DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Dia das bibliotecas

Nun emocionante acto que reuniu ao alumnado, profesorado e persoas afeccionadas á lectura, a Biblioteca do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro celebrou con éxito, hoxe 24 de outubro o Día das Bibliotecas Escolares. Este día converteuse nun día inesquecible para fomentar a lectura e o amor polos libros entre os nenos e nenas do noso cole centrados no horto escolar e nos bos hábitos de alimentarios.

A nosa horta transformouse nun auténtico paraíso literario para celebrar este día tan especial. Os alumnos e alumnas dde todo o colexio vestiron os traxes de diversos personaxes da nosa horta escolar pasando polo teatro grego e rematando cunha bonita canción do noso coro.

As actividades comezararon a primeira hora da mañá coa representación dun contacontos levada a cabo por "Sabela Gago" coa obra O señor do castelo, na que relata a historía duns fantamas que chegaron a un castelo máxico.

Ademais, a biblioteca ofreceu unha ampla selección de novos libros que pasaron a encher as Mochilas viaxeiras que o alumnado de todo o centro levará por quendas para ler nas súas casas.

A xornada culminou cunha representación teatral do alumnado do colexio centrada no PDI Anual "No Sueiro plantamos as sementes dunha convivencia diversa e multicultural, para recoller os seus froitos no noso horto escolar" no que as persoas protagonistas das obras ían facendo un percorrido por cada unha dos traballos que realizarán cada unha das aulas: xerminación, códigos QR, plantas aromáticas, plantas sanadoras, denominación de orixe, hotel de bechos e a importancia dos hortos escolares na Axenda 2030.
A celebración do Día da Biblioteca Escolar no CEIPP Manuel Sueiro non só promoveu a importancia da lectura, senón que reforzou o vínculo entre a comunidade escolar e a biblioteca. Este evento deixou unha impresión duradeira no corazón e na mente dos alumnado, inspirándoos a continuar a súa viaxe literaria e explorar novos mundos a través dos libros.

A biblioteca do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a desempeñar un papel fundamental na educación dos nenos e nenas, e eventos como este subliñan a súa aposta polo fomento da lectura e a aprendizaxe permanente.

Galeria_fotos