Ao longo das semana do Samaín o EDL do centro, en colaboración co equipo de biblioteca, organizou unha unha exposición de cabazas que elaboraron os nenos e nenas do colexio, coa axuda das súas familias.
Os traballos presentados amosaron unha calidade espectacular. Cada ano melloraramos en cantidade e calidade.
Parabéns para todos os participantes!!
PREMIADOS
O día das bibliotecas escolares fixemos entrega dos carnés aos novos socios da nosa biblioteca. Agora poderán levar os fondos da biblioteca que temos en empréstito para a súa casa.
Co carné, fixémoslle entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro.
Este ano no Día das bibliotecas, 24 de outubro, cada curso presentou ante os seus compañeiros o traballo que van a desenvolver ao longo do curso dentro do PDI "Cada latexo... un pensamento" co que pretendemos aprender a pensar desde a biblioteca escolar en sintonía coa temática proposta desde a Asesoría de bibliotecas.
Os proxectos presentados foron os seguintes:
Presentación do PDI.
Trailler do PDI.
Mito de "Dédalo e Ícaro".
Talk once.
Listen twice.
Think many, many times.
And...
...BREATHE!
O 6 de outubro tivemos o privilexio de contar na biblioteca do noso centro coa poetisa Irma Ruth del Ángel grazas á colaboración que ano tras ano nos ofrece o Círculo poético ourensán.Ao longo da semana o alumnado realizou diferentes traballos de documentación nas súas aulas sobre Irma Ruth e o seu pobo de orixe: San Luís de Potosí.
Acollemos a Irma amosándolle todos os traballos que realizaramos cos nosos mestres. O acto estivo presidido por un dos animaliños que máis lle gustan á escritora: "Os gatos". Contounos que ese cariño cara os micos, venlle de cando era moi pequena xa que o seu pai lle regalara un co que xogaba a todas horas. Na actualidade ten dous gatos. Na Asociación Libre San Luís de Potosí, que ela preside, dedícanse a coidar e recoller os gatos da rúa e a dalos en adopción a outras familias.
Tamén nos falou do traballo que realizan na fundación de rehabilitación de adictos que ela creou fai anos. Emprega a poesía para traballar con estas persoas e así animalos a retomar os seus estudos.
Ademais de escribir, quédalle tempo para dar clases en diferentes universidades, nunha delas ensina criminalística e balística aos futuros policías.
Sacounos de dúbidas sobre a Cova das Andoriñas, xa que nos dixo que os paxaros que alí habitan son morcegos que de día se pegan ás paredes da gruta e de noite saen pola súa boca de entrada.
Por último, descubrimos que un dos pratos típicos de San Luís de Potosí é a "enchilada de frijoles con aguacate".
Irma é unha persoa polifacética. Unha actividade coa que ela desfruta moito é contando contos. A nós deleitounos cunha fermosa historia mexicana que nos ensina o "Por que os coellos teñen as orellas tan longas?". Pasámolo xenial escoitándoa e véndoa en acción.
Desde aquí queremos dar as grazas a Irma e aos membros do Círculo Poético por este encontro na nosa biblioteca.
Nace en San Luis Potosí, México o 26 de abril de 1966.
Ten unha ampla formación Académica: Licenciada en Español e en Economía. Especializada en Avaliación de Proxectos de Inversión, Turísticos e Gobernamentais. Especialización en Orientación Educativa. Mestría en Educación, campo: Formación de Docentes e Práctica profesional. Mestría en Economía Social, Mestría en Criminalística. Doutora en Literatura e Linguaxe. Catedrática de diferentes universidades e institucións de Educación Superior.
Articulista en diferentes revistas e xornais nacionais.
Fundadora e Presidenta da Asociación LIBRE SAN LUIS.
Impartiu conferencias en diferentes institucións educativas a nivel Local, Nacional e Internacional. Entre os países destacan: España, Italia, Francia y Suíza.
Participante en diferentes encontros nacionais e internacionais de escritores.
Representante Legal da Colección Haberes e Saberes. Edicións educativas da Universidade Pedagóxica Nacional, Unidade 241.
Foi galardonada no ano 2010 coa estatuiña “La Orensana”, recoñecemento outorgado á súa obra poética pola cidade Ourense.
Creadora do proxecto social: ‘Rehabilitándonos en el contexto’ desde 1982 á actualidade en rehabilitación a xóvenes que son adictos. Presidenta do Consello Consultivo e Social do Instituto das Mulleres do Estado de San Luis Potosí período 2009-2012. Así mesmo, é fundadora e presidenta da Asociación Libre San Luis.
Contacontos rexistrada no Centro das Artes Centenario de San Luis Potosí.
LIBROS PUBLICADOS:
A súa obra foi traducida ao inglés, portugués, italiano, galego, chino cantonés e integrada en varias antoloxías. Asemade foi comentada en diferentes revistas e periódicos nacionais e internacionais.
RECURSOS