primaria seguimos desfrutando das nosas historias favoritas e, nesta ocasión, foi a quenda de Carlota quen escolleu o libro “Se eu tivera unha púa” de Eva Clemente para contarllo ao resto da clase. O seu protagonista, Pepincho Repúa, quere atopar amigos cos que xogar. Pero canto estás disposto a pagar para tentalos conseguir? Un raposo con peculiares afeccións, un can moi presumido, unha aguia que non merenda, un sapo que soña con coroas... Estes son algúns dos personaxes que atopará este entrañable ourizo no seu camiño polo bosque. Unha viaxe cargada de aprendizaxe que che levará a descubrir o que é a autoestima e o importante que é aprender a coidarse e dicir que non de cando en vez. |
Hora de ler de 1º de Ed. Primaria |
No curso escolar 2021/2022, a hora de ler realizouse de luns a venres de 12:00 a 12:20, ao mesmo tempo que os demais cursos do cole. Obxectivos
Actividades
Temporalización Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse os seguintes libros: 1º trimestre
Castelán
2º trimestre
Castelán
3º trimestre
Castelán
En primeiro de Ed. Primaria, durante todo o curso, fomos recopilando todos os contos que lemos na Hora de ler no caderno "Meu libro da hora de ler". Nel escribimos e debuxamos o que mais nos chamou a atención de cada conto. Ao final de curso, levarémolo para a nosa casa para ter un bo recordo de todo o que traballamos nesta actividade de fomento e animación da lectura. Como conclusión, a formación do hábito lector. así como da lectura comprensiva, exixe, un traballo progresivo e continuado como o que se levou a cabo este curso. Tamén destacar a importancia desta hora de ler como momento de lecer e de desfrute dos libros e actividades propostas. |
Lecturas na biblioteca na "Hora de ler" |
O alumnado de 4º curso de Educación Primaria, ao igual que a maioría do alumnado do centro utilizou os recantos da biblioteca de lectura informal nalgunhas das sesións destinadas á "Hora de ler" que todos os días teñen lugar de 12:00 a 12:20 horas en todos os cursos e niveis do centro. O cómic e as revistas son os fondos da biblioteca máis utilizados neste recanto de lectura informal polo alumnado de 4º curso. |
O claro do bosque |
O alumnado de 2º. 3º e 4º de Ed. Primaria realzou un libro ilustrado sobre a lenda "O claro do bosque" de Mónica Hughes que entregou á responsable da biblioteca do noso cole para que pasase a formar parte dos fondos documentais da mesma. Como todo bo libro, i este o é, ten unha película que reflicte o seu contido cunha calidade excepcional segundo os críticos do sétimo arte... |
XXIII encontros de teatro escolar de Bande |
O alumnado de 3º e 5º de Ed. Primaria participou, o 15 de maio, nos XXIII Encontros de teatro escolar de Bande que organiza o Concello coa colaboración do CEIP de Xaquín Lorenso e o IES Querquernis. Este ano, representamos a obra titulada "Ondiñas que van e veñen" que nos mesmos elaboramos dentro do proxecto documental integrado que estamos a desenvolver, en 3º de Ed. Primaria, sobre a contaminación da nosa contorna . Esta obra de teatro, sérvenos para reflexionar sobre a contaminación que os humanos estamos causando nas nosas praias e mares. Parabéns para todo o alumnado participante pola súa actuación!! GALERÍA DE IMAXES
|
Meteoroloxía na aula de apoio |
O alumnado que axiste á aula de apoio continuou recollendo, diariamente e graficamente, o tempo meteorolóxico e reflecíindoo no almanaque de cada mes. Ao remate de cada mes, fixemos un reconto dos diferentes estados atmosféricos, dese mes, e comparámolos cos dos outros meses. Os datos recollidos servíronos para facer comparacións, ordenacións... e realizar sinxellas táboas de datos. Para o próximo curso, temos pensado seguir con esta actividade, de axuda aos compañeiros do programa de meteoescolas, debido ao gran interese que amosan na súa realización. |
FROM ODENSE TO FUNABASHI |
O alumnado de 4º E.P. aportou ao PDI de centro un proxecto no que unimos a cidade de Odense coa de Funabashi en Xapón, na que se encontra un parque adicado a Hans Christian Andersen. As dúas cidades están irmanadas grazas ao autor danés. Co noso autobús da compañía CDU, collemos a liña 3 que percorre as ciencias sociais, a liña 8 que transita polas rúas da literatura, e a liña 9 que organiza as viaxes. Esta asociación de Dinamarca co Xapón nos serve para complementar o proxecto da área de plástica nas sección bilingües adicada á artista Yayoi Kusama e Xapón. |
Samaín 2020 |
O 30 de outubro celebramos no centro a Festa do Samaín dun xeito distinto ao de anos anteriores. A posta en escena das actividades realizadas logrou que o alumnado voltase a disfrutar de momentos de felicidade no tempo de lecer, demostrando, así, que é posible compaxinar actividades colaborativas e participativas co protocolo COVID. A xornada comezou coa representación dun contacontos polos dos nenos e nenas de sexto curso titulado "Violeta quere ser vampiro", para todo o alumnado do centro. Para que esta actividade resultase segura, fixéronse tres pases ao longo da mañán, na sala de psicomotricidade. Despois do teatro, realizamos unha merenda terrorífica a base de doces coa forma dos protagonistas desta festa: pantasmas, morcegos, casas do terror... Aproveitamos o recreo para realizar un desfile de moda fantasmagórica amenizada por unha parella moi especial de speakers. Como colofón ao desfile, toda a comunidade educativa participou en varias coreografías de cancións propias desta celebración. Pasámolo xenial!!
|
Odiovirus. Día da Paz 2021 |
Ao longo desta semana, os alumnos e alumnas de 4º estivemos traballando o día da Paz mediante as emocións. Para elo creamos un virus, ao que lle chamamos "Odiovirus", que representa a violencia, os medos e as preocupacións. Unha vez detectado o virus, creamos a vacina que nos axudará a combatelo. De nome puxémoslle "Amistidina" e os seus compoñentes son:
Comprometémonos a seguir traballando nela e no proceso de vacinación para erradicar a violencia. Por último, cada un de nós elaborou a súa propia cartilla de vacinación segundo o modelo faciliatdo por Unicef baixo o título de "Paz e bo trato" coa que nos comprometemos a recordar os nosos compromisos e a mantelos vivos. |
Obradoiro de Saúde bocudental |
O martes 25 de abril de 2023 o alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, de saúde bucodental, no que se traballaron os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre. Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e cun estoxo. |
Unha maleta mariñeira |
Foi polo mes de febreiro cando recibimos no centro a exposición itinerante “Coidando o noso mar” prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) na Coruña, así como as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor nas Rías Baixas. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2078 RÍAS ALTAS e RÍAS BAIXAS XUNTAS NO CEIP MANUEL SUEIRO! As/os peques de Infantil achegáronse á beira do noso mar para descubrir eses libros con historias que nos achegan á inmensidade e tamén á fraxilidade dos nosos mares. As/os alumnas/os de 4o E.P., como parte do proxecto documental sobre os mares, mergulláronse nese océano de libros achegándose aos seres vivos que os habitan. DESFRUTEMOS E COIDEMOS OS NOSOS MARES! |
Celebración do Día de Rosalía |
Celebramos o Día de Rosalía de Castro no noso Colexio! O día de Rosalía de Castro foi unha xornada chea de creatividade, poesía e tradición no noso cole. Conmemorando o legado desta gran poetisa galega, organizamos unha serie de actividades que involucraron a toda a nosa comunidade educativa. Unha das actividades máis destacadas foi o obradoiro de decoración de camisetas, onde os nenos e nenas puideron plasmar o rostro de Rosalía de Castro. Utilizando a imaxe creada pola talentosa ilustradora Abi Castillo, cada camiseta converteuse nunha obra de arte única, reflectindo o profundo respecto e admiración cara a esta figura literaria. Ademais, levamos a cabo unha emotiva recitación colectiva na aula de psicomotricidade do poema "Miña Casiña, meu lar". Este poema, traballado nos días previos na aula a través do libro ilustrado de Blanca Millán, cobrou vida nas voces de todo o alumnado do centro. Foi un momento cheo de emocións onde puidermos apreciar a beleza e a riqueza da nosa lingua. Para rematar esta xornada tan especial, mergullámonos nunha tradición gastronómica: a preparación do "caldo de gloria". Cada neno e nena contribuíu cun dos cinco ingredientes ao pote (pan de broa, fariña munda, repolo, unto e boliños do pote), simbolizando a importancia da colaboración e o traballo en equipo. Este xesto non só nos conecta coas nosas raíces culturais, senón que tamén nos ensina o valor de compartir e coidar as nosas raíces. O Día de Rosalía de Castro foi unha oportunidade invalorable para honrar a nosa identidade galega, fomentar o amor pola poesía e fortalecer os lazos que nos unen como comunidade educativa. Seguimos comprometidos en cultivar o aprecio pola nosa cultura e seguir inspirándonos en grandes figuras como Rosalía de Castro. MÁIS ACTIVIDADES SOBRE A CELEBRACIÓN DESTE DÍA
|
Actividade complementaria para 5º EP |
Este mércores, 5 de febreiro, o alumnado de 5º tivo unha sesión de animación á lectura moi especial a cargo de Sarabela Teatro. |
Cocido sinfónico |
O mércores, 12 de novembro, o alumnado do 1º Ciclo de Ed. Primaria participou no "Cocido Sinfónico" que resultou ser un espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil onde ás portas dun peculiar restaurante, ábrense dispostas a ofrecerlles aos comensais as músicas máis saborosas, acompañadas dos pratos máis suculentos e novidosos. Tanto o alumnado como o profesorado disfrutou das aventuras representadas no escenario por Os tres tenedores. |
Metereoloxía na aula de apoio |
O alumnado da aula de apoio recolleu ao lomgo de todo o curso os datos metereolóxicos nun calendario. Nei ían reflectindo o estado atmosférico de cada día. Ao rematar o mes facían un reconto de todos os estados e reflexionaban sobre como foi o tempo dese mes. A final de curso comparamos os valores dos estados atmosféricos dos diferentes meses.
|
Irma Ruth del Ángel |
|