A revista EDUGA (Revista Galega do Ensino), da Conselleíra de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, recolle no seu último número un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares, espallados polas distintas seccións da revista, nunha selección de actividades coordinada desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares, en colaboración cos responsables de EDUGA. En total, 14 fiestras para asomármonos a unha realidade potente, innovadora, froito de moitos esforzos compartidos, e moita profesionalidade en xogo. Velaquí os enlaces a todos elas:
- Doces experiencias. Actividades de dinamización e cooperación entre as bibliotecas escolares e municipais de Redondela. Laura Goldar. CEIP Alexandre Bóveda (Redondela, Pontevedra).
- Biblioteca escolar: abrindo portas. A apertura do centro á sociedade a través da biblioteca escolar. Emilio Roca. IES Pedra da Aguia (Camariñas, A Coruña).
- A coordinación desde a biblioteca. Experiencia do CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás, Ourense). Norberto Blanco Dorrío.
- A biblioteca como centro de recursos compensador de desigualdades. Unha experiencia de préstamo de ordenadores portátiles do IES Lagoa de Antela (Xinzo da Limia, Ourense). Ana María Escudero.
- Breve historia dunha biblioteca. Facer posible o imposible. Irene Caeiro, CarlosGonzález, Isabel González. IES Salvador de Madariaga (A Coruña).
- Cine no Fontem Albei. Experiencias coa audiovisual desde a biblioteca escolar. Ruben Pol, Sabela Figueira. IES Fontem Albei (A fonsagrada, Lugo)
- Ao cine desde a biblioteca escolar. Mario Pereira. IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín, Pontevedra).
- Xogamos? Videoxogos na biblioteca escolar. Isidora Gil. IES de Celanova ( Celanova, Ourense).
- Ensinar a aprender. A experiencia do CEIP Os Muíños (Muxía, A Coruña). Susana Seoane e Aurelia Mª Picallo.
- Redes en torno á lectura. As familias no punto de mira: nha experiencia conxunta dos equipos das bibliotecas escolares do concello de Sanxenxo. María Dolores Tobío. IES Sanxenxo (Sanxenxo, Pontevedra).
- A biblioteca como motor dun proxecto. O desenvolvemento du proxecto interdisciplinar no IES Manuel Suárez Marquier 8O Rosal, Pontevedra). Asun Carballo Rodríguez.
- A biblioteca corazón. Bombeando a lectua polas veas da escolar. Mª Isabel Serants. CEIP Os Casais (Fene, A Coruña)
- O cine, outro xeito de contar historias. Un bo apoio ao currículo: o proxecto interdisciplinar. Carmen Cancela. CEIP de Louro (Muros, A Coruña).
- Recendo de biblioteca. Un proxecto do CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra). Aurora Ramilo.