A Real Confraria Gastronómica das Cebolas, en conxunto co Agrupamento de Escolas do Castêlo da Maia, celebrará os días 10 e 11 de abril de 2019 o IV Concurso Internacional de Cozinha Castêlo da Maia 2019.
A competición, que terá lugar na Escola Secundaria do Castêlo da Maia, consta de dúas categorías:
- Chef Júnior, para menores de 19 anos no momento de celebración do concurso
- Chef, para maiores de 19 anos no momento de celebración do concurso
Os participantes cociñarán en directo diante do público e do xurado, coa cebola como ingrediente principal da competición.
A data límite de inscrición é o 1 de abril de 2019.