A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participa no 23º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2019, que se celebra entre o 6 e o 9 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.
Actividades dos centros galegos de FP no Salimat Abanca 2019
Varios centros galegos das familias de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias realizarán actividades demostrativas e ofrecerán degustacións de produtos onde se mostren servizos e produtos innovadores que se están a realizar nos centros educativos de Formación Profesional de Galicia.
Día | Centro | Actividade |
Xoves 6 | CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) |
Elaboracións básicas de marroquinaría de 11.00 a 11.30 e de 11.30 a 12.00 horas. Pregado artístico de toallas e panos de mesa de 12.00 a 12.30 e de 12.30 a 13.00 horas. |
CIFP Compostela |
Obradoiro de coctalaría de 17.00 a 17.30 horas. |
|
Venres 7 | IES de Vilamarín |
Obradoiro de queixos artesanais galegos de 11.00 a 11.45 horas. |
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) | Obradoiro de alimentación saudable de 16.00 a 16.30 e de 16.45 a 17.15. | |
Sábado 8 | IES Sanxillao (Lugo) | Obradoiro de coctalaría sen alcohol de 11.00 a 11.30, de 12.00 a 12.30 e de 17.00 a 17.30. |
Domingo 9 | IES Fraga do Eume (Pontedeume) |
Obradoiro de elaboración de doces de bagazo de cervexa artesá de 11.00 a 11.45, de 12.15 a 13.00, de 16.30 a 17.15 e de 18.00 a 18.45. |