Alumnado e profesorado dos ciclos da familia profesional de Hostalaría e turismo do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra participaron no evento ofrecido ás persoas premiadas, á casa real e ao padroado da Fundación Princesa de Asturias os días 17,18 e 19 de outubro, preparando as elaboracións do bufete servido neste acto. Así mesmo, alumnado e profesorado do CIFP Paseo das Pontes, do CIFP Manuel Antonio e do IES de Vilamarín participaron no servizo de cóctel servido na gala de entrega de premios.