O alumnado de educación primaria participa no conto musicado "A nena e o avó" no Conservatorio de Ourense.
O pasado 28 de maio, o alumnado de educación primaria do noso centro tivo a oportunidade de asistir a unha enriquecedora actividade cultural no salón de actos do Conservatorio de Ourense organizada en colaboración co CFR de Ourense. Nesta ocasión, os nenos e nenas participaron no conto musicado "A nena e o avó", de Carmen Calleja, unha obra contada pola propia autora e interpretada maxistralmente polo coro xuvenil Cantiga de Ourense.
A representación, que xa acadara un notable éxito nas xornadas de Ourencanto, volveu deleitar ao público coa súa emotiva combinación de música e narración. "A nena e o avó" é un conto que explora a relación especial entre unha nena e o seu avó, e como a través da música se forxan recordos e ensinanzas que perduran toda a vida.
O coro xuvenil, coñecido polo seu talento e dedicación, logrou unha vez máis entusiasmar á audiencia coa súa interpretación. A música, coidadosamente seleccionada e executada, serviu como un vehículo perfecto para transmitir os sentimentos e as ensinanzas do conto, deixando unha impresión duradeira nos novos espectadores.
Esta actividade non só brindou aos estudantes unha experiencia artística única, senón que tamén fomentou neles o amor pola música e a literatura. A integración destas disciplinas no ámbito educativo é fundamental para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, xa que lles permite explorar novas formas de expresión e comprensión do mundo que os rodea.
O éxito desta xornada reafirma a importancia de seguir promovendo actividades culturais no currículo escolar, e agradecemos ao Conservatorio de Ourense, ao coro xuvenil Cantiga de Ourense e ao CFR de Ourense por facer posible esta marabillosa experiencia.
Sen dúbida, eventos coma este contribúen a enriquecer a formación do noso alumnado, achegándoo ao mundo da arte e a música dun xeito lúdico e educativo.
Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=172
Material en papel:
Ligazóns a traballos elaborados na rede:
DRUPAL:
Libros actualizados:
Presentacións:
Genially:
Kahoot:
Vídeos:
Galería de imaxes:
SOUNDCLOUD:
H5P:
MOODLE. Cursos.
Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, queremos facer unha EXPOSICIÓN con fotografías referidas á Nai Natureza.
Ademais da exposición, convocamos un CONCURSO de fotografía coas seguintes BASES:
Na seguinte presentación iranse reflictindo os traballos presentados ao concurso:
O día 5 de outubro celebramos no noso cole o Día das e dos docentes cunha serie de actividades que pretendían acadar o obxectivo de recoñecer a función esencial que as mestras e mestres desempeñan ao impartir educación en todos os niveis educativos.
O alumnado realizou ilustracións de mestres e mestras que lles deixaron pegada na súa estadía no CEIP Manuel Sueiro e que, posteriormente, os seus compañeiros e compañeiras tiveron que adiviñar, en función das pistas que se ofrecían nos respectivos traballos.
Celebración do día en ED. Infantil
Mestras e mestres con pegada en 1º de Ed. Primaria
Celebración do día do docente en 2º de Ed. Primaria
Traballos realizados polo alumnado de 3º de Ed. Primaria
Traballos realizados en 4º de EP
Na semana do 15 de setembro celebramos o día do punto coa finalidade de pór en valor a creatividade do noso alumnado.
O resultado dos traballos realizados podémolos observar na seguinte galería de imaxes.
Na semana na que se celebra o “día dos museos”, a arte chega ao noso colexio.
Os alumnos e alumnas pescudaron información e estudaron a diferentes artistas de Ourense para poder versionar as súas obras. A maioría da información sacámola ligazón: Pintores galegos.
Estamos feitos uns xenios, e como non!!! , PASÁMOLO XENIAL!!!
Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=158
Ligazóns a traballos elaborados na rede:
Drupal.
MOODLE.
Cursos creados:
Outros cursos actualizados en moodle neste Seminario:
Blogs do cole
Google presentacións: realizamos varias presentacións para traballar co alumnado na aula.
Presentacións en Genially
Google maps:
Kahoot!:
Galería de imaxes
Soundcloud:
Vídeo
Actualizamos os repositorios de recursos educativos:
O 15 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, chegou a praza do Trigo, situada enfronte da Catedral de Ourense, para realizar a actividade que leva por título “O segredo dos franciscanos”.
A actividade comenzou cunha visita inesperada, na que Xoana a lavandeira, contounos que estaba a punto de casar con Manolo, o carniceiro, o cal tiña a súa tenda na rúa Dos Fornos, pero precisaba arranxar co franciscano para casar. Ao pouco apareceu o franciscano Frei Xan o Farrapeiro o arquiveiro do convento dos Franciscanos.
Frei Xan e Xoana conducíronnos a través das diferentes lugares da cidade na que tiveron influencia os franciscanos como son a Praza do Correxidor e a actual Praza da Estrela para rematar chegando ao actual arquivo histórico antigo convento franciscano.
A ultima das actividades consistiu nunha busca do tesouro na que os capiteis e as columnas do claustro de San Francisco foron o eixo central.
Ao longo da semana do Día da Muller realizamos no cole diversas actividades educativas que buscaban pór de manifesto a loita das mulleres pola igualdade e o recoñecemento e exercicio efectivo dos seus dereitos na busca dunha igualdade real.
O equipo de biblioteca realizou unha exposición de fondos que abordaban dalgún xeito esta temática. Asemade, organizouse a elaboración dun gran cartaz no que a comunidade educativa fixo unha homenaxe ás mulleres máis importantes na súa vida, aportando carteis cos seus nomes e imaxes desas mulleres. O resultado podédelo ver na galería de imaxes, na presentación de máis abaixo e na imaxe do cartaz.
O alumnado, tamén reflexionou sobre as mulleres máis importantes da súa vida e a maioría coincidiu e que foi a na súa nai. As nenas e nenos de 2º de E.P, para facerlle un pequeno agasallo, fixeron un banderín debuxando o retrato delas e escribíndolle algo que lle saíra do corazón. Na hora de ler, escolleron o conto ¡Vivan as uñas de cores! Unha historia real que serviu de inspiración ás escritoras e unha bandeira literaria para falar de igualdade.