Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Animación á lectura

DÍA DO LIBRO 2020 CON SABELA GAGO

Sabela Gago agasallounos con este vídeo para a conmemoración do Día do Libro de 2020.

NOA, UXÍA E ANTÓN...UN CONTO SOBRE IGUALDADE

Sabela Gago agasallounos cunha contada sobre os prexuizos das estereotipias, a igualdade de xénero e necesidade de vencer os nosos medos. Coa axuda de Noa, Uxía e Antón trasladounos estos contidos. Aquí tedes un pequeno resumo desta contada. 

CONTOS AO CARÓN DAS CANDEAS

Os nenos e nenas aproveitaron a celebración do Samaín no cole para ler contos de medo ao carón da luz das candeas. Os contos foron elaborados polo alumnado do centro de cursos pasados. Ollade o atentos que estaban...

CONTACONTOS: "CORRE, CORRE CABACIÑA"

A profe Belén de 3 anos interpretou para os nenos e nenas de Infantil o conto "Corre, corre cabaciña".

O MAGO ALBERT TEN MOITO CONTO

A maxia voltou ao cole da man do mago Albert! Trátase dunha nova actividade do proxecto "Ler conta moito". Aquí tedes un video resumo da mesma:

 

EXPOSICIÓN DE "PORTADAS TERRORÍFICAS"

Como cada ano, no tempo de Samaín, o cole propón unha actividade para o alumnado e as súas familias en relación con este acontecemento.

CONTOS POLA IGUALDADE, "HEROÍNA"

O pasado venres, os nenos e nenas do cole tiveron unha nova xornada sobre igualdade de xénero, esta vez cunha contacontos moi valente. Aquí tedes "Heroína".

BRAULIO TUBER VISITA O COLE DE MACEDA

Os nenos e nenas de 2º e 3º de Primaria estiveron indagando e profundizando sobre a capa de ozono...pois tiñan un invitado moi especial ao que tiñan que axudar para elaborar un video informativo, era BRAULIO BOLECHAS, agora Braulio Tuber. Así foi a montaxe do video para o seu canal de "youtube".

 

BIBLIOCANTA

Este venres o alumnado disfrutou dunha nova edición do proxecto "LER, CONTA MOITO". Nesta ocasión os nenos e nenas viaxaron a través da música e movemento corporal no cancioneiro tradicional e os senlleiros seráns galegos. Ollade o seguinte vídeo

ALEGRA...UNHA EIRUGIÑA MOI ESPECIAL

Os nenos e nenas de Infantil compartiron as vivencias dunha eiruga viaxeira, Allegra.

Distribuir contido


by Dr. Radut