Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Animación á lectura

27 DE MAIO. DÍA NACIONAL DO CELÍACO

O día 27 de Maio celébrase o Día Nacional do Celíaco, unha efeméride impulsada pola Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE); co obxectivo de informar e concienciar á sociedade sobre a enfermidade celíaca e sobre a realidade e necesidades dos afectados/as e dos seus familiares.

UNS SENLLEIROS CONTADORES DE HISTORIAS

O alumnado de 5º e 6º de Primaria, aproveitando a conmemoración do Día das Letras Galegas e o pasado mes do libro, mudou a súas labouras polas de "contadores de historias".

En pequenos grupos, espalláronse polas aulas do cole para dar vida as verbas escritas nos contos que interpretaron. Non vos perdades ningunha destas historias...!! 

O CONTACONTOS BENXA EN PRIMARIA

O contacontos Benxa fixo un novo pase de contos para o alumnado de 1º a 4º de Primaria. Voltounos a agasallar co debuxo resultante da exposición dos contos. Mirade que ben o pasamos

 

O MAGO MARTÍN E O CADERNO DE BÍTACORA DE MARCO POLO

O pasado 30 de abril o Mago Martín visitou o cole para ensinarnos o caderno de bitácora de Marco Polo, empregando maxia, a música e a narrativa levounos a terras lonxanas e tempos pasados. Queredes ver un anaquiño desta historia? Ollade o seguinte vídeo.

O CAZO DE LORENZO

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos desfrutaron dun contacontos moi especial.

O CONTACONTOS BENXA EN INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil desfrutaron de varios contos por parte do contacontos e debuxante Benxa. Cada conto ía acompañado dun debuxo feito a man nun gran cartaz. Ao rematar todos os contos, Benxa obsequióunos co debuxo final e cunha dedicatoria persoal. Ollade como foi a actividade no seguinte vídeo.

 

OS RECREOS NA BIBLIOTECA

Todos os días da semana, os nenos e nenas do CEIP de Maceda poden visitar a Biblioteca do centro para facer uso da mesma.

NORMAS DA BIBLIOTECA

A Biblioteca do centro é un espazo para todos e todas os nenos e nenas, para que poidan disfrutar da lectura, dos libros e das aventuras e mundos que con eles poden chegar a descubrir.

Porén é importante que respecten unha serie de normas, coñecidas polos rapaces e rapazas, e que fan que a estancia neste lugar sexa unha magnífica experiencia.

A BIBLIOTECA ESCOLAR

No CEIP de Maceda a Biblioteca Abraham Carreiro é un espazo aberto a toda a comunidade educativa de forma que se concibe como o corazón do centro educativo e, polo tanto, unha zona de lecer, desfrute e motivación.

Así e dende a Biblioteca exporemos as novidades para que os nenos e nenas poidan coñecer os libros máis lidos ou as recomendacións de outros compañeiros/as do centro.

O MARABILLOSO MAGO DE OZ

 Os nenos e nenas de 4 anos están a vivir unha experiencia única aprendendo e desfrutando.

Distribuir contido


by Dr. Radut