O Club de lectura de 6º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “A Señorita Bubble: Deus salve as raíñas” de Ledicia Costas da Editorial Xerais.
O libro foi traballado na última semana do mes de setembro e nas dúas primeiras do mes de outubro. O libro “A Señorita Bubble: Deus salve as raíñas” trata de como a señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa intención de dominar o Reino Unido. A inventora vai ter que despregar todo o seu enxeño para recuperar a peza roubada e tamén para que a paz regrese a Londres.
Actividade 1: Lectura
Lectura colectiva en voz alta.
Actividade 2: Análise das personaxes
A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen.
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.
Actividade 4: Ilustración
O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo.
Actividade 5: Elaboración da guía de lectura.
O alumado realizou dixitalmente a guía de lectura deste libro.
Actividade 6: Concurso sobre o libro.
O alumado realizou por grupos o concurso sobre a compresión do libro.
Actividade 7: Kahoot.
O alumado realizou individualmente a compresión do libro a través do Kahoot.
EN GALEGO:
EN CASTELÁN:
Actividade 8: Conclusión/valores
Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia.
________________________________________
RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO
________________________________________
• Guía de lectura. Word. Pdf.
• Guía de lectura (castelán). Word. Pdf.
• Preguntas para o concurso de lectura. Word. Pdf.
• Preguntas para o concurso de lectura (castelán). Word. Pdf
• Audiolibro.