Contido popular
Título | Resumo | ||||
---|---|---|---|---|---|
A pequena compaña |
O libro A pequena compaña, é unha obra teatral, escrita por Carlos labraña Barrero e editado por Edicións Embora. O libro traballouse durante o mes de maio e xuño. A pequena compaña conta a historia de como ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defundos, e as ánimas que aínda non atoparon acougo roldan perdidas polos camiños. Xoaniña, Soldadiño, Pedichón e Medusquiñas, que viven gorecidos nunha casa rexentada por unha misteriosa anciá, nunca escoitaran esta historia. Todos Isto cambia coa chegada de dúas personaxes que os obrigarán a fuxir, emprendendo unha viaxe emocionante por unha terra poboada de seres mitolóxicos. Así, xuntos, nunha Pequena Compaña, os rapaces tentarán chegar sans e salvos ás marabillosas Illas do Alén. Actividade 1: Lectura
Actividade 2: Análise das personaxes
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
Actividade 4: Ilustración
Actividade 5: Conclusión/valores
|
||||
Hora de ler de 5º de Ed. Infantil |
A configuración da hora de ler na aula de 4º Educación Infantil foi realizada pola titora pola titora Nair Calvo Ríos cos seguintes obxectivos: Obxectivos:
Actividades:
1º TRIMESTRE:
2º TRIMESTRE:
|
||||
A árbore dos ODSeos |
O curso de 4º de Educación Primaria iniciamos as actividades e situacións de aprendizaxe navideñas. Nesta nova, presentámosvos "A árbore dos ODSeos". Aproveitando que o PDI do Centro son os ODS da axenda 2030, creamos unha árbore navideña xigante na que o alumnado colgara os seus desexos relacionados cos ODS, formando deste xeito os ODSeos. |
||||
Horario curso |
|
||||
Mi nombre es Skywalker |
No primeiro trimestre traballamos Mi nombre es Skywalker escrito por Agustín Fdez. Paz e publicado por Ed. El Barco de Vapor. Raquel descubre o secreto do home “INVISIBLE” que pide na porta do supermercado que hai enfronte da súa casa... el cóntalle que ven doutro planeta... Os nenos de quinto reflexionaron moito sobre o “poder de invisibilidade” que exerce a pobreza na nosa sociedade... porque a nena ve o que os maiores non queren ver... que é o que cambiou nos corazóns dos adultos. Para sensibilizar a toda a comunidade educativa crearon unha banda deseñada que resume a historia deste libro. |
||||
Exposición de manualiadades feitas con castañas |
Estimadas familias, Asemade, ao longo destas dúas semanas, realizaremos unha exposición de traballos manuais con castañas na que vos animamos a colaborar e participar cos vosos fillos e fillas. |
||||
Ideas para decorar en Samaín |
Ideas para decorar e ambientar o colexio:
|
||||
Xornadas de robótica |
O días 23 e 30 de abril de 2019 a docente Dna. Almudena Alonso Ferreiro e o alumando de Grao de Educación Primaria realizaron dous obradoiros co alumnado de 6º curso de Educación Primaria centrados na robótica. Con estas actividades iniciamos ao alumnado no mundo da robótica empregando os robots educativos para realizar actividades lúdicas que fomenten unha aprendizaxe significativa e colaborativa. Con estas actividades estamos estimulando no noso alumnado o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel e favorecendo a adquisición das competencias clave. A primeira sesión, realizada o día 23 de abril, centrouse no coñecemento dos robots e a súa funcionalidade Iniciárose na programacón para conseguir desprazar aos robots polos diferentes circuitos que eles mesmos diseñaron. Na segunda das sesións realizadas neste obradoiro, o alumnado repasou e profundizou os seus coñecementos sobre xeometría a través da programación nos robots foi a realización de actividades xeométricas en papel continuo. |
||||
CLUB LECTURA. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA. |
Nas diferentes actividades que se fixeron procuráronse cubrir os diferentes gustos do noso alumnado, polo que buscamos que as lecturas e as actividades ao longo do curso fosen variadas en contidos, xénero, tipoloxía e complexidade. Para isto utilizamos diferentes soportes: impresos e electrónicos (libros de lectura propiamente ditos, prensa, libros de consulta, cómics, folletos, obras de teatro, Internet… tanto en galego como en castelán. 1º trimestre: lecturas comúns a todos os nenos e nenas. • Castelán: La vuelta al mundo en 80 días. Ed. Almadraba. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de setembro e outubro. O libro Trata sobre o cabaleiro inglés Phileas Fogg quere demostrarlle á sociedade do seu tempo (1872) que se pode dar a volta ao mundo en só 80 días. Durante a viaxe, Fogg e o seu servo Passepartout teñen que loitar contra todo tipo de obstáculos e, sobre todo, contra o paso do tempo. Este libro foi a escusa perfecta para que o alumnado de sexto sentise curiosidade pola vida no século XIX, polas diferencias culturais en todo o mundo, polos fusos horarios e o seu funcionamento, polos medios de transporte e a súa evolución ao longo da historia... e mesmo polos debuxos animados que vían os seus pais e a súa titora cando eran coma eles. Os medios tecnolóxicos facilitáronnos descubrir todo isto... a continuación deixámosvos dous enlaces que empregamos ao longo da nosa lectura. As actividades que realizamos foron as seguintes:
• Galego: Segredos Soterrados. Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan Freijedo. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de xaneiro e febreiro. O libro relata unha aventura nun campamento de Muiños (Ourense) nos traslade a principios do século XX e remova nas nosas mentes o aprendido no primeiro trimestre sobre a II Guerra Mundial. Pois isto foi o que lograron os seus autores ao escribir a historia de Anxela, Sabela, Jorge e a “especial”gata Morriña. Os protagonistas deste libro conseguiron que nos mergullásemos nunha trama onde se entrelazaron os intereses económicos e corruptos dunha poderosa multinacional, coa defensa do medio ambiente e coa presenza nazi en Galicia. Unha trama que lle encantou aos nosos lectores de 6º e na que afondamos grazas ao Kahoot que crearon os nosos compañeiros de 5º EP e do encontro que tivemos cunha das súas autoras: Alba De Evan. Este foi un dos libros que máis nos gustou este ano. • Galego: O destino de Kameko de Abel Alves Ed. Aira. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de marzo. A iniciación no universo da banda deseñada en galego chegou a sexto a través do libro “O destino de Kameko” do escritor Abel Alves e con Jorge Campos como ilustrador. Este libro naceu nunha “fabrica de soños nada en Allariz”: Aira editorial, unha desas xoias coas que contamos en Ourense e que as veces non valoramos o suficiente. A historia de Chiharu, unha moza orfa, salvada da morte por unha misteriosa guerreira, cativou aos nenos e nenas de sexto. Eles tan acostumados ao mundo do “manga”, á cultura do Xapón e ó mundo oriental, explicáronlle a esta titora as reviravoltas desta obra... Quen era a nena que levaba sempre unha tartaruga no alto do cocorote? Por que quere apreixala o máis despiadado asasino do imperio? Eles axudáronme a entender esta banda deseñada e eu, como agradecemento, ensineilles os debuxos animados máis orientais e orixinais da miña época e recomendeilles os “mangas” baseados neles: “O doutor Slump e Arale”. Este libro foi outro acerto na nosa selección, non só porque gozaron moito léndoo senón porque lles deu ás para realizar os seus propios cómics. • Castelán e galego: contos do apadriñamento lector para o día do libro. • Galego: “A Balada dos Unicornios” de Ledicia Costas. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de maio. Non podía rematar o curso sen lermos algo da escritora por excelencia na actualidade da narrativa infanta-xuvenil en Galicia. Sí, a mesma, Ledicia Costas. Esta vez escollemos o libro a “Balada dos Unicornios” da ed. Xerais. A obra transcorre na Escola de Artefactos e Oficios, onde os mozos e mozas máis brillantes son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios. A verdade é que dende o inicio a historia esta tan chea de intrigas que os nosos nenos e nenas de sexto estiveron a piques de perderse. Pero unha lectura ao aire libre e en contacto coa herba fresca foi suficiente para reconectalos co que Ledicia lles quería contar. A ver se deixa de chover e podemos repetir a experiencia! |
||||
A MIÑA AMIGA INVISIBLE |
O Club de Lectura de 4º de EP do CEIP Manuel Sueiro realizou un novo concurso de animación á Lectura inspirado no libro “ A miña amiga invisible “de Eduardo Santiago. Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto de bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece ou non parece o que é. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que, no canto de criar abellas, semella poñer trampas para apreixar fadas. A nova escola tampouco é como esperaba, tendo que soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto (e por ser máis intelixente que todos eles). Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño. Durante a realización do concurso, animouse aos lectores a expresar a súa comprensión e valoración do libro. Para o desenvolvemento do concurso, realizamos catro equipos dentro da aula que traballaron de xeito cooperativo para ser quen de responder ás preguntas que o bombo da lotería lles ía adxudicando de forma aleatoria. O concurso ofreceulles, a todos, un agasallo pola súa participación; ao equipo gañador, ademais, un exemplar do próximo libro a traballar no club de lectura. Recibiron estes agasallos para fomentar a participación e recoñecer o seu esforzo. |
||||
Novos colaboradores/as na biblioteca |
Novo alumnado colaborador na biblioteca! A biblioteca do colexio enorgullécese en presentar aos seus novos colaboradores e colaboradoras de sexto curso de educación primaria. Estes alumnos e alumnas demostraron un gran interese pola lectura e o bo funcionamento da biblioteca, e comprometéronse a axudar en diversas tarefas como:
Para recoñecer o seu compromiso, o alumnado colaborador recibiu un novo distintivo: un chaleco co logo do colexio e o da mascota da biblioteca, Superleo. Este chaleco identifícaos como persoas colaboradoras e permíteos ser facilmente recoñecidos polas persoas usuarias da biblioteca. Desde o equipo de biblioteca estamos moi contentos coa colaboración deste alumnado. O seu entusiasmo e dedicación son un gran exemplo para o resto do alumnado. Os alumnos e alumnas colaboradoras están moi ilusionadas coa súa nova responsabilidade. Encántalles poder axudar á xente a encontrar libros que lles gusten. A biblioteca do colexio anima a todo o alumnado que estea interesado en colaborar a que se poñan en contacto coa responsable da biblioteca. Esperamos contar con moitos máis colaboradores no futuro. |
||||
El brazalete mágico |
Coñecer parte da historia da Grecia clásica mesturada con alguna andanza de Alejandro Magno foi máis sinxelo grazas á lectura do libro EL BRAZALETE MÁGICO de Rocío Rueda. Previa á lectura buscamos información na rede sobre o patrimonio grego, completando información cos libros ATLAS DE LAS CIUDADES de Federica Magrin, ATLAS DE LA COCINA de Genny Gallo y ME LLAMO ALEJANDRO MAGNO de Pau Miranda e Christian Inaraja. Despois da lectura reflexionamos sobre o expolio por parte dalgúns museos de pezas doutros países. E como remate elaboramos os nosos brazaletes máxicos que nos transportan polo mundo da lectura. |
||||
Recomendacións lectoras para o Nadal | |||||
Fomentando o gusto pola lectura en primeiro de educación primaria |
A implantación da “Hora de ler”, e unha actividade diaria que realizamos todos os días entre as 12:00 e as 12:20 horas. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o amor pola lectura e desenvolver no alumnado as competencias literarias. A "Hora de ler" foi unha actividade estruturada na que o alumnado tiña un tempo dedicado exclusivamente á lectura. Neste período promoveuse a lectura autónoma e achegáronse diversos materiais de lectura adecuados á idade e ao nivel do alumnado xa que este, nun principio, era moi heteroxéneo. Obxectivos:
Metodoloxía:
Resultados:
Conclusións: “A hora de ler” resultou ser unha actividade exitosa para fomentar o amor pola lectura e desenvolver as competencias literarias no alumnado de primeiro de educación primaria. O aumento do interese pola lectura, a mellora da comprensión lectora e a ampliación do vocabulario evidenciaron os beneficios desta iniciativa. Recoméndase seguir fomentando a lectura como práctica habitual na aula, xa que contribúe ao desenvolvemento integral do alumnado e ao enriquecemento da súa formación cultural e lingüística. |
||||
Club de lectura de 5º de Ed. Primaria | |||||
ODS 15: Conservación de ecosistemas |
ODS 15 : CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS Os alumnos de 5º de E. Primaria fixeron unha aproximación ao que era a axenda 20-30 a través da visualización do vídeo: “A AXENDA 20-30 e os obxectivos de desenvolvemento sostible” MELLORANDO O NOSO “ECOSISTEMA” ESCOLAR Comezaron a preguntarse polo seu entorno e decidiron que había determinados aspectos do seu centro que podían mellorar. Para iso fixeron carteis que animaban a toda a comunidade educativa a reciclar, manter limpo o patio, respectar as especies vexetais... INVESTIGANDO OS PROBLEMAS PROPIOS DOS ECOSISTEMAS Os incendios, o envellecemento da poboación, o abandono rural, a crecente poboación de xabaríns... foron algúns dos problemas que atoparon os alumnos de 5º de primaria ao analizar o entorno das súas casas e aldeas. A partires dunha nova sobre os paseos nocturnos dos xabaríns por Ourense fíxose unha chuvia de ideas sobre as posibles causas deste feito tan sorprendente como frecuente. O alumnado encontrou rapidamente a relación entre a despoboación e o desequilibrio nos ecosistemas do ámbito rural e interurbano. Tamén se aproveitou a nosa participación no plan proxecta “Aliméntate ben”: “Ti sí que es un bo peixe!” para investigar sobre os problemas aos que se enfrontan os ecosistemas mariños: sobrepesca, contaminación, cambio climático... Cada alumno investigou un aspecto concreto e buscou novas en diferentes medios sobre este tema, escribiron as súas conclusións que formarán parte do noso mural en proceso de creación. UNHA POSIBLE SOLUCIÓN: A AGRICULTURA SOSTIBLE! Unha forma de manter o equilibrio nos ecosistemas é apostar pola agricultura sostible e a produción propia de alimentos, reducindo así o consumo e o transporte coa implicación que significa en canto a redución de emisións de CO2. Para iso puxemos en marcha a nosa horta escolar: preparamos a terra, conseguimos diferentes hortalizas, plantamos, regamos, quitamos herbas, colocamos carteis co nomes dos noso cultivos... e agora toca esperar a probar os alimentos. Para o vindeiro curso procuraremos facer compost cos restos orgánicos das nosas merendas e así devolverlle a terra parte do que ela nos dá. MURAL DE CONCIENCIACIÓN |
||||
Hora de ler en 4º EP |
Durante o curso escolar 2022/2023, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura. A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras dona María Sol Ferreiro López e dona Cristina Martínez Martínez , centrándose nos seguintes obxectivos: Obxectivos:
Actividades.
Temporalización.
1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia dunha muller inventora e diferente que chega a unha vila nova.
O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2022/2023 e conta a historia de dous irmáns que viaxan no tempo para buscar información sobre unha planta que pode acabar coa fame no mundo. 2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro foi traballado nos meses de marzo e abril do curso escolar 2022/2023 e nel Greg cóntanos as aventuras que lle acontecen ao seu irmán Rodrick cando quere formar unha banda de rock. 3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
|
||||
Obradoiro de Saúde bocudental |
O martes 25 de abril de 2023 o alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, de saúde bucodental, no que se traballaron os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre. Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e cun estoxo. |
||||
HORA DE LER. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA. |
A hora de ler realízase todos os días, de 12:00 a 12:20 horas e a súa configuración está deseñada pola titora Eva Vidal Ferro (3 sesións) e por María Concepción López Martínez (2 sesións). Aínda que moitas das sesións deste curso tamén contamos coa inestimable colaboración da responsable de biblioteca. Nas diferentes actividades que se fixeron procuráronse cubrir os diferentes gustos do noso alumnado, polo que buscamos que as lecturas e as actividades ao longo do curso fosen variadas en contidos, xénero, tipoloxía e complexidade. Para isto utilizamos diferentes soportes: impresos e electrónicos (libros de lectura propiamente ditos, prensa, libros de consulta, cómics, folletos, obras de teatro, Internet… tanto en galego como en castelán. • Castelán: La vuelta al mundo en 80 días. Ed. Almadraba. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de setembro e outubro. O libro Trata sobre o cabaleiro inglés Phileas Fogg quere demostrarlle á sociedade do seu tempo (1872) que se pode dar a volta ao mundo en só 80 días. Durante a viaxe, Fogg e o seu servo Passepartout teñen que loitar contra todo tipo de obstáculos e, sobre todo, contra o paso do tempo. Este libro foi a escusa perfecta para que o alumnado de sexto sentise curiosidade pola vida no século XIX, polas diferencias culturais en todo o mundo, polos fusos horarios e o seu funcionamento, polos medios de transporte e a súa evolución ao longo da historia... e mesmo polos debuxos animados que vían os seus pais e a súa titora cando eran coma eles. Os medios tecnolóxicos facilitáronnos descubrir todo isto... a continuación deixámosvos dous enlaces que empregamos ao longo da nosa lectura. As actividades que realizamos foron as seguintes:
• Galego: Obra de teatro “SuperLeo e os personaxes máxicos”.(Día das Bibliotecas). Este ano, como os maiores do colexio, tocounos levar o peso da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, o 25 de outubro. Pero para que esta festa puidese ser posible os nenos e nenas de 6º dedicáronlle moitas sesións de lectura a memorizar e a ensaiar a obra que escribiu para eles a responsable da nosa biblioteca. Despois chegaría o momento, tan esperado, de vestir os traxes dos seus personaxes literarios favoritos, desde Harry Potter ata os protagonistas dos contos clásicos, dando vida ás historias que lles gustan. O ambiente estaba cheo de maxia e aventura, e a ilusión polos libros estaba no aire. As actividades deste día comezaron a primeira hora da mañá coa representación da obra titulada “Superleo e os personaxes máxicos” na que dunha forma lúdica e divertida ían inculcando nos nenos e nenas a formación de usuarios. A xornada culminou cun concurso no os protagonistas da obra ( os nenos e nenas de 6º EP) ían facendo preguntas ao público infantil sobre diversos aspectos do funcionamento da biblioteca. A celebración do Día da Biblioteca Escolar no CEIP Manuel Sueiro non só promoveu a importancia da lectura, senón que reforzou o vínculo entre a comunidade escolar e a biblioteca. • Castelán: Folletos/ trípticos publicitarios elaborados polo propio alumnado. Cando planificamos a organización da hora de ler tiñamos claro que un dos obxectivos ía ser fomentar o gusto pola lectura e, para logralo, iamos ler en diferentes formatos e soportes. O que nunca pensamos é que os nosos alumnos e alumnas de 6º de EP serían capaces de crear eses propios documentos con tanta calidade. A finais do primeiro trimestre cada neno e nena elixiu un tema do que era “experto”, ampliou a información que tiña, organizou o seu tríptico, decidiu como escribilo (se a man ou con ordenador) e creou un folleto que máis tarde lle presentou ao grupo clase. Desde entón todos os trípticos presiden o corredor do colexio baixo o lema (elixido democraticamente) : “¿Qué quieres aprender hoy?”.
• Galego: Segredos Soterrados. Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan Freijedo. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de xaneiro e febreiro. O libro relata unha aventura nun campamento de Muiños (Ourense) nos traslade a principios do século XX e remova nas nosas mentes o aprendido no primeiro trimestre sobre a II Guerra Mundial. Pois isto foi o que lograron os seus autores ao escribir a historia de Anxela, Sabela, Jorge e a “especial”gata Morriña. Os protagonistas deste libro conseguiron que nos mergullásemos nunha trama onde se entrelazaron os intereses económicos e corruptos dunha poderosa multinacional, coa defensa do medio ambiente e coa presenza nazi en Galicia. Unha trama que lle encantou aos nosos lectores de 6º e na que afondamos grazas ao Kahoot que crearon os nosos compañeiros de 5º EP e do encontro que tivemos cunha das súas autoras: Alba De Evan. Este foi un dos libros que máis nos gustou este ano. • Galego: O destino de Kameko de Abel Alves Ed. Aira. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de marzo. A iniciación no universo da banda deseñada en galego chegou a sexto a través do libro “O destino de Kameko” do escritor Abel Alves e con Jorge Campos como ilustrador. Este libro naceu nunha “fabrica de soños nada en Allariz”: Aira editorial, unha desas xoias coas que contamos en Ourense e que as veces non valoramos o suficiente. A historia de Chiharu, unha moza orfa, salvada da morte por unha misteriosa guerreira, cativou aos nenos e nenas de sexto. Eles tan acostumados ao mundo do “manga”, á cultura do Xapón e ó mundo oriental, explicáronlle a esta titora as reviravoltas desta obra... Quen era a nena que levaba sempre unha tartaruga no alto do cocorote? Por que quere apreixala o máis despiadado asasino do imperio? Eles axudáronme a entender esta banda deseñada e eu, como agradecemento, ensineilles os debuxos animados máis orientais e orixinais da miña época e recomendeilles os “mangas” baseados neles: “O doutor Slump e Arale”. Este libro foi outro acerto na nosa selección, non só porque gozaron moito léndoo senón porque lles deu ás para realizar os seus propios cómics. • Galego: “Miña casiña, meu lar” de Rosalia de Castro (poema) convertido en banda deseñada. Continuamos coa lectura en todos os xéneros e formatos. Agora, aproveitando a iniciativa da Fundación Rosalía de Castro conmemoramos o día da escritora, o 23 de febreiro, para lermos o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. • Galego: obra de teatro: “Leo chega do espazo”. Os alumnos de sexto volvéronse a converter en actores e actrices neste terceiro trimestre. Tiveron que dedicar moito tempo e esforzo para memorizar e ensaiar a obra escollida para conmemorar o Día do Libro. Esta vez para representaron: ” Leo chega do espazo”, unha obra adaptada e dirixida polo equipo de biblioteca, que narra a historia dun libro espacial que, perdido e triste, chega ao noso planeta. Ao chegar, atópase co Libro de Rexistro da biblioteca do CEIP Manuel Sueiro, que se converte na súa guía neste novo mundo. A través dunha viaxe máxica polas instalacións da biblioteca, Leo descobre a organización do espazo, a clasificación dos fondos documentais e a gran variedade de libros que ten á súa disposición. A obra, chea de humor e valores como a amizade, a curiosidade e o amor pola lectura, foi un completo éxito. Representouse en varias funcións ao longo do Día do Libro para que todo o alumnado puidese gozar con ela. • Castelán e galego: contos do apadriñamento lector para o día do libro. • Galego: “A Balada dos Unicornios” de Ledicia Costas. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de maio. Non podía rematar o curso sen lermos algo da escritora por excelencia na actualidade da narrativa infanta-xuvenil en Galicia. Sí, a mesma, Ledicia Costas. Esta vez escollemos o libro a “Balada dos Unicornios” da ed. Xerais. A obra transcorre na Escola de Artefactos e Oficios, onde os mozos e mozas máis brillantes son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios. A verdade é que dende o inicio a historia esta tan chea de intrigas que os nosos nenos e nenas de sexto estiveron a piques de perderse. Pero unha lectura ao aire libre e en contacto coa herba fresca foi suficiente para reconectalos co que Ledicia lles quería contar. A ver se deixa de chover e podemos repetir a experiencia! |
||||
Magosto 2014 |
O luns, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no colexio coa realización de múltiple actividades, entre as que destacamos as seguintes:
Viva o magosto!! |
||||
Kick out Loneliness |
Desde a área de inglés participaremos no PDI da área de E.F. desenvolvido en 6º E.P., que leva por título xeral: “Carton vermello á soidade”. O noso proxecto levará por título:”KICK OUT LONELINESS”. Incorporámonos, como dixemos, ao PDI da área de E.F., facendo un xogo de palabras co título: Usando o verbo KICK, tan nomeado no mundo do football, achegarémonos ás emocións que xera a loneliness, obxecto do proxecto ao que nos unimos. Valoraremos as emocións que o sentimento de pertenza a un clube de fútbol inglés xera entre os siareiros. Como ese sentimento de grupo da forma a un xeito de vida. Recursos: https://foundation.liverpoolfc.com/inclusion |
||||
Palabras | |||||
Letras Galegas 2021 |
Nas seguintes ligazóns tendes o acceso a algunhas das actividades realizadas na celebración das Letras Galegas 2021 dedicada a Xela Arias.:
|
||||
Conto musicado "A nena e o avó" |
O alumnado de educación primaria participa no conto musicado "A nena e o avó" no Conservatorio de Ourense. O pasado 28 de maio, o alumnado de educación primaria do noso centro tivo a oportunidade de asistir a unha enriquecedora actividade cultural no salón de actos do Conservatorio de Ourense organizada en colaboración co CFR de Ourense. Nesta ocasión, os nenos e nenas participaron no conto musicado "A nena e o avó", de Carmen Calleja, unha obra contada pola propia autora e interpretada maxistralmente polo coro xuvenil Cantiga de Ourense. A representación, que xa acadara un notable éxito nas xornadas de Ourencanto, volveu deleitar ao público coa súa emotiva combinación de música e narración. "A nena e o avó" é un conto que explora a relación especial entre unha nena e o seu avó, e como a través da música se forxan recordos e ensinanzas que perduran toda a vida. O coro xuvenil, coñecido polo seu talento e dedicación, logrou unha vez máis entusiasmar á audiencia coa súa interpretación. A música, coidadosamente seleccionada e executada, serviu como un vehículo perfecto para transmitir os sentimentos e as ensinanzas do conto, deixando unha impresión duradeira nos novos espectadores. Esta actividade non só brindou aos estudantes unha experiencia artística única, senón que tamén fomentou neles o amor pola música e a literatura. A integración destas disciplinas no ámbito educativo é fundamental para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, xa que lles permite explorar novas formas de expresión e comprensión do mundo que os rodea. O éxito desta xornada reafirma a importancia de seguir promovendo actividades culturais no currículo escolar, e agradecemos ao Conservatorio de Ourense, ao coro xuvenil Cantiga de Ourense e ao CFR de Ourense por facer posible esta marabillosa experiencia. Sen dúbida, eventos coma este contribúen a enriquecer a formación do noso alumnado, achegándoo ao mundo da arte e a música dun xeito lúdico e educativo. |
||||
Celebración do Samaín 2021 |
Ao longo da última semana de outubro celebramos no cole a festa do Samaín coa realización das seguintes actividades:
Premendo nas seguintes imaxes teredes acceso á reportaxe fotográfica sobre a celebración. O fantasma burlón Traballos realizados polo alumado Vídeo do desfile de Samaín Galería de imaxes da celebración Celebración do Samaín no comedor do cole
Fomos portada no Xornal Escolar de La Región Publicación en Telemiño do teatriño de monicreques do alumnado de terceiro de E.Primaria.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »