Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Mamá, quero ser Ziggy Stardust |
MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST Hoxe que conmemoramos o día da paz e non violencia, tod@s nós acompañamos na súa viaxe polo seu universo a AINE, a protagonista do libro, “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, agasallo da concellería de educación de Ourense. Con este sinxelo acto queremos alzar a voz polo dereito ás diferenzas, a ser como cada un queira ser, a mirar aos outros sen prexuízos. Porque tod@s levamos dentro un chisco dese home das estrelas que mira ao mundo crendo que merece a pena coñecernos e respectarnos os uns aos outros tal e como somos. Queremos agradecer a Abraham Caride, un artista fóra do circuito convencional, que nos permitise visitar o seu espazo de arte e compartir con nós as súas obras sobre David Bowie e algunas das súas experiencias. E como recoñecemento a tod@s @s Ziggy Stardust que só piden un espazo para ser eles mesm@s … “ There´s a starman waiting in the sky … ” |
Novo armario con tablets | |
O Sueiriño: Cada latexo un pensamento |
Durante este curso, 2017-2018, o Sueiriño VII impregnou de arte todos os recantos e actividades do noso cole, co proxecto documenal integrado titulado:"O Sueiriño: cada latexo un pensamento". Seguindo as directrices marcadas pola Asesoría de bibliotecas para este curso, e continuando coa mesma metodoloxía que en anos anteriores, decidimos dedicar o noso PDI ao pensamento. A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por área, curso, etapa, a todos os membros do claustro, e involucrou a membros da comunidade educativa. O traballo realizado por cada curso foi o seguinte:
|
Recursos para o entroido | |
Memoria gráfica do traballo feito na biblioteca | |
Día da Poesía 2017 |
O día 21 de marzo celebramos o Día da Poesía, no noso cole, cun poemario, onde as linguas e a chegada da primavera tiveron un gran protagonismo. Nas seguintes ligazóns están dispoñibles os vídeos das diferentes actuacións:
Se premedes na seguinte imaxe accederedes á gañlería de imaxes. |
Obradoiro para o xoves de comadres. |
O xoves 16 de febreiro, celébrase o Xoves de Compadres o que nos sitúa ás portas do Entroido. No noso colexio, os rapaces de 1º e 2º de Ed. Primaria están a elaborar os bonecos cos que protagonizan a tradicional loita de sexos. Pezas elaboradas con páxinas de xornais, papeis de cores e distintos complementos baixo a dirección de Sabela e o seu equipo contando coa colaboración do Concello de Ourense.
En Ourense sucédense os preparativos para a festividade do Entroido. Desta volta son os colexios os protagonistas. Os obradoiros que organiza o Concello para os xoves de Compadres e o de Comadres dan boa mostra da imaxinación dos máis pequenos. Os rapaces xa van preparándose para os días grandes do Carnaval.
Só precisan papel de xornal, outros de cores e, por suposto, imaxinación.
Agora só hai que agardar a que cheguen as carreiras e toda a diversión do Entroido. Nós, asistiremos, o xoves 23 de febreiro, ao "xoves de comadres" que se celebrará na Praza maior de Ourense organizado e dirixido por Sabela e o seu fabuloso equipo de traballo.
Na seguinte galería podedes obserbar o desenvolvemento do obradoiro realizado no noso centro.
A TVG filmou no noso centro o proceso de elaboración das comadres e compadres e publicouno nas novas do día 14 de febreiro.
Preme na imaxe para ver a nova na TVG
|
Música e cancións para Samaín |
Ideas musicais que nos poden ser de utilidade:
|
O claro do bosque |
O alumnado de 2º. 3º e 4º de Ed. Primaria realzou un libro ilustrado sobre a lenda "O claro do bosque" de Mónica Hughes que entregou á responsable da biblioteca do noso cole para que pasase a formar parte dos fondos documentais da mesma. Como todo bo libro, i este o é, ten unha película que reflicte o seu contido cunha calidade excepcional segundo os críticos do sétimo arte... |
Somos mensaxeiros da Paz | |
A message of Peace 2019 |
A MESSAGE OF PEACE Para conmemorar o día da paz, non atopamos xeito mellor que elaborar ao noso xeito, un cadro cheo de eyes que abren portas á paz e ao amor. Visionando o vídeo “A vivid message of peace from Yayoi Kusama” coñecemos a mensaxe de paz da artista xaponesa. https://www.youtube.com/watch?v=9WtEF94zwmM E seguindo as súas palabras … “EYES OPEN DOORS TO PEACE AND LOVE” Queremos que todos escoitedes ben alto a nosa voz: PEACE 平和 PAZ
|
Presentación do PDI O Xardín dos Deuses |
|
Novo recanto de lectura |
No mes de outubre creamos un novo recanto de lectura para o alumnado máis cativo co material que solicitamos á Consellería de Educación e que nesta ocasión nos foi facilitado. Agora, o alumnado dispón de novo mobiliario preto dos andeis onde se atopan os fondos destinados aos primeiros lectores.
|
My home, our home. The Prado Museum |
MY HOME, OUR HOME, THE PRADO MUSEUM Con este proxecto quixemos dar un paso adiante no coñecemento do Museo del Prado, como protector e fogar da arte ( de aí o título do proxecto ), coñecendo os seus arredores, a súa ubicación, as diferentes salas, as xentes que alí traballan, compartindo as sensacións que nos fan sentir os artistas e aprezalo como espazo cheo de vida. Descubrimos o que se atopa tras a porta secreta do Museo del Prado. Anímaste a abrila? Convertémonos en artistas creando as nosas propias obras de arte, elaboramos unha guía de lectura sobre o Museo del Prado, visitamos a exposición “O eco das amazonas” do artista Baldomero Moreiras na Sala Valente, construímos o noso recuncho da arte, organizamos visitas guiadas ao Sueiro Museum e recitamos a chant “Two Ms: Museums and Music”. WELCOME TO THE SUEIRO MUSEUM!!!
GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO REALIZADO No mes de abril realizamos unha visita á exposición "O eco das amazonas" do artista ourensánBaldomero Moreiras.
Na seguinte ligazón reflectimos as actividades realizadas nesta visita.
|
Contacontos CIFP Portovelo |
Na semana previa ao Día mundial da meteoroloxía, teatro e poesía o alumnado do Ciclo de animación do CIFP Portovelo realizou catro contacontos no noso centro, relacionados, todos eles, co tema dos PDI que se entán a desenvolver en Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de ED. Primaria.
O alumnado do CIFP Portovelo fíxoo xenial, e nós pasámolo moi ben. Temos que repetir!!!
|
O sabor da aventura está no mar |
Nos últimos tempos a diminución do consumo de peixe entre os nenos e nenas da nosa comunidade autónoma é unha realidade. É por iso que a Xunta de Galicia, consciente desa realidade, deseña actuacións que buscan o establecemento de medidas que faciliten o coñecemento e consumo de produtos do mar, co dobre obxectivo de incidir e equilibrar as axudas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca de Galicia. O noso cole participou, no mes de xaneiro, nun dos obradoiros que e Consellería do Mar realiza nos centros educativos galegos. Dun xeito lúdico, coñecimos os principais nutrientes que nos aporta o pescado e descubrimos varias receitas con peixe que son fáciles de realizar. |
Grúas pola Paz |
O simbolismo da grúa.
A grúa, unha ave venerada en todo Xapón. A aura de espiritualidade que rodea á figura da grúa é famosa no Oriente. Esta estilizada ave resalta pola súa elegancia e por estar cargada dunha serie de boas connotaciones que a fixeron ser parte integral da cultura nipona. A grúa xaponesa, é unha singular ave zancuda de máis dun metro de alto, agudo pico, longo pescozo, cabeza cun tinte vermello, extensas ás e propietaria dun fermoso plumaxe branco e negro que a destaca fronte aos seus outras irmás plumíferas. Os seus movementos elegantes, a súa axilidade e a súa forte reacción ante o perigo, foron inspiración durante centos de anos para os seguidores das artes marciais e artistas da pintura, literatura e poesía. Unha das primeiras características que os filósofos orientais exaltaron nesta fermosa ave é a lonxevidade. Algúns estudos falan dunha idade promedio de 40 anos, o cal para unha ave é un rango bastante considerable. No antigo Xapón, o feito de vela regresar cada ano trala súa migración fixo crer que podía chegar a vivir ata 1.000 anos. En textos da antiga Chinesa aparece relacionada aos sabios máis anciáns, a quen acompañaba de cerca na procura do seu longo camiño espiritual. Distribuída na illa de Hokkaido, ao norte de Xapón, a grúa ademais é famosa pola súa fiereza ao momento de defender o seu niño ante posibles atacantes como os corvos e as aguias. Grazas a esta calidade a xente considéraa un animal A Grúa o paxaro de Apolo É a grúa unha ave que se asocia coa vida e a lealtade cara ao seu compañeiro, fermosa á vista humana e de gran fortaleza. A gran importancia que adquiriu esta ave para os xaponeses permitiulles crer que si unha persoa logra facer ao redor de mil grullas, poderá cumprir o seu soño máis preciado. Deste xeito, a grua foise convertendo, ao longo de todo o Afastado Oriente, nun paxaro de bo augurio. Recoñecida hoxe con varios nomes, entre eles: “a ave da felicidade”, “a grúa celestial”, “a ave da paz”. Logo da Segunda Guerra Mundial, en Xapón, comezou a desenvolverse a técnica de origami e isto fixo que a grúa en papel convertésese nun símbolo de paz e esperanza. Poderiamos pensar na grúa como un símbolo de elegancia, sabedoría, paz e amor por toda a vida. De acordo ao exposto nalgunhas lendas, é a grúa o paxaro máis antigo da terra, captando sempre a atención humana pola súa beleza e gran intelixencia.
|
Calendario de advento |
O alumnado de 1º e 2º elaborarou nun traballo colaborativo, nas clases de educación plástica, un calendario de advento que, posteriormente, empregamos para facer a conta atrás dos días que faltan para a chegada do Nadal. Para darlle un pouco de emoción, cada día, na Hora de ler, iamos ao calendario para facer a lectura do reto sorpresa dese día. Adiviñas, valores, ordes, xogos, bailes… foron varios dos retos que fomos superando día tras día. Pasámolo xenial esperando a chegada do Nadal!! |
Premiados nas postais de Nadal |
Este ano, no concurso de postais de Nadal realizado polo EDL do cole, resultaron escollidas, para felicitar as festas desde o colexio, as realizadas por Pablo e Aldara.
Como en anos anteriores, o alumnado de Ed. Infantil participou no concurso que convocou o Colexio de economistas de Ourense. O alumno Ían do cole obtivo un accesit polo seu traballo. |
Mariángeles Ibernón Valero na nosa biblioteca |
O venres, 7 de outubro, tivemos o privilexio de contar na nosa biblioteca coa poetisa murciana Mariángeles Ibernón Valero, grazas á colaboración do Círculo Poético Ourensán. Os nenos e nenas do centro déronlle a benvida cos poemas "El sol perezoso" e "Helado de turrón" e cun elaborado por nós mesmos que chegou a emocionar á autora e a moitos dos presentes no acto ao soar a música de fondo do seu amigo Moy Gomar. Durante o encontro, Mariángeles respondeu amablemente á morea de cuestións que o alumnado lle prantexou relacionadas coa súa vida e obra que previamente traballaran nas aulas. Ademais das moitas cousas que xa sabiamos dela, descubrimos que lle gusta o mar, pero que non sempre foi así... que a súa cor favorita é o azul... que comezou a escribir desde moi nova grazas ás ensinanzas da súa nai... o motivo polo que ás súas sobriñas lle chaman Tata chula... que o seu primeiro poema foi "La sirena"... que lle gusta a poesía de Quevedo... que estudou arquitectura, aínda que só exerceu para facer a súa casa...e o máis importante que se sinte moi feliz e non sabría vivir sen "as letras"... Coa súa axuda, recitamos varios poemas do seu poemario "Me dibujas un verso". Como remate final do encontro, deixounos un encargo lírico que pronto vos mostraremos nesta web. GALERÍA DE IMAXES
Mariángeles deu os "Buenos días" no seu Facebook dándonos as grazas pola acollida recibida na nosa biblioteca.
|
24 de febreiro, Día de Rosalía |
O pasado 24 de febreiro conmemoramos o aniversario de Rosalía coa realización de diversas actividades:
|
Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja no Sueiro |
O 2 de outubro contamos coa presenza, na biblioteca do noso centro, dos poetas mexicanos Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja, chegados desde o estado de Miochacan para participar no "VI encontro internacional de poesía" que tan ben organiza o Círculo de poesía Ourensán. Ao longo de toda a semana estivemos pescudando información sobre a vida e obra destes poetas e todo o alumnado do centro traballou na "Hora de ler" o conto de Carlos Ruvalcaba titulado "A mariposa bailarina" que nos describe a viaxe que todos os anos realiza a bolboreta monarca desde os bosques de Miochacan ata Canadá en busca de alimento e bo clima. Para recibilos, o alumnado de 5º curso, representou, con monicreques, a obra titulada "Una hambrienta oruga" sobre o ciclo de vida das bolboretas. Ao remate da obra, dúas alumnas déronlle a benvida aos poetas coa recitaxe dun poema creado por nós. Posteriormente o alumnado de 5º e 6º curso participou nun obradoiro de poesía que maxistralmente dirixiron os poetas mexicanos coa recitaxe de fermosos poemas e contos orixinais deles mesmos, entre os que destacamos o poema mi “Mi angel” que Belén lle dedicou a súa nai e o conto do “León e a súa sombra” co que Carlos nos ensinou que non lle hai que ter medo ás cousas que non lle hai que ter medo. Durante o encontro, o alumnado someteunos a unha gran batería de preguntas que eles responderon amablemente ao longo de máis dúas horas que se nos pasaron rapidísimamente.
Descubrimos moitas cousas deles: Que a súa comida favorita son os tacos e que de Galicia gústalle moito o marisco, que raro!!. Belén é a primeira vez que ven a España e Carlos traballou fai anos de corresponsal de prensa en Madrid para un xornal mexicano, e desde aquela fíxose un siareiro do Atlético de Madrid. Chamoulles moito a atención a limpeza das nosas rúas e a pouca contaminación que se observa nas cidades. Respecto ao clima, están encantados co clima de Miochacan xa que non é tan estremo coma o noso. Alí tamén chove moito, o que fai que teñan un clima moi húmido. Ámbolos dous son poetas porque, para eles, a poesía é unha forma de expresar os seus sentimentos e o que pasa na vida ao seu redor. Carlos díxonos que el sinte necesidade de escribir poesía. Os dous nos confesaron que levan sempre un caderno para anotar todas aqueles sucesos que lles ocorren ao longo do día e lle producen inspiración. Se non o anotan, din que o esquecen. O libro favorito de Belén é “Lámpara de sueño” de Leticia Cortés, e Carlos díxonos que lle gusta moito a poesía do escritor portugués Fernando Pessoa. Para rematar Carlos deixounos uns contos seus para que os traballásemos no cole: “La ranita muda” e un inconcluso que nos dedicou e que nós mesmos teremos que rematar. Antes de despedirse, fixéronnos dedicacións personalizadas, a todos e todas os/as presentes, en marcapáxinas dos "VI encontros de poetas"
Desde estas páxinas, dámoslle as grazas aos dous poetas polo seu tempo, e ao Círculo poético ourensán, xa que sen a súa colaboración estes encontros non serían posibles.
|
Samaín 2020 |
O 30 de outubro celebramos no centro a Festa do Samaín dun xeito distinto ao de anos anteriores. A posta en escena das actividades realizadas logrou que o alumnado voltase a disfrutar de momentos de felicidade no tempo de lecer, demostrando, así, que é posible compaxinar actividades colaborativas e participativas co protocolo COVID. A xornada comezou coa representación dun contacontos polos dos nenos e nenas de sexto curso titulado "Violeta quere ser vampiro", para todo o alumnado do centro. Para que esta actividade resultase segura, fixéronse tres pases ao longo da mañán, na sala de psicomotricidade. Despois do teatro, realizamos unha merenda terrorífica a base de doces coa forma dos protagonistas desta festa: pantasmas, morcegos, casas do terror... Aproveitamos o recreo para realizar un desfile de moda fantasmagórica amenizada por unha parella moi especial de speakers. Como colofón ao desfile, toda a comunidade educativa participou en varias coreografías de cancións propias desta celebración. Pasámolo xenial!!
|
Formación no Segundo Ciclo de EP |
O alumando de segundo ciclo realizou no primeiro trimestre as seguintes actividades:
|
Libros que van e veñen 2020/2021 |
Na semana das bibliotecas escolares puxemos a funcionar, un ano máis, a actividade de animación á lectura: "Libros que van e veñen". Empregamos as novas bolsas/mochila que nos achegaron desde a asesoría de bibliotecas da Consellería de Cultura, educación e universidade. Todos os venres, o equipo de biblioteca prepara as bosas para que os nenos e nenas difruten da lectura en tempo de lecer coas súas familias. BOA LECTURA PARA TODAS E TODOS!!! |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »