Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Club de Lectura do curso 2023/2024 |
O Club de Lectura do cole volta a brillar! O curso 2023/2024 foi un ano de grandes éxitos para o Club de Lectura do cole. Tras o premio nacional conseguido no curso anterior, a participación e o entusiasmo de nenos e nenas alcanzou niveis sen precedentes. Un espazo para o amor á lectura O Club de Lectura converteuse nun oasis para os amantes dos libros. O Club de Lectura do cole voltou a funcionar como un paraugas dos clubs de lectura de 1º Ciclo, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Nenos e nenas de todos os cursos e idades reúnense para compartir a súa paixón pola lectura. Nun ambiente acolledor e distendido, len de forma silenciosa ou colectiva, discuten sobre as obras lidas, intercambian opinións e descobren novos autores e xéneros. Un legado de éxito O premio nacional obtido no curso 2022/2023 serviu como un impulso importante para o Club de Lectura. Este recoñecemento reforzou a confianza do alumnado na súa capacidade para desfrutar da lectura e espertou o interese de outro estudantes que antes non participaban neste tipo de actividades. Un futuro prometedor O éxito do Club de Lectura no curso 2023/2024 énchenos de orgullo e anímanos a seguir traballando para mellorar o programa e ofrecer ao noso alumnado a mellor experiencia posible. Queremos agradecer a todos os nenos e nenas que participaron no Club de Lectura durante este curso, así como ao seu profesorado e familias polo seu apoio. Tamén queremos estender o noso agradecemento ao equipo da biblioteca do colexio pola súa dedicación e traballo incansable.
Esperamos que o Club de Lectura do Sueiro siga crecendo e acadando éxitos nos próximos anos!
|
||||||||||||
Producións da biblioteca no curso 2021/2022 |
Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=158 Ligazóns a traballos elaborados na rede: Drupal.
MOODLE. Cursos creados:
Outros cursos actualizados en moodle neste Seminario:
Blogs do cole
Google presentacións: realizamos varias presentacións para traballar co alumnado na aula.
Presentacións en Genially
Google maps: Kahoot!: Galería de imaxes Soundcloud: Vídeo Actualizamos os repositorios de recursos educativos:
|
||||||||||||
Concurso de postais de Nadal |
Anunciando a Postal gañadora do Concurso EDL Nun ambiente cheo de espírito navideño, o EDL do noso centro educativo organizou un concurso de postais de Nadal, invitando ao alumnado a expresar a súa creatividade e a celebrar as vacacións dun xeito único. O resultado foi unha impresionante mostra de talento artístico e festivo. O certame, que buscaba non só fomentar a creatividade senón tamén promover o sentido de comunidade, contou cunha gran participación do alumnado. Desde os máis pequenos ata os maiores, cada postal foi unha expresión única dos desexos e a alegría característicos da estación. Despois da votación realizada por toda a comunidade educativa, a postal gañadora, creada polo alumnado de 6º de Ed. Infantil, foi elixida para enviar as felicitacións de Nadal en nome de todo o colexio. Entre as outras destacou a creatividade, o detalle e a emotiva mensaxe da obra. O EDL expresou o seu agradecemento a todos os participantes por aportar a súa arte e entusiasmo, facendo deste concurso un éxito e agasallou a todos os nenos e nenas participantes. Que este Nadal e o ano que vén nos aporten máis oportunidades para celebrar, aprender e crecer xuntos como comunidade. Boas festas a todos e todas! |
||||||||||||
Diploma pola colección filatélica: "O Camiño de Inverno" | |||||||||||||
Entrega do 1º premio do concurso do Exército de Terra |
Hoxe, 16 de maio de 2023, acudiu ao noso centro o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis para realizar a entrega do 1º premio autonómico do concurso “Premios do Exército de Terra” ao alumnado de 4º curso de Educación Primaria co traballo Mirando sen ver centrado no traballo que realiza el Grupo Militar de Alta Montaña (Base Oroel San Bernardo) a prol das persoas con discapacidade visual. Recordar que dito traballo acaba de recibir, tamén, o 1º Premio Nacional e que leva asociada unha contía de 4500 euros. Na entrega do premio regional acudiron autoridades militares desprazadas dende a “Base General de Morillo” en Pontevedra o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis e comandante D. Pablo Ponce de León Rodríguez e o Suboficial Mayor D. Manuel Fariña Martínez. Da Subdelegación de Defensa de Ourense o comandante D. José Manuel Zapata Paz e o subteniente D. José Manuel Duque e representando a Xunta de Galicia D. Manuel Pardo Cid xefe territorial da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza e Dna. María del Pilar Barandela Sandianes inspectora da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Na entrega do recoñecemento do 1º premio entregouse ao centro un diploma, unha bandeira de percha así como dous libros relacionados coa Campaña Antártica e o traballo da Base Gabriel de Castilla. Que gran día... e que orgullosos estamos do noso alumnado. PARABÉNS AOS NOSOS/AS PEQUE-ESCALADORES!
|
||||||||||||
IV Concurso escolar Xornal La Región |
O alumnado de 6º curso participou no IV Concurso Xornal escolar de La Región, do cal foron gañadores o cursos pasado. Ao longo do primeiro e segundo trimestre, o equipo de redacción foi recollendo novas relativas ás diversas actividades que tiveron como protagonista ao noso centro e que ilustraron con imaxes e debuxos que realizou todo o alumnado de sexto. Nas próximas semanas, as mellores edicións serán publicadas os mércores no Xornal escolar de "La Región"... Esperamos que o noso sexa un deles!!! |
||||||||||||
O dominó para aprender a pensar |
Ao longo do curso o alumnado de primeiro empregou o xogo do dominó para desenvolver a súa capacidade de pensar. Parte das actividade realizados foron as seguinte:
Deduciron elementos dunha serie: seguir unha serie, atopar o término que falta no medio de dous elementos da serie… Adquiriron axilidade no cálculo de sumas e restas. Participaron no xogo, respectando aos demais e asumindo que se pode perder ou ganar. Este último apartado foi o que máis beneficios aportou ao grupo. No Entroido todo o alumnado saíu disfrazado de ficha de dominó no desfile que realizamos ante a comunidade educativa do centro. Na galería de imaxes pódese observar parte do traballo feito |
||||||||||||
Día da Non Violencia de Xénero |
Ao longo da semana do Día contra a Violencia de Xénero traballamos no aula varios recursos educativos que foran compilados polo Equipo de biblioteca do noso centro. O 25 de novembro, para conmemorar esta data, o alumnado de terceiro de Ed. Primaria agasallounos coa interpretación en lingua de signos a canción de “A porta violeta” de Rozalén. Escollemos dita canción para traballar esta temática xa que fai unha clara descrición da violencia de xénero aludindo a algunhas das emocións que senten as vítimas como o medo, a tristeza, a culpabilidade, ou a algún dos feitos que forman parte desta violencia como son os berros ou os golpes. A porta violeta podémola identificar como a loita pola igualdade que vai axudar ás mulleres que son vítimas de violencia a saír desa situación se abren a porta. O noso alumnado aportou, a través de bolboretas e flores, mensaxes e desexos cheos de esperanza e boas intencións que axudarán ás vítimas a saír desa situación de soidade e desamparo. Os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria disfrazáronse de superheroes e superheroínas para defender as mulleres e crear así un mundo moito máis xusto. O alumnado de 4º de Ed. Primaria realizaron na súa aula carteis contra a violencia de xénero para visibilizar este problema. Na Aula de Inglés traballouse esta temática a partir do visionado do vídeo We are one woman. SUPERHEROES SAY NO!! |
||||||||||||
Lecturas meteorolóxicas |
Na Hora de Ler, utilizando a prensa, comentábanse se era o caso noticias sobre fenómenos atmosféricos relevantes sufridos na nosa comunidade. Sempre fixemos fincapé, cando liamos calquera conto, poesía... aquilo que facía mención o estado do tempo. Centrámonos neste curso para o estudo da meteoroloxía nos libros enviados pola AEMET:
|
||||||||||||
Os viquingos en Dinamarca |
Neste curso os alumnos e alumnas de quinto curso de primaria traballaron o PDI correspondente a este curso sobre o sistema de clasificación da CDU na biblioteca e o tema a tratar foi “OS VIQUINGOS EN DINAMARCA”. Partiron das ideas que xa tiñan sobre a cultura viquinga:Eran guerreiros salvaxes.
Posteriormente, adentrámonos sobre o que querían saber sobre dita cultura :
Entre as ACTIVIDADES realizada cabe destacar as seguintes:
A final de curso, fixemos unha exposición do traballo feito no corredor do colexio coa información obtida durante a consecución deste proxecto. A avaliación, tanto por parte dos alumnos como do titor sobre o proxecto,foi positiva. |
||||||||||||
Día do punto | |||||||||||||
Mi maestra | |||||||||||||
Día da Paz 2021 |
Este ano, a celebración do Día da Paz, no noso cole, foi un pouco distinta á de anos anteriores por mor do Covid. Por iso, parte do alumnado estivo pescudando ao longo deste mes sobre os ingredientes precisos para elaborar unha vacina contra este virus que está a mudar os nosos hábitos. Na seguinte ligazón podedes atopar máis información sobre este gran descubrimento para a noso a comunidade educativa. O alumnado de 1º de Ed. Primaria realizou un mural co abecedario da Paz. O venres 29 de xaneiro, na hora do recreo, presentamos as seguintes actividades que se estiveron traballando nas nosas aulas nos días previos a esta data:
Nas aulas das seccións bilíngües os/as SUPERHEROES do cole empregan todos os seus poderes para eliminar a violencia na nosa sociedade, empezando polo noso colexio. |
||||||||||||
Fai clic ao teu bocata |
O 13 de abril de 2023 realizamos no centro o obradoiro “Fai clic ao teu bocata” no que nos ensinaron as vantaxes e a importancia dunha dieta equilibrada. A actividade dividiuse en dúas sesións. A primeira delas para o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria e a segunda das quendas para o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria. Nestes dous obradoiros destacouse a importancia das conservas completando a formación con vídeos educativos e xogos didácticos. Ao remate da sesión, todo o alumnado elaborou ao seu gusto o bocadillo saudable. Estamos agardando poder repetir este obradoiro. EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EP Galería de Ed. Prmaria |
||||||||||||
O Segredo dos Franciscanos |
O 15 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, chegou a praza do Trigo, situada enfronte da Catedral de Ourense, para realizar a actividade que leva por título “O segredo dos franciscanos”. A actividade comenzou cunha visita inesperada, na que Xoana a lavandeira, contounos que estaba a punto de casar con Manolo, o carniceiro, o cal tiña a súa tenda na rúa Dos Fornos, pero precisaba arranxar co franciscano para casar. Ao pouco apareceu o franciscano Frei Xan o Farrapeiro o arquiveiro do convento dos Franciscanos. Frei Xan e Xoana conducíronnos a través das diferentes lugares da cidade na que tiveron influencia os franciscanos como son a Praza do Correxidor e a actual Praza da Estrela para rematar chegando ao actual arquivo histórico antigo convento franciscano. A ultima das actividades consistiu nunha busca do tesouro na que os capiteis e as columnas do claustro de San Francisco foron o eixo central. |
||||||||||||
Observación holística |
O título non é moi común, pero se explicamos que é unha das fases do programa OBSERVA_ACCIÓN do que demos conta noutra nova, todo clarexa. Non é máis que observarnos uns aos outros e tratar de aprender, sen xulgar, da tarefa ensino-aprendizaxe. Nesta fase do proceso, un mestre observa a outra mestra no grupo de 4º E.Infantil; un mestre observa a outro na aula de 1º E.Primaria, e por último, a mestra observa ao mestre de 6º E.Primaria: Niveis diferentes nas linguas do centro, galego, castelán e inglés. Vémonos na seguinte observación! |
||||||||||||
VII certame "Deseña unha xoia para a túa nai" |
Tres alumnos de Ed. Infantil de 3 e 4 anos do noso centro resultaron seleccionados como finalistas do VII certame "Deseña unha xoia para a túa nai", que organiza o Colexio Oficial de Xoiarías, entre os case 8.600 deseños presentados ao concurso de toda Galiza. Entrega de diplomas en Santiago aos finalistas. |
||||||||||||
Encontros con Andrea Maceiras |
O venres, 4 de febreiro, realizamos a actividade encadrada dentro da XXXII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, promovida pola Concellería de Educación do concello de Ourense, que leva por título Encontros co autor/a. Este ano a elixida foi a autora Andrea Maceiras que nos veu a falar do seu libro “A folla azul” que previamente traballamos no noso Club de lectura nos meses de decembro e xaneiro. O libro A folla azul relata a historia dun mundo verde así como o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Relata a historia de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. Andrea Maceiras presentounos o seu libro a través dunha presentación que nos fixo reflexionar sobre a natureza. Logo tivemos a oportunidade de facerlle preguntas sobre o seu libro. E para rematar as sinaturas adicadas dos nosos libros. Foi un enorme pracer ter connosco a Andrea Maceiras e xa estamos agardando a que escriba o seu próximo libro. |
||||||||||||
A bruxa Catuxa visita o CEIP de Vistahermosa |
O 10 de decembro, a nosa querida Bruxa Catuxa visitou a fantástica biblioteca dos nosos amigos e veciños do CEIP Vistahermosa para contarlle as terroríficas historias de medo e suspense coas que nos asustou a nós na pasada festa do Samaín & Halloween. A Catuxa pasouno fenomenal, na impresionante gruta que lle prepararon en Vistahermosa, aínda que como xa vai un pouco entrada en anos, ao rematar a sesión, acabou un pouco esgotada, iso si, saíu encantada co trato e atención que lle dispensaron os nenos e nenas no decurso das súas historias. A malvada bruxa representou tres divertidos contacontos na "Cova da Catuxa" para todo o alumnado do centro que se animou a entrar nela. As lecturas feitas pola Catuxa foron as seguintes: Precísase pantasma de Conan Doyle, Room on the Broom Julia Donaldson e A bruxa Brunilda de Valerie Thomas. Preguntas, baile, viaxes en vasoira... fixeron as delicias dos cativos ao lonxo de toda a actividade. Esta actividade de colaboración entre estas dúas bibliotecas Plambeiras resultou ser todo un éxito... ...esperamos que se repita nun futuro! Para ver a galería de imaxes premede na imaxe superior.
|
||||||||||||
Traballando con códigos QR |
O alumnado de educación infantil estivo traballando na aula con códigos QR grazas ao alumnado de prácticas do grado de Ed. Infantil. Pescudaron, a través de móbiles e tabletas, sobre as partes máis importantes do noso sistema locomotor cunha metodoloxía lúdica basada nos códigos QR e no xogo. Disfrutaron moito con esta metodoloxía baseada nos códigos QR e no xogo ao sentirse protagonistas da súapropia aprendizaxe.
|
||||||||||||
Encontros con Antía Yáñez: "Plan rescate" |
O 19 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria tivo un encontro coa autora do libro Plan de rescate, Antía Yáñez, natural de Burela, e que está publicado po Ed. Xerais. O libro que está ilustrado por Xiana Teimoy, gañou o III Premio Agustín Fernández Paz á igualdade 2020. Antía cóntanos as aventuras de Xeila, Heitor, Aldán e Noela mentres traballaban na aula de apoio do seu colexio. É unha divertida aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e incluso un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, camaradería, traballo en equipo e incluso algo de amor. A idea que subxace detrás dun argumento aparentemente convencional é que calquera persoa pode resolver un misterio ou desenvolverse na vida, e que non ten sentido que menosprecemos a ninguén por non ser coma nós. En definitiva, estamos ante un bo libro que fai que tanto as persoas pequenas como maiores gocen coa súa historia. |
||||||||||||
Día de Rosalía de Castro 2023 |
O alumnado de 1º de EP recitou o poema de Rosalía de Castro "Vamos bebendo" para conmemorar a data do seu 186 cumpleanos. Para conmeorar esta data, todo o alumnado do centro participou na realización dun camisivai sobre a via e obra de Rosalía de Castro. Cada clase encargouse da realización dun par de láminas para representar. |
||||||||||||
ENERXIA PARA CRECER |
O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participa no programa Energía para crecer de fundación Eroski centrada na alimentación, reciclaxe e alimentación cunha grande cantidade de recursos educativos. https://energiaparacrecer.escueladealimentacion.es/gl/users/ceipmanuelsueiro19514
|
||||||||||||
Hora de ler de 3º de EP |
Ao longo do curso fixemos lectura compartida libros en galego e en castelán, tanto de narrativa como de poesía:
No marco do proxecto de METEOROLOXÍA, lemos e comentamos varios libros editados pola AEMET e que serviron de base ao noso proxecto: Os Meteorólogos do Sueiro. Realizamos as seguintes actividades:
|
||||||||||||
Festa do Samaín 2022 |
O último día do mes de outubro voltamos a celebrar a Festa do Samaín no noso cole coa realización das seguintes actividades:
A celebración na prensa local ENTREGA DE PREMIOS
Traballos premiados polo alumnado |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »