Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
ACORDO COA FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO |
O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro renova o acordo de colaboración coa Fundación Secretariado xitano dentro do programa Promociona. O obxectivo xeral céntrase en conseguir maiores índices de éxito escolar na Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O), e promover a continuidade nos estudos postobrigatorios para reducir o abandono escolar temperán, tendo como obxectivos específicos os seguintes: - Facilitar a transición entre as etapas educativas obrigatorias, a permanencia no sistema educativo e o ascenso a estudos posteriores. - Xerar e potenciar as condicións necesarias para favorecer o éxito da comunidade educativa: alumnado, familias, centros educativos, axentes sociais e comunidade. Agardamos que se cumpran os obxectivos e que a relación inicia fai 7 anos continúe por bo camiño.
|
As bolboretas inundan o Sueiro |
Con motivo da visita dos poetas mexicanos Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja a nosa biblioteca, ambos oriúndos do estado de Michoacan, famoso polos seus fabulosos santuarios dedicados á bolboreta monarca, o noso cole foi inundado por fermosas bolboretas que construíu o alumnado coa colaboración das súas familias para homenaxealos. A piques estiveron de soltar algunha bágoa...
|
Vídeo libro de Cando leo |
Para celebrar o Día do libro todo o alumnado do centro participou na realización de un vídeolibro sobre o libro de Eva Mejuto e Bea Gregores, titulado Cando leo. |
Pupas, sustos e outros disgustos |
O 27 de xaneiro un equipo de profesionais de enfermaría pertencentes á Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, conscientes da importancia de que nenos e nenas adquiran nocións básicas de primeiros auxilios para saber actuar ante pequenos problemas do día a día e en situacións máis complexas, levan a cabo un proxecto de primeiros auxilios para alumnado de 3º e 4º curso de Ed. Primaria, seguindo as recomendacións da Organización Mundial de Health (OMS), que recoñece a necesidade de difundir este coñecemento, sensibilizando á sociedade sobre o inicio deste tipo de educación antes dos 12 anos (campaña Kids Save Lifes). O proxecto consistiu na realización dun obradoiro maioritariamente práctico a través do que aprenderon de forma lúdica mediante o xogo e a colaboración. Descubriron e practicaron como actuar en determinadas situacións que poidan afectar a súa saúde e a das persoas que os rodean, sendo quen de actuar ante pequeños problemas do día a día (feridas, queimaduras....) e ante situacións máis complexas. Para avaliar o grao de coñecemento básico dos participantes en primeiros auxilios, a eficacia do taller e detectar posibles puntos de mellora, o equipo que impartiu o taller levou a cabo un proxecto de investigación vinculado á actividade. Para iso, antes de realizar o taller, completaron un pequeno cuestionario anónimo de 5 preguntas relacionadas co contido a tratar. Ao finalizar, repetiron esta mesma proba e avaliaron a súa satisfacción coa actividade. O grado de satisfacción foi moi alto en todo o alumnado e profesorado… esperando e desexando repetir a experiencia nun futuro próximo. |
Desfile de Entroido 2023 |
O venres, 17 de febreiro, participamos no desfile de Entroido que organizamos polas rúas do centro de Ourense, xunto aos colexios do Mestre Vide e Curros Enríquez e contando coa colaboración do Concello de Ourense. Cada colexio ía de unha temática diferente. A do noso estaba relacionada co PDI que estamos a desenvolver este curso: “Coidemos o noso mar”. O alumnado de 1º, 2º e 6º de EP disfrazáronse de estreliñas de mar, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP ían de buzos e o alumnado de Infantil engalanouse con escamas de peixes de cores para crear tres bancos de peixes diferentes. O desfile foi todo un éxito debido a gran participación das familias ao longo de todo percorrido. |
PATIOS INCLUSIVOS. |
No curso escolar 2023/2024 o Comité de Participación Infantil do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro propuxo como aspecto de mellora realizar cambios nas horas de lecer do noso alumnado establecendo espazos inclusivos pensados para ser accesibles e acolledores para todo o alumnado, independentemente das súas capacidades ou necesidades especiais. Nun espazo coma este o obxectivo é que todo o alumnado poida participar e gozar das actividades en igualdade de condicións, para elo habilitamos as seguintes zonas cos seguintes xogos. 1º) Zona de xogos na pavillón de Educación Os xogos que se realizaron ao longo do cuso escolar estiveron dirixidos polo profesorado responsables dos patios de xogo buscando que o alumnado se relacionase e colaborasen entre eles. Os xogos que configuramos para o alumnado están centrados no traballo en equipo e na inclusión podendo xogar todos e todas usando os pictogramas como elemento de explicación. Estos son os xogos. ACTIVIDADE 1: AS XOANIÑAS MATERIAIS NECESARIOS DESENVOLVEMENTO Actividade 2. AS CARAS. MATERIAIS NECESARIOS DESENVOLVEMENTO Actividade 3. OS ANIMAIS. MATERIAIS NECESARIOS DESENVOLVEMENTO Actividade 4. Fatasílabas de animais. MATERIAIS NECESARIOS DESENVOLVEMENTO Actividade 5. AS SÍLABAS. MATERIAIS NECESARIOS DESENVOLVEMENTO Actividade 6. OS MOUNSTROS. MATERIAIS NECESARIOS DESENVOLVEMENTO Actividade 7. OOBXECTO-DEFINICIÓN. MATERIAIS NECESARIOS DESENVOLVEMENTO ACTIVIDADE 8: LETRA-FOTO MATERIAIS NECESARIOS DESENVOLVEMENTO MATERIAIS NECESARIOS DESENVOLVEMENTO MATERIAIS NECESARIOS DESENVOLVEMENTO 2º) Biblioteca escolar. Xogos de mesa Días de lectura. |
Comida do Entroido |
O xoves de comadres realizamos a tradicional merenda de Entroido a base das viandas que trouxo o alumnado e profesorado para degustar no centro. Non faltaron as orellas de Entroido, as flores, as filloas, as chulas, tortas de todo tipo,... que con tanto mimo realizaron as nosas familias nas súas casas. Como a aportación foi excesiva, puidemos disfrutar do sobrante o venres de Entroido. |
Xoves de Comadres |
O Xoves de Comadres o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed, Primaria participou na celebración desta festa coas manualidades realizadas no obradoiro de Entroido que realizamos na semana anterior na bibloteca do cole coa colaboración de varios monitores da concellería de educación de Ourense. Segundo manda a tradición, os nenos escapan coa súa comadre e as nenas tratan de arrebatarllas e destruirllas. Ao final da carreira só un par de nenos foron quen de defender a súa comadre. |
Coidando o noso mar |
Por uns días o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro achegouse ao mar da man da Biblioteca Escolar do centro, guiados pola exposición itinerante “Coidando o noso mar”, prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Desde as Rías Baixas chegaron as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor. Esta exposición enmárcase no PDI do centro, adicado aos ODS axenda 2030. En concreto, o obxectivo 14: Conservar e utilizar de xeito sostible os océanos, mares e os recursos mariños. Protexer os nosos océanos debe ser unha prioridade. A biodiversidade mariña é vital para a saúde das persoas e do planeta. As áreas mariñas protexidas deben ser xestionadas de forma efectiva, tamén os seus recursos, e poñer en marcha regulamentos que reduzan a sobrepesca e a contaminación mariña dos océanos. MERGÚLLATE NO MAR MÁIS AZUL! |
Xogos de música e expresión corporal |
Desde a área de Ed. Física tamén traballamos con libros durante toda a semana. Seleccionamos todos os fondos bibliogRáficos de xogos que temos na nosa biblioteca e baixámolos para a aula de psicomotricidade. Alí os nenos e nenas leron e escolleron un dos xogos que máis lles gustasen para practicar entre todos e todas. Foi moi divertido!!! EDUCACIÓN INFANTIL 1º CICLO DE ED. PRIMARIA LENDO E XOGANDO EN 2º CICLO
LENDO E XOGANDO EN 3º CICLO
|
Emocionario |
Dentro do Programa de estimulación oral (PELO), levado a cabo dende a aula de audición e linguaxe cos alumnas e alumnas de Educación Infantil, destinouse durante este trimestre unha parte das sesións ás emocións. Co fin de identificar, vivenciar, expresar e axudar a xestionar as diferentes emocións que poden vivir no seu día a día, realizáronse diferentes actividades:
|
Lecturas na biblioteca na "Hora de ler" |
O alumnado de 4º curso de Educación Primaria, ao igual que a maioría do alumnado do centro utilizou os recantos da biblioteca de lectura informal nalgunhas das sesións destinadas á "Hora de ler" que todos os días teñen lugar de 12:00 a 12:20 horas en todos os cursos e niveis do centro. O cómic e as revistas son os fondos da biblioteca máis utilizados neste recanto de lectura informal polo alumnado de 4º curso. |
Temporal Fiel |
Nas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 recibimos a visita da borrasca Fiel. Aínda que sabemos que nevou nos arredores en Ourense cidade a neve non se deixou ver polo noso colexio. A medida que avanzou a semana si notamos unha baixada de temperatura e un aumento de días de choiva. O que si puidemos observar preto do noso colexio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro foi a subida do caudal do río Miño e Loña ao paso pola cidade de Ourense. Aí vos deixamos algunhas fotos onde se pode ver como se atopa o embalse de Velle e os asolagamentos da zona das piscina de Oira. |
Día das Bibliotecas 2022 |
Ao longo de todo o mes de outubro realizamos diversas actividades para celebrar o Día das bibliotecas. Entre elas, destacamos as seguintes:
|
Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor |
Un ano máis, desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO. Segundo contan no blog de Bibliotecas escolares, acudiron a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín" Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas! |
VERBAS DA PAZ |
Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro), levaremos a cabo unha instalación baseada na obra orixinal da artista Rivane Neuenchwader. Encheremos as cancelas metálicas do noso centro con lazos de cores, nos cales escribiremos palabras, desexos ou mensaxes que nos transmitan paz. Comezaremos a proposta cun bote de cristal en cada aula, que os nenos e nenas irán enchendo con palabras significativas escritas en papeis de cores, co paso dos días. Cando se aproxime a data da conmemoración, transcribiremos estas palabras a lazos de diferentes cores e finalmente colgarémolo no exterior. Gustaríamos facervos partícipes a vós, as familias, como parte fundamental do proceso educativo, de xeito que tamén deixedes o voso gran de area nesta proposta. Para elo, deixaremos no recibidor do colexio un pequeno recuncho con todo o necesario para participar se o desexades: pensade nunha palabra significativa que bos transmita paz, escribídea nun lazo de cor e metédeo no bote, de xeito anónimo. Todos estes lazos xunto cos escritos polos vosos nenos e nenas, colgaranse no exterior do colexio o martes 30 de xaneiro, conmemorando así o Día da Paz no noso centro educativo. |
Elaborando o libro de receitas para o Día da alimentación | |
Reivindicando un libro, un escritor/a e unha libraría |
As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro. Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE. |
Aprender a buscar con eficiencia |
Nestes tempos onde todas as persoas estamos dedicando máis tempo a pescudas de información e recursos na rede, pódenos ser de moita utilidade este titorial que nos ofrece Olga Rodríguez desde a biblioteca do seu cole de Malpica. Botádelle unha ollada, descubriredes atallos e ideas de mita utilidade.
|
´21 DE MARZO DÍA DA POESÍA |
OS MÁIS CATIVOS TAMÉN TRABALLARON COA POESÍA
|
Recursos para o entroido | |
Celebración das Letras Galegas 2023 |
Para celebrar as Letras galegas 2023 na que se homenaxea a Francisco Fernández del Riego destacamos as seguintes actividades realizadas no noso centro: |
Os nosos versos: Día mundial da poesía |
O 12 de marzo os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria estivemos disfrutando dun entretido e didáctico obradoiro de poesía, coa colaboración da Concellería de Educación de Ourense.
Primeiramente repasamos o que é unha poesía e a súa estructura, non nos esquecemos de nomear a poetisa máis ilustre para nós: Rosalía de Castro. Logo coñecemos a Xela Arias, poetisa á que adicamos este ano o día das Letras Galegas. Ordeamos versos de Xela Arias para formar poesías, logo escollemos catro palabras coas que fixemos as nosas poesías, as que voaron ao transformaren un simple papel nun avión de soños. Rematamos a actividade facendo unha chapa de Xela. |
Concurso fotografía: Emociónate co meu libro |
Leo e máis o equipo de biblioteca organizan un concurso de fotografía para celebrar o Día do Libro, titulado: “Emociónate co meu libro”. Os participantes tiñan que realizar unha fotografía da portada dun libro que os emocionara e outra na que se caracterizaran como a personaxe do libro nesa portada. O folleto de publicidade do concurso informou das bases do mesmo. Na seguinte galería podedes observar as imaxes da entrega dos premios aos traballos máis votados polo alumnado. |
Obradoiro de reciclaxe na aula de natureza de Oira |
O 28 de abril de 2022 o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou no obradoiro que leva por título “Reciclaxe” dentro das actividades realizadas para o PDI. Nel nos ensinaron a importancia do aforro e do consumo responsable. A actividade comenzou cunha pequena exposición na que nos ensinaron a importancia de reducir o consumo, reutilizar e recicla, así como dos diversos contedores nos que depositar o lixo e así poder reciclar (amarelo, verde claro, verde escuro ou marrón, azul, gris, punto SIGRE, de pilas, de luces fluorescentes, de roupa, de aceite e os puntos limpos da cidade de Ourense. Despois dun merecido descanso no que xogamos no parque que se atopa ao carón da Aula da Natureza (Oira) rematamos as actividades de reutilización de materiais convertendo unha oveira nunha tartaruga, un tapón nun tropo e pintando nu lateral da Aula da Natureza a letra “R” que significa: reutilizar, reciclar, reducir, rexeitar e recoller. O regreso ao colexio o fixemos camiñando pola beira do río Miño. Foi unha actividade moi interesante que durou tres horas. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »