A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa no 22º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2018, que se celebra entre o 7 e o 10 de xuño no Salón Internacional de Galicia en Silleda.
Actividades dos centros galegos de FP no Salimat Abanca 2018
Varios centros galegos das familias de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias realizarán actividades demostrativas e ofrecerán degustacións de produtos onde se mostren servizos e produtos innovadores que se están a realizar nos centros educativos de Formación Profesional de Galicia.
Como apoio ao persoal da Consellería e aos distintos centros participantes no Salimat 2018, contarase coa colaboración do alumnado do ciclo formativo básico de Servizos comerciais e do ciclo superior de Xestión de vendas e espazos comerciais do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda.
Día | Centro | Actividade |
Xoves 7 | CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) | Ofrecerán a través do proxecto PonteVan as seguintes ás persoas visitantes: bocadiño “Mareiro”, bocadiño “Corral”, salsa de allo asado, salsa picante “Espelette” e bebidas (viño galego, e zume de froita. |
Venres 8 | CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) |
Elaboracións básicas de marroquinaría de 11:00 a 11:30 e de 11:30 a 12:00 horas. Pregado artístico de toallas e panos de mesa de 12:00 a 12:30 e de 12:30 a 13:00 horas. |
IES Fraga do Eume (Pontedeume) | Obradoiros de elaboración cervexa artesá a partir das 16:00 horas, en sesións de 45 minutos. | |
Sábado 9 | IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia) |
Cata comentada de queixos peculiares de Galicia ás 11:00 horas e ás 16:30 horas. Charla sobre as propiedades gastronómicas e nutricionais das estrugas ás 13:00 horas e ás 18:00 horas. |
Domingo 10 | IES de Vilamarín | Showcooking “Túnel dos sentidos” de 10:30 a 11:15, de 16:30 a 17:15 e de 19:00 a 19:45 horas. |
IES de Sabón (Arteixo) |
Showcooking “Aperitivos salgados gourmet para eventos”, de 11:45 a 12:30 e de 17:45 a 18:30 horas. Showcooking “Sobremesas miniatura gourmet para eventos”, de 13:00 a 13:45 horas. |