Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Entrega dos premios Club de lectura |
A sede do Ministerio de Cultura e Deporte en Madrid acolleu o mércores 8 de novembro a gala de entrega dos Premios aos Clubs de Lectura Escolar 2022-2023, un recoñecemento do Ministerio de Educación e Formación Profesional aos centros educativos que, como no caso do noso centro, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, promoven a lectura a través deste tipo de actividades. O director, o secretario e a coordinadora dos clubs de lectura do centro, recolleron o galardón que nos acredita como o segundo mellor club de lectura nacional na nosa categoría, en representación de todos/as lectores e lectoras do noso cole, os auténticos protagonistas do noso club de lectura. A entrega de premios correu a cargo da Directora Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial do Ministerio de Educación e Formación Profesional, dona Mónica Domínguez García. A encargada do discurso inaugural foi a poeta Raquel Lanseros, que afondou na importancia de fomentar a lectura e continuar con esa tarefa fermosa e chea de dificultades. A poeta Raquel Lanseros honrounos coa sinatura dun dos seus libros, “Dicen que no hablan las plantas”, para a nosa biblioteca escolar. Ademais, fíxonos especial ilusión saber que as súas raíces familiares se atopan en Verín, aínda que ela é nada en Jerez de la Frontera. Foi unha xornada chea de emocións e inquedanzas compartidas con centros de toda España que entenden, coma nós, que a lectura é berce de cidadáns críticos e entusiastas. Parabéns a todas e todos os membros do noso club de lectura! CONTINUADE A VIAXE QUE COMEZA SEMPRE NA PRIMEIRA PÁXINA DUN LIBRO E NON REMATA NUNCA NA ÚLTIMA, ... SEGUE CAMIÑO NA TÚA IMAXINACIÓN! |
||||||||||||||||
YOU´LL NEVER WALK ALONE 2018 |
YOU´LL NEVER WALK ALONE
GALERÍA DE IMAXES
|
||||||||||||||||
Hora de ler. Curso 2018/2019 |
Este curso, continuamos realizando a Hora de ler todo o alumnado do centro ao mesmo tempo, nunha sesión estipulada no horario escolar lectivo, entre as 12:00 horas e as 12:20 horas, tocando o trimbre do colexio ao inicio e ao final da mesma. Parte das actividades realizadas ao longo do curso 2018/2019, na Hora de Ler, pódense ver na seguinte ligazón: Premendo nas seguintes imaxes podemos ver un resumo das actividades realizadas por cada curso:
|
||||||||||||||||
VIII xornadas de bibliotecas escolares |
O equipo de biblioteca do noso centro participou nas VIII xornadas de bibliotecas escolares que se desenvolveron no Pazo de Congresos de Santiagp de Compostela cunha ponencia titulada: "Aumentando a realidade, diminuíndo diferenzas"
|
||||||||||||||||
Concurso "Ciencia que conta" |
No mes de novembro o alumnado de 6º curso participou no concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia "Ciencia Que Conta". En xeral, tratábase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos. Neste libro recopilamos os traballos presentados polo alumado de sexto curso do noso centro, esperamos que sexan do voso agrado. |
||||||||||||||||
Ruliña |
O alumnado de 3º de Ed. Primaria do CEIP Manuel Sueiro de Ourense, coa colaboración das pandereiteiras de 6º, Estela e María, interpretaron a canción "Ruliña" con letra e música de Ana Sánchez-Brunete. Esta canción será presentada ao " II concurso nusical infantil "Quero cantar" que convocou a Deputación provincial da Coruña coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega, e a creatividade poética e musical. |
||||||||||||||||
Hora de ler de 2º de Ed. Primaria |
Ao longo do vindeiro curso levamos a cabo diversas actividades de animación á lectura na aula de segundo de Primaria. Vinte minutos diarios, recollidos no horario de aula, adicámolos especificamente ao tempo de lectura. Os libros que traballamos neste curso 2076 /17:
ACTIVIDADES
|
||||||||||||||||
Gamificando a Carlos Casares |
O alumnado de 4º de Ed. Primaria, durante a Hara de ler, realizou unha actividade de gamificación ou ludificación que tiña por obxecto avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo do mes de maio sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas: Carlos Casares. Nesta ocasión aproveitamos o potencial da ferramenta da web 2.0 de Kahoot, tamén dispoñible para dispositivos móbiles. O equipo de dinamización lingüística do centro elaborou un Kahoot con 20 items no que participou dito alumnado. Como premio final, fixemos entrega de diplomas para recoñecer o seu esforzo e dedicación. Ao remate de dita actividade realizamos unha sesión de avaliación e posta en común, sobre a mesma, e nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada, 10=Moito), o alumnado, valorouna cunha media de 9,4 puntos, sendo a moda da enquisa o valor 10. Visto o éxito volveremos a empregar esta metodoloxía noutras temáticas traballadas na aula. |
||||||||||||||||
Grazas |
O alumnado de 2º de E.P. seguimos disfrutando cos nosos contos favoritos. Esta vez foi Maia a que elixiu o seu: Grazas. Historia dun rueiro de Rocío Bonilla; conta a historia sobre a convivencia e as relacións humanas. Unha historia sobre todos nós. Por mor dunha avaría inesperada, a vida do rueiro vai mudar totalmente. Grazas á curiosidade e á empatía, os veciños e veciñas van chegar lonxe, moi lonxe. E farano xuntos. A partir do conto, ademais de desfrutar da súa lectura, traballamos a comprensión e a descrición dos seus personaxes (como son, como van vestidos, que é o que lles gusta facer…) e aproveitamos esa actividade para coñecernos nós e que nos coñezan un pouco mellor os nos@s compañeir@s. O conto tamén tiña un xogo co que o pasamos moi ben.
|
||||||||||||||||
PDI do curso 2022/2023 |
Este curso o título do noso proxecto de biblioteca foi “No Sueiro o planeta ten mellor pinta, porque traballamos xuntos a Axenda 2030”, fundamentado na liña de traballo proposta desde Bibliotecas escolares “ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR”, tratando de pór o foco en todas as formas de escritura promovidas desde a biblioteca escolar: como medio de comunicación, expresión creación, información e coñecemento… A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por áreas, cursos, etapas, a todos os membros do claustro, e involucrou a todos os membros da comunidade educativa. Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nas diferentes píldoras desta entrada: |
||||||||||||||||
Perigo vexetal |
Durante o mes de marzo e abril o alumnado de 4º curso traballou no Club de lectura o libro do ourensán Ramón Caride, escritor de San Cristovo de Cea, titulado Perigo vexetal. O libro é una novela de aventuras ecolóxicas ambientada entre o pasado e o futuro. Os seus protagonistas, Sheila e Said, buscan información sobre unha planta que acabará coa fame no mundo. A lectura serviunos para introducirnos no traballo das plantas como seres vivos. Fixemos un semilleiro na clase e despois plantamos as pequenas plantas producidas na nosa horta escolar. Agora xa só nos resta coidala para que sexa produtiva!!
|
||||||||||||||||
Alas de mosca para Angel |
No mes de decembro, o alumnado de 6º curso participou no concurso de animación á lectura sobre o libro de Fina Casalderrey, traballado na Hora de ler, titulado "Alas de mosca para Ángel". Unha fermosa historia que nos fai pensar sobre o difícil que pode resultar a integración pero cunha lenguaxe sinxela e emotiva. Sinopse do libro: Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón. Pasámolo xenial demostrando o noso coñecemento sobre o contido do libro. Esta vez as puntuacións acadadas polos diferentes grupos estivo moi igualada ata a última pregunta.
|
||||||||||||||||
Protocolo COVID para o uso da biblioteca |
Na seguinte presentación podedes observar o protocolo que Leo vos explica, para o uso da nosa biblioteca ao longo do curso 2021/2022: |
||||||||||||||||
PDI curso 2023/2024 |
No noso cole, O planeta ten mellor pinta! Un proxecto cooperativo que deu continuidade ao PDI do curso 2022/2023 para traballar a Axenda 2030 ao longo de todo o curso 2023/2024. Temos o pracer de compartir o éxito do seu proxecto de biblioteca "No Sueiro, o planeta ten mellor pinta, porque traballamos xuntos a Axenda 2030". Baseado na liña de traballo proposta por Bibliotecas Escolares "UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS", aproveitando as posibilidades da banda deseñada na aprendizaxe curricular a maiores do goce lector. A proposta volveu a consistir nun proxecto cooperativo que implicou a toda a comunidade educativa: alumnado de todas as áreas, cursos e etapas, todo o claustro e as familias. Partindo da biblioteca, o proxecto estendeuse por todo o centro, creando un ambiente de aprendizaxe colaborativa e enriquecedora. Unha aprendizaxe integral para un futuro sostible A través de diferentes actividades, os estudantes exploraron os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Leron libros, escribiron historias, crearon poemas, deseñaron carteis e realizaron presentacións multimedia, todo co obxectivo de comprender a importancia da sostibilidade e o desenvolvemento responsable. Fomentando a creatividade e a colaboración O proxecto "No Sueiro, o planeta ten mellor pinta" non só fomentou a aprendizaxe sobre os ODS, senón que tamén despertou a creatividade e a colaboración entre os estudantes. Os nenos e nenas traballaron xuntos en equipo, compartindo ideas e desenvolvendo habilidades de comunicación e traballo en equipo. Un éxito rotundo O proxecto foi un rotundo éxito, tanto pola participación da comunidade educativa como polos resultados acadados. Os estudantes adquiriron unha valiosa comprensión dos ODS e desenvolveron un forte compromiso coa sostibilidade. Ademais, melloraron as súas habilidades de escrita e comunicación, e aprenderon a traballar xuntos de maneira efectiva. Sentímonos orgullosos por este proxecto e pola súa contribución á educación para o desenvolvemento sostible. A biblioteca escolar seguirá a ser un espazo clave para fomentar a lectura, a escrita e a creatividade, e para inspirar ao alumnado a construír un futuro mellor para todos. Parabéns a toda a comunidade educativa por este gran logro! Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nas diferentes píldoras desta entrada:
|
||||||||||||||||
Santa Bárbara de Robert Campín |
A clase de 5º realizou unha visita moi especial ao Museo de "El Prado": Percorreron as salas do museo nunha tarde de treboada e algo máxico ocorreu na sala 55. |
||||||||||||||||
Día da Paz 2016 |
Ao longo da semana do Día da Paz traballamos nas aulas con recursos educativos compilados polo equipo de biblioteca. O alumnado de 5º e 6º curso traballou sobre o exilio e as diferenzas culturais a través da unidade didáctica "La pequeña Carlota"de ACNUR. O alumnado de 2º traballou sobre o respecto, a educación e a tolerancia. O alumnado de 3º e 4º volveu a traballar sobre a historia de Malala e a súa defensa da educación para todo o mundo. Unha das actividades centrais foi a interpretación da canción BLOWIN IN THE WIND de Bob Dylan polo alumnado de 1º,2º,5º e 6º na biblioteca do centro. |
||||||||||||||||
Mochilas viaxeiras |
No curso 2019/2020 estiveron en funcionamento 7 mochilas viaxeiras, e dicir, unha por cada classe do cole. Como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir. Todas as mochilas inclúen “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila o dos libros lidos. Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas. Para a maioría das familias resulta ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Foi unha mágoa que a partir de mediados do mes de marzo non puideron funcionar. |
||||||||||||||||
Exposición de calacús 2016 |
O xoves 27 de outubro celebramos no centro a festa do Samaín, coa entrega de diplomas a todos os participantes na exposición de calacús que tivo lugar, nos corredores do colexio, ao longo de toda a semana. Hai que destacar o espectacular nivel dos traballos presentados e a elevada porcentaxe de participación da comunidade educativa nesta tradicional festa do noso centro. Na galería de imaxes podedes observar as verdadeiras obras de arte que nos achegastes... ...moitos parabéns a todas e todos!! Imaxe con realidade aumentada (Pasos a seguir) |
||||||||||||||||
Preparando o Día das bibliotecas |
Comezamos a quentar motores para a celebración do Día das bibliotecas na última semana do mes de outubro. Realizamos as seguintes presentacións para axudar a preparar as actividades que realizaremos na biblbioteca escolar durante este mes.
FORMACIÓN DE USUARIOS
|
||||||||||||||||
Animación á lectura: "Alas de mosca para Ángel" |
O 4 de Febreiro realizamos na hora de ler, ca colaboración do titor, o xa tradicional concurso de animación á lectura co alumnado de 6º. Nesta ocasión sobre o libro Alas de Mosca para Ángel de Fina Casalderrey. Estrela, unha nova alumna de sexto de primaria, produce certas incomodidades os compañeiros polo as súas actitudes e o coidado especial que require. Pero a súa reacción ante a noticia dun secuestro conmoverá os seus compañeiros de clase, a súa familia e a a opinión pública demostrando que, por encima das diferenzas de ideas ou capacidades, o máis importante é ter un gran corazón. A novela é a crónica da vida dunha aula cos problemas, acordos e acitudes dun grupo onde todos se coñecen, e a nova alumna ven a desbaratar a súa comodidade. Unha historia tenra, con toques de atención a conciencia e secuestros, onde inocencia, aceptación e ver mais alá das diferenzas, os leva o que creían imposible. O equipo gañador levou como premio , un exemplar do libro O brazalete Máxico de Rocío Rueda, e o resto do alumnado un pequeno presente pola súa participación e implicación no desenrolo do concurso. |
||||||||||||||||
Día do bico |
O 13 de abril celébrase o Día Internacional do Bico e os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria traballamos sobre esta celebración. Para elo, partindo do conto ¿De qué color es un beso? cada un foi dicindo a cor da que cre que son os bicos: vermellos, verdes, de moitas cores, depende da persoa a que llo deamos... foron algunhas das ideas que saíron. A continuación lemos o conto nomeado anteriormente e despois da lectura fixemos un debate sobre como podemos dar bicos na actualidade debido á situación de COVID-19. Podemos bicarnos dicindo "quérote", lanzando bicos coa man ou virtuais, facendo xestos coas mans... Para finalizar a actividade, cada un coloreou o seu bico coa cor ou cores coa que o identifica e engadiu a súa forma de bicar na actualidade. |
||||||||||||||||
Agua e saneamento |
“POR UN MUNDO CON MELLOR PINTA , CON LEO TRABALLAMOS A AXENDA 2030 ” Neste curso 2022/2023, o P.D.I. continuou co coidado do medio ambiente e , polo tanto , traballamos diversas áreas para favorecer un mellor estado do noso planeta. Sen embargo a temática neste curso para os alumnos de 3º curso centrouse no VALOR DA AUGA ( ODS 6. AGUA E SANEAMENTO ) para o noso planeta. Garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga e o saneamento para todas las persoas. A garantía do subministro de agua en cantidade e en calidade suficientes é fundamental para el desenrolo da sociedade e para a loita contra a pobreza e as enfermidades en calquera parte do mundo. O carácter transversal da agua fai que sexa un recurso fundamental para o desenrolo sostible a nivel económico, social e ambiental. A agua é, polo tanto, unha realidade económica e un recurso imprescindible no mantemento dos ecosistemas, pero sobre todo é un dereito esencial para a vida e a dignidade dos seres humanos. O grupo de 3º de Educación Primaria centrouse en diversas accións que permitirán mellorar o noso medio ambiente, para elo utilizamos diversos materiais entre os que se encontraron os seguintes: Libros da hora de ler durante o curso escolar 2022/2023:
Número de sesións: Unha por quincena. Temporalización:
Metodoloxía: Traballamos a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno fose capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiámonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado. Contribución ás competencias básicas e transversais e competencias claves da unión europea: O desenvolvemento desta unidade contribuiu ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial á Competencias sociais e cívicas xa que llos diferentes coñecementos que desenvolvemos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dotoulles das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida. Obxectivos xerais:
Obxectivos específicos:
Contidos:
|
||||||||||||||||
A castaña que rebentou de risa |
O alumnado de 6º de primaria representou na sala de psicomotricidade o coñecido conto "A castaña que rebentou de risa" que figura recollida na nosa web e cunha adaptación teatral realizada polas mestras e alumnado da aula de apoio. Debido ás medidas implantadas polo protocolo COVID tiveron que realizar tres pases da función: un para educación infantil, outra para primeiro e segundo e unha terceira para o resto do alumnado.
|
||||||||||||||||
Exposición magosto 2019 | |||||||||||||||||
Expurgo dos fondos de lectura |
Este curso, no mes de setembro, aproveitando que desmontaramos a biblioteca para repintala, realizamos un espurgo bastante importante daqueles fondos que estaban desactualzados ou que o seu deterioro non permitía a súa recuperación. Neste traballlo de espurgo participaron todos os ebros do equipo de bibliotecas, coa colaboración do alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »