Na última semana de outubro realizamos a xa tradicional exposición de cabazas decoradas para celebrar o Samaín que o alumnado do centro preparou nas súas casas coa axuda da súa familia.
Na seguinte galería podedes gozar coa enorme creatividadee imaxinacióndos seus traballlos.
Na última semana de outubro realizamos a xa tradicional exposición de cabazas decoradas para celebrar o Samaín que o alumnado do centro preparou nas súas casas coa axuda da súa familia.
Na seguinte galería podedes gozar coa enorme creatividadee imaxinacióndos seus traballlos.
Representación, en teatriño de monicreques, da obra "O fantasma burlón" a cargo do alumnado de 3º de Ed. Primaria. Dita obra saiu publicada en Telemiño.
A biblioteca xa está preparada para celebrar o Día das bibliotecas escolares amosando unha exposición de lecturas de medo, posto que estamos ás portas do Samaín e Halloween.
Animámosvos a que difrutedes destas lecturas nas vosas casas en compañía das vosas familias.
O 30 de outubro celebramos no centro a Festa do Samaíndun xeito distinto ao de anos anteriores. A posta en escena das actividades realizadas logrou que o alumnado voltase a disfrutar de momentos de felicidade no tempo de lecer, demostrando, así, que é posible compaxinar actividades colaborativas e participativas co protocolo COVID.
A xornada comezou coa representación dun contacontos polos dos nenos e nenas de sexto curso titulado "Violeta quere ser vampiro", para todo o alumnado do centro. Para que esta actividade resultase segura, fixéronse tres pases ao longo da mañán, na sala de psicomotricidade.
Despois do teatro, realizamos unha merenda terrorífica a base de doces coa forma dos protagonistas desta festa: pantasmas, morcegos, casas do terror...
Aproveitamos o recreo para realizar un desfile de moda fantasmagórica amenizada por unha parella moi especial de speakers. Como colofón ao desfile, toda a comunidade educativa participou en varias coreografíasde cancións propias desta celebración.