Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
FROM ODENSE TO FUNABASHI |
O alumnado de 4º E.P. aportou ao PDI de centro un proxecto no que unimos a cidade de Odense coa de Funabashi en Xapón, na que se encontra un parque adicado a Hans Christian Andersen. As dúas cidades están irmanadas grazas ao autor danés. Co noso autobús da compañía CDU, collemos a liña 3 que percorre as ciencias sociais, a liña 8 que transita polas rúas da literatura, e a liña 9 que organiza as viaxes. Esta asociación de Dinamarca co Xapón nos serve para complementar o proxecto da área de plástica nas sección bilingües adicada á artista Yayoi Kusama e Xapón. |
Hora de ler de 3º Ed. Primaira |
Como estaba programado, suxerimos e planificamos as actividades que tiñamos recollidas no proxecto inicial na súa meirande parte. En ditas actividades houbo moi boa resposta, acadando os obxectivos propostos, cun grao de cumprimento satisfactorio. En definitiva acadamos en gran medida os obxectivos que nos propuxemos ao inicio do curso, e as actividades que propuxemos tiveron unha gran resposta por parte de todos. A hora de ler realizouse todos os días, durante os vinte minutos posteriores ao recreo. Dedícanse á lectura en todas as aulas. Trátase dunha actividade regrada e recollida no horario escolar na que participa todo o alumnado e profesorado do centro. A miña hora de ler é con 3º de Educación Primaria, os martes e mércores de 12 a 12’20h. Neste curso, levamos a cabo diversas actividades de animación á lectura na aula de terceiro de Primaria.
Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca. En terceiro, escollemos o tema dos xogos viquingos e tradicionais danesas. Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama. Fixemos lecturas colectivas dos libros:
|
Xogos viquingos |
Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca. Nós, escollemos o tema dos xogos viquingos e tradicionais daneses. Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama. Fixemos lecturas colectivas dos libros:
Fixemos debuxos sobre as lecturas, compilamos o vocabulario que non coñeciamos nun dicionario. Realizamos comprensións lectoras, recreamos xogos tradicionais de Dinamarca como da época dos viquingos. E buscamos información empregando as TICS. Realizamos lecturas dirixidas onde aprendemos un pouco da historia dos viquingos e a que xogaban de pequenos e o comparamos cos xogos tradicionais daneses. Xogos vikingos como:
Xogos treadicionais daneses como:
|
Pescudando e fedellando con "Dédalo e Ícaro" |
O alumnado da aula de apoio e de 2º, 3º de Ed. Primaria dentro do proxecto “Aprendendo a través de mitos” realizou un traballo de documentación sobre o mito de “Dédalo e Ícaro”. Primeiro, buscamos na rede as versións existentes deste mito. Entre todos elaboramos unha nova versión que foi coa que traballamos na Hora de ler durante o primeiro trimestre. Con esta versión final, fixemos un reparto de escenas entre todos os participantes e cada un encargouse de debuxala en tamaño A4. Posteriormente escaneamos todas as imaxes que elaboramos do mito de Dédalo e Ícaro e montamos unha curta con el. Nos mesmos nos encargamos de pórlle voz á curta, empregando o programa de Audacity. Asemade, con ditas voces tamén elaboramos un podcast co mito que subimos á nosa conta en Soundcloud. Nas seguintes ligazóns podedes observar os produtos obtidos:
|
Erik y Harald, guerreros vikingos |
No mes de xuño, o alumnado de 5º curso de Ed. Primaria participou no derradeiro concurso, deste ano, de animación á lectura que realizan sobre os libros traballados durante a Hora de ler. Nesta ocasión, traballaron sobre o libro de Brigitte Évano titulado: “Erik e Harald, guerreros viquingos” que nos serviu para reforzar as aprendizaxes adquiridas sobre os viquingos no proxecto documental deste curso. Erik e Harald son dous guerreiros viquingos, primos entre si, que saen nos seus barcos en direccións opostas para ver quen traerá o maior tesouro. A historia ten lugar ao redor do ano 1000. No camiño loitan con piratas, lobos e outras culturas, o que fai que o camiño dos tesouros sexa difícil. É un libro moi divertido co que podemos descubrir aspectos da cultura e da vida desta temida xente: o seu comercio, os seus rituais funerarios, a súa comida que nos mostra que era unha xente ruda, pero civilizada e gran coñecedora do mar. A historia está acompañada de xogos e datos sobre a súa cultura, que completan a visión dos viquingos. O equipo gañador do concurso levouse como premio o libro de Ledicia Costas: "As peripecias de Extravaganza Pérez", que será co que comecemos no Club de lectura do próximo curso. |
Celebración do Samaín 2019 |
O 30 de outubro celebramos a Festa do Samaín no noso colexio. A maioría do alumnado e profesorado acudiu disfrazado ao centro. O equipo de biblioteca decorou a biblioteca para que esta puxese en contacto o mundo dos vivos e dos mortos tal como nos di a lenda do Samaín. Por ela desfilaron todas aquelas persoas que o desexaron, algunhas pasárono tan ben que se animaron a repetir esta experiencia. O alumnado de sexto de Ed. Primaria foi o encargado de darlle ambiente a este espazo de de conexión co máis alá que ten lugar na noite de Samaín. Previamente, toda a comunidade educativa participou nun flash movie, coa interpretación da canción Monster Mash, para unir as festas do Samaín e do Halloween.
|
Desfile Entroido 2020 |
O venres de Entroido realizamos desfile de disfraces no polideportivo do noso centro ante unha gran afluencia de familiares do noso alumnado. Este ano participamos con catro comparsas relacionadas co PDI que cada unha delas está a desenvolver nas súas aulas:
Na galería de imaxes podedes revisar o resultado do gran traballo desenvolvido nas aulas polo alumnado en colaboración seu profesorado. |
The Blue Fairy |
THE BLUE FAIRY Despois da súa visita no día das bibliotecas, na que a Blue Fairy presentounos aos seus amigos. Os máis peques do cole aprenderon xunto a ela a importancia da calma e do bo pensar. Ademais, coñecemos a todos os seus amigos: cat, dog, rabbit, deer, bear and hedgehog. Se te fixas ben, todos eles teñen algo blue... Serás quen de atopalo? Subidos ao seu elephant disfrutamos dunha viaxe apaisoante polo mundo das emocións. E a tarxeta leva agochada unha sweet surprise. NAMASTÉ BLUE FAIRY! |
Estación meteorolóxica de Leo |
A finais de novembro, e grazas a colaboración de varios membros da comunidade educativa do cole, foi instalada a nova estación meteorolóxica do CEIP Manuel Sueiro. Dita estación está situada na zona norte do colexio nunha parte despexada do recinto para recoller coa mallor precisión posible os datos meteorolóxicos do noso barrio. Os rexistros que cada día indiquen os aparellos da estación, serán reflectidos na nosa web e na web oficial que Meteogalicia pon a disposición dos centros que participan no programa de Meteoescolas. De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro. |
Emocionario |
Dentro do Programa de estimulación oral (PELO), levado a cabo dende a aula de audición e linguaxe cos alumnas e alumnas de Educación Infantil, destinouse durante este trimestre unha parte das sesións ás emocións. Co fin de identificar, vivenciar, expresar e axudar a xestionar as diferentes emocións que poden vivir no seu día a día, realizáronse diferentes actividades:
|
Por que morren tantos peixes? |
POR QUE MORREN TANTOS PEIXES? Na aula de 3º de Ed. Primaria, fixemos as seguintes preguntas Que?, Quen?. Como? e Por que? Estas foron as preguntas que deron inicio ao noso traballo no PDI. No mural que representaba o noso proxecto reflectimos de forma gráfica a resposta ás mesmas. Estudamos neste curso a contaminación de rios e mares e tratamos de dar explicación a estas, e outras preguntas. Sabemos o que podemos facer individualmente, nas nas nosas casas, para evitala. Estivo presentes en todalas areas do curriculo de 3º de primaria e nas distintas actividades levadas a cabo. Partimos dos coñecementos previos do alumando e acadamos os seguintes obxectivos:
Ao longo do curso, as principais actividades realizadas foron as seguintes:
|
O Libro de cores xa está en marcha |
O Libro de cores xa está en marcha...anímate a participar... Estás a tempo!! Podes achegar as túas creacións mentres dure o estado de alarma |
VI concurso de Poesía do Círculo poético ourensásn |
A finais de abril, dúas alumnas do noso centro resultaron finalistas no VI concurso de poesía Círculo poético ourensán convocado para todo o alumnado da provincia de Ourense. Nesta edición o lema escollido foi “Sentimentos na escola”. Os 20 mellores poemas serán publicados na Antoloxía: “Sentementos na escola” que será entregada aos gañadores na próxima edición do concurso. Moitos parabéns para Sandra e Nicole de 5º de Ed. Primaria!! |
Libros que van e veñen 2019/2020 |
O alumnado de Ed. Infantil continuou levando para as súas casas as bolsas do programa "Libros que van e veñen" todos os venres do curso ata a chegada do estado de alarma.
|
Antón comodón |
O día 3 de abril o alumnado de Ed. Infantil asistiu á unha representación de monicreques no Auditorio de Ourense titulada "Antón comodón". Nesta ocasión contáronnos a historia de Antón, a quen de neno na súa casa facíanlle todo, non facía falta que aprendese nada se el non quería. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facelo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e foise a vivir ás illas verdes?. Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin atarse os zapatos, nin tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu empezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto, buscando as illas verdes. Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ao seu axudante deuse conta que aprendera tanto que era capaz de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carro de xeados, como dous bos amigos. Pasámolo xenial!!
|
Visita do alumnado do CEIP de Pazos de Reis |
O día 22 de maio o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou unha convivencia intercentros co alumnado do CEIP de Pazos de Reis de Tui. Con dito alumnado, levamos coordinándonos ao longo deste curso para comparar os datos metereolóxicos de Tui cos de Ourense. Ata hoxe, só coñeciamos aos nosos compañeiros e compañeiras de Tui virtualmente, por fin lles puxemos cara!! A viaxe para eles comezou moi cedo, pola mañá, transladáronse en tren desde Tui ata Ourense. Unha vez que chegaron ata o noso centro, fixémoslles de guía pola cidade de Ourense. Visitamos as fontes termais das Burgas e puideron comprobar en situ a temperatura á que emana a auga. Continuamos cunha visita ao casco histórico de Ourense con parada na Catedral e visita ao Pórtico do Paraíso. Continuamos polas rúas da zona vella para visitar a fonte da Praza do Ferro. Comezamos o camiño de regreso, ata o noso centro, cunha parada de descanso na Praza de Vigo. Unha vez que chegamos ao centro, xantamos todos xuntos na nosa biblioteca intercambiando impresións para coñecernos mellor Antes de despedirnos, fixéronnos un agasallo, a todos e todas nós, polo que lles estamos moi agradecidos. Foi unha experiencia xenial... ...Hai que repetila!! |
GRAVANDO AUDIOLIBROS |
O club de lectura de 5º de Educación Primaria (Sueriños) gravou diferentes libros en formato audio para que os compañeiros e compañeiras que aínda non teñen acceso á lectura poidan desfrutar do pracer e das emocións que produce ler un libro. 1. Mi nombre es Skywalker de Agustín Fernández Paz da Editorial SM.
|
Quedada sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia. |
O último día do mes de maio, realizamos un encontro na biblioteca, con todos os membros do club de lectura para cambiar impresións sobre o libro traballado ao longo do terceiro trimestre: Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia de Jordi Sierra i Fabra. A ampla participación de todos os seus membros fixo que o encontro fose moi produtivo xa que aproveitamos a ocasión para abordar varios temas de conservación do medio ambiente que levamos traballado ao longo do curso desde o noso PDI. A experienncia foi moi enriquecedora. Xa estamos desexando que volva a comezar o novo curso para pór a rodor de noov o Club de lectura. |
Un selo para Ourense |
O 21 de abril a alumna do noso centro, Yadira Gabarri Vázquez, acudiu ao Auditorio Provincial de Ourense para recoller o premio recibido no concurso de debuxo “Un Selo para Ourense”, que organizou a Concellería de Educación en colaboración con Correos. Hai que destacar o traballo presentado por Yadira, xa que segundo os membros do xurado da Organización o nivel amosado nesta edición, por todos os participantes ,foi moi alto, tanto en número como en calidade. Moitos parabéns para Yadira!! |
Xela Arias | |
Mochila viaxeira de 6º de EP |
O curso escolar 2022/2023 o alumnado de 6º Educación Primaria curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 6º curso de Educación Primaria, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila. O material que acompaña a mochila do alumando de 6º curso de Educación Primaria foi o seguinte. 1º mochila:
El último curso en Torres de Malory. RBA 2º mochila:
Megatoxos e os templarios da luz. Ed. Xerais.
Quinto grado en Torres de Malory. RBA Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios. |
Construíndo veleiros |
Embarcándose no coñecemento: o alumnado de 5º crea veleiros. Nunha emocionante actividade, chea de creatividade e aprendizaxe, o alumnado de 5º de Ed. Infantil embarcouse nunha experiencia única construíndo pequenos veleiros con gomaeva. Deseñada para estimular a imaxinación e a aprendizaxe práctica, esta actividade non só foi divertida, senón que tamén contribuíu ao desenvolvemento de habilidades críticas. A actividade, realizada no marco do currículo centrado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), concretamente o ODS 14 que aborda a vida submarina, tivo como principal obxectivo fomentar a experimentación e o xogo simbólico entre o alumnado. Os ilusionados nenos e nenas mergulláronse na tarefa de deseñar e construír os seus propios veleiros mediante a gomaeva, un material versátil que permitiu a libre expresión da súa creatividade. Durante o proceso, os nenos e nenas, ademais de desenvolveron a motricidade fina, tamén se viron inmersos nun espazo de xogo colaborativo e enriquecedor. A actividade non só se limitou á creatividade e á destreza manual, senón que tivo un enfoque holístico. Completamos a actividade coa incorporación á práctica de exercicios de respiración consciente, mentres os nenos e nenas traballaban nos seus veleiros. Esta técnica contribuíu ao seu benestar emocional e asemade, puxo de manifesto a importancia da conexión mente-corpo. Encántanos ver como o alumnado se mergulla literalmente na aprendizaxe. A actividade de construción de veleiros foi unha experiencia moi divertida coa que traballamos no noso PDI os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Estamos a cultivar non só o coñecemento, senón tamén a cidadáns conscientes e comprometidos co mundo que os rodea". A xornada culminou cunha pequena exposición onde presentaron as súas creacións, compartiron ideas sobre a vida submarina e reflexionaron sobre a importancia de coidar os nosos océanos e mares. A actividade de fabricación de veleiros deixou unha impresión duradeira no corazón dos nenos e demostrou como a educación pode ser unha experiencia inmersiva e significativa. No CEIP Manuel Sueiro seguimos navegando cara un futuro educativo sostible e enriquecedor para o noso alumnado. |
Hora de ler en 3º de Ed. Primaria |
O curso escolar 2021/2022, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12 a 12:20h, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura. Os obxectivos principais foron:
Actividades:
Temporalización. Na hora de ler, que se realizou todos os días. Comentar neste punto que, debido a acontecementos e actividades que xurdiron ao longo do curso, houbo moitos cambios na selección de materiais e libros para a hora de ler. 1º trimestre: Centrámonos no aprendizaxe e representación da obra teatral “O fantasma Burlón” A continuación, traballamos unha obra relacionada co Nadal titulada “Os Gnomos de Papá Noel”, que debido a corentena de algúns alumnos ao final deste trimestre, non se puido representar. 2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas. Neste trimestre o traballo escollido foi en relación ao PDI anual do centro. Para elo escollemos o libro dos Bolechas titulado “Os Bolechas queren saber...que se bota no contedor amarelo”. A partir deste libro, fixemos un traballo de investigación relacionado cos “ 3 erres” que plasmamos finalmente en 3 LapBook: 3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas. Finalmente neste 3º trimestre, e continuando coa temática do PDI, realizamos unha lectura en grupo sobre o libro : Rematamos coa lectura do libro: ¿Quién usa las papeleras? de Ed. Edelvives. Finalmente comentar que, a pesar de que houbo moitos cambios na programación inicial na hora de ler, o nenos adaptáronse sen problema a mesma e traballaron con motivación e animados en todas as actividades propostas. |
VERBAS DA PAZ |
Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro), levaremos a cabo unha instalación baseada na obra orixinal da artista Rivane Neuenchwader. Encheremos as cancelas metálicas do noso centro con lazos de cores, nos cales escribiremos palabras, desexos ou mensaxes que nos transmitan paz. Comezaremos a proposta cun bote de cristal en cada aula, que os nenos e nenas irán enchendo con palabras significativas escritas en papeis de cores, co paso dos días. Cando se aproxime a data da conmemoración, transcribiremos estas palabras a lazos de diferentes cores e finalmente colgarémolo no exterior. Gustaríamos facervos partícipes a vós, as familias, como parte fundamental do proceso educativo, de xeito que tamén deixedes o voso gran de area nesta proposta. Para elo, deixaremos no recibidor do colexio un pequeno recuncho con todo o necesario para participar se o desexades: pensade nunha palabra significativa que bos transmita paz, escribídea nun lazo de cor e metédeo no bote, de xeito anónimo. Todos estes lazos xunto cos escritos polos vosos nenos e nenas, colgaranse no exterior do colexio o martes 30 de xaneiro, conmemorando así o Día da Paz no noso centro educativo. |
Melloras de proxección na biblioteca |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »