O alumnado de 3º de Ed. Primaria adaptou o tema de Rosalía "Malamente" para memorizar a táboa do dous con maior facilidade.
Ao longo da semana do Día contra a Violencia de Xénero traballamos no aula varios recursos educativos que foran compilados polo Equipo de biblioteca do noso centro.
O 25 de novembro, para conmemorar esta data, o alumnado de terceiro de Ed. Primaria agasallounos coa interpretación en lingua de signos a canción de “A porta violeta” de Rozalén.
Escollemos dita canción para traballar esta temática xa que fai unha clara descrición da violencia de xénero aludindo a algunhas das emocións que senten as vítimas como o medo, a tristeza, a culpabilidade, ou a algún dos feitos que forman parte desta violencia como son os berros ou os golpes.
A porta violeta podémola identificar como a loita pola igualdade que vai axudar ás mulleres que son vítimas de violencia a saír desa situación se abren a porta. O noso alumnado aportou, a través de bolboretas e flores, mensaxes e desexos cheos de esperanza e boas intencións que axudarán ás vítimas a saír desa situación de soidade e desamparo.
Os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria disfrazáronse de superheroes e superheroínas para defender as mulleres e crear así un mundo moito máis xusto.
O alumnado de 4º de Ed. Primaria realizaron na súa aula carteis contra a violencia de xénero para visibilizar este problema.
Na Aula de Inglés traballouse esta temática a partir do visionado do vídeo We are one woman.
SUPERHEROES SAY NO!!
O 20 de novembro o alumnado de 4º conmemorou o Día Universal da Infancia, que é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
Con esta celebración pretendemos chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, sensibilizar sobre os seus dereitos e concienciar á xente da importancia de traballar todos os días polo seu benestar e desenvolvemento.
As Nacións Unidas celebran este Día Internacional do Infancia en homenaxe á aprobación da Declaración dos Dereitos dos nenos e nenas en 1959 e a Convención sobre os Dereitos dos nenos e nenas en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.
O obxectivo do Día Universal da Infancia é recordar a todas as persoas que os nenos e nenas son o grupo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre de crises e problemas no mundo.
É un bo día para coñecer as diferentes formas de colaborar cos nenos e nenas máis vulnerables, para que se recoñezan os seus dereitos e garanta o seu benestar e desenvolvemento.
Na aula fixemos unha revisión dos dereitos da infancia e cada un de nos elaborou un slogan alusivo a un dereito.
O alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria traballou a lírica nos primeiros días de novembro coa realización de varias coplas sobre temas que consideraron de interese en relación á celebración do magosto.
AS COPLAS DE TERCEIRO
AS COPLAS DE 4º DE ED. PRIMARIA
AS COPLAS DE 5º DE ED. PRIMARIA
O noso cole non é un cole rural, mais tratamos de achegarnos ao rural todos os días.
O 15 de outubro conmemoramos o día da muller rural. Aprobeitamos para falar da importancia dos coidados que nos brindan as mulleres rurais e continuamos na clase a coidar da nosa plantación de lentellas, cebolas e leitugas.
Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2019/2020.
Esperamos que vos guste!!
As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro.
Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE.
RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO
Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais.
Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas.
Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación:
CONCRETANDO O RETO:
Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca.
PREME PARA VER O LIBRO DE CORES
Animámosvos a participar, en compañia das vosas familias, na seguinte pescuda que realizaremos ao longo de toda a semana do día do libro, cada día un reto...
Xa podedes comezar o do luns!!!
Vídeo do alumnado ao seu profesorado:
Agradecemento do profesorado as familias do CEIP Manuel Sueiro polo fermoso vídeo colaborativo que elaborastes para nós.
Premede nas imaxes para ver os agradecementos